Mar, 13 Out 2009, 5:46
Asunto: Por un regulamento particular para as probas populares
Dende que ando nesto do foro vou vendo que hai unha serie de situacions absolutamente surrealistas nas carreiras nas que interveñen os xuices das federacions polo seu deber de "APLICA-LO REGULAMENTO".
Moitas desas probas son, tanto no seu espiritu como no seu título "Populares" e se incluen no calendario da FGA ou da RFEA por motivos que pouco teñen que ver co fomento da participación 'popular' e vistas as situacions mais ben en contra dela (pode que por descoñecemento)
Situacions:
Tema dos cascos (mp3 e demais trebellos)
Tema de correr sen camiseta
Tema de ser acompañado por outra persoa sin ter contacto
Tema de publicidade na roupa
Tema de o material co que están feitas as vestimentas ou a súa propiedade para correr (estou a pensar en mrdixie co disfraz de paiaso).
Tema avituallamento.
Teño claro que cando unha carreira se nomea "Campionato XXXX de tal distancia" pois que a aplicación do regulamento será a aquelas persoas que aspiren a tal campionato que o fan constar implicitamente na hora de inscribirse coa súa licencia federativa mais ¿porqué ó resto?
Tod@s temos na memoria situacions esperpénticas en meta ou en carreira de persoas que, fora de si e da situación, queren descualificar a corredores que nen sequera coñecen que ese regulamento lles é de aplicación malia non ser federados nin ter NINGÚNHA opción ós premios nin ás clasificacions.
Eu fago esta entrada para ver cantos dos foreiros queremos pedir un regulamento particular para as carreiras en ruta populares que se incluan no calendario da FGA que resolva estas situacions sin que os xuices se vexan obrigados a "face-la vista gorda" ou que se lles poda impedir participar a persoas cuia única falta é que lles gusta correr.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Última edición por Kandpalleiro o Mar, 13 Out 2009, 14:46; editado 1 vez