Dom, 06 Dec 2009, 17:12
Asunto: Re: cross alpino la peña del tren
Crónica:
Ai que cansadiño bos veño e coma me doen as perniñas!!!. Coma vos contaba onte hoxe era un día pra disfrutar da montaña en terras de León, e pra aló arrincamos Javier do Burgas e mais un servidor as 7 da mañá. Perante ó longo da viaxe non cesou de chover, e aínda menos mal que en Torneros de la Valdería, localidade onde arrancaría e finalizaría a proba a case 1000m de altitude, non nevaba.
Por ali atopamos a compaña de outros ourensáns "toliños" do monte : Losada, Quintas, Formoso e Pascual.
Eu cometín o primeiro erro antes de escomenzar o cross posto que tomei a decisión ben parva de correr en "sisas" e mallas cortas (O que fai un por lucir "tipito" ,jeje)
De saída tiñamos que afrontar un cortalumes cunha pendente considerable ca dificultade engadida dun terreo irregular a base dos típicos croios da Serra de La Cabrera, afiados pola acción erosiva dos ventos e o auga.
Ben pronto perdín de vista a Javier e Quintas e puxen un ritmo "trantran" pra non castigar en exceso os meus maltreitos Aquiles.
A continuación afrontamos un tramo de "dentes de serra" cos mencioados croios e un novo elemento de dificultade: os charcos de auga fría, por non chamarlle "pozas". Nen imaxinades o frío que sentía nas puntas dos pes!!!
E alá, de novo a subir cara as "peñas", coma non, ca compaña dos amigos "croios" e unhos torrentes de auga "fresquiña" que escorregaba montaña abaixo.
Ufff, e por fín acadamos o punto de máxima altura, 1420m, case nada, cun vento e unha sensación térmica que me facían "titiritar".
Nese intre pensei que o mais duro xa era historia, pero que trabucado me atopaba!!!A baixada era técnica de caraio, cunha pendente descomunal. Serafín e un bo número de corredores deron boa conta de mín posto que decidín non arriscar nadiña.
Rematado o suplicio do descenso afrontamos unha nova subida e adiviñade: siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii, mais crois e regueiros de auguiña fresca, jejeje !!!A verdade é que votei andar nese tramo pensando, "que lle dean...."
O percorrido deparaba aínda mais sorpresas? Que vos temedes ? ..... O terceiro tramo en baixada era unha fodida parede de lama negra na que de novo tiven que ser conservador , o que me costou ser adiantado por outro feixe de corredores, arredemo!!!
Pero coma a Lei de Murphy resulta implacable, o treito final da carreira transcorría por unha pista de terra arcillosa, tan típica da comarca, que se pegaba as zapatillas e semellaba que lévasemos postas pesas nos tobillos!!!Eso sí, sen croios, por fín!!!
Ó final crucei a liña de meta cunha dor tremenda de xemelgos, aquiles, sóleos, peronéos e demais músculos que non soupera que puideran existir,jeje, nun tempo "discreto" de 1h53m......lonxe da marcaza de Javier do Burgas (1h41m) .En canto saían as "clasis" xa vos informarei dos tempos dos correlegas de Ourense.
www.jeffxavi.blogspot.com