Foros ›
Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Foros de debate / Kedadas e grupos
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
MapleLeafs

Super Veterano
Super Veterano
16/11/07
0 Carreiras
2896 Mensaxes
somewhere out there
Respostar citando Envío Mar, 22 Set 2009, 13:46
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Bareixa escribió:
Bueno parece que para la IIª Edición de la Pontevedra-Vigo ya empieza a haber expectación.


Pues si, cuanto mas mejor !! Una lástima que la Vigo+11 coincide con la nuestra pero es lo que hay.


Bareixa escribió:
Yo tengo pensado en principio el Vigo+11, aunque espero veros en la sesión isotónica (habéis pensado en alargar el circuito desde Isaac Peral a la Alameda?, incluso tendríais arco de meta Demo sorrindo ?).

Jaja - tendríamos que planificar la salida para poder entrar en meta 2-3 minutos antes que los primeros de la Vigo+11..... Imaginaros, si nos ponemos incluso nuestros propios dorsales..... quería ver las caras de Gargamel y sus colegas en la zona de meta.....
Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Mensaxes
Salvaterra de Miño
Respostar citando Envío Mar, 22 Set 2009, 22:30
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Preparádevos que ala vou
Non vou pedir desculpas polo tocho porque levades dous días presionando, así que ... eiqui tedes o libro ( a película será para outra)

BERLÍN ´09

O comezo da aventura.

A miña 8º maratón (9ª se contamos unha carreira de 50 quilómetros de montaña) comezou o 25 de Abril deste ano ó chegar a casa frustrado de non poder ter corrido o MAPOMA por mor dun constipado aparecido no peor momento Muro Muro e logo de varios meses de preparación Muro . Ese día o primeiro que fixen foi entrar en internet e inscribirme no 36ª Berlín-Marathon coa desagradable sorpresa de que o prezo do mesmo subira xusto nese data, pero non había volta atrás e había que resarcirse indo a por un dos 5 grandes maratóns do mundo. Frecha

Dende ese momento comecei a correr o maratón, adestrando con sentidiño e alternando piscina e bicicleta para non machacar moitos as pernas, participando en carreiras longas e coidando a dieta para continuar o proceso de queima de graxa que levo dende Febreiro. O mais complicado ía ser poder manter ese ritmo de adestramento e disciplina nos meses de verán nos cales, polo meu traballo, teño que viaxar moito con horarios variables e con moitas comidas de “catering” moi pouco recomendables para unha persoa propensa a gañar peso coma mín, e ó final de Agosto conseguin non gañar moito peso e tamén adestrei forte cos calores de Almería e nas costas da Alpujarra onde pasei algunhas semanas. Xa de volta na casa nas últimas semanas fixen tres de velocidade e as dúas derradeiras de descarga para chegar en óptimas condicións a Berlín.

Esta vez non ía deixar que o constipado voltase estropear os meus pláns, e no último més e medio tomei equinácea como prevención, reforzada con outro complemento homeopático na última semana. Tamén tomei ferro e un aporte extra de proteínas de peixe nos tres últimos días (baixo control dun nutricionista como xa teño contado en outros fíos). A verdade e que lendo isto ides pensar que son moi cabezón.... Muro e é certo, funciono moito mellor cando me organizo e son disciplinado e ademais gústame selo e no fondo sempre deixo algo de flexibilidade para non ser obsesivo ainda que algún crea que sí o son. Silbar

A ansiedade da última semana.

Xa chegados á derradeira semana, e logo de toda a prearación, chegou o tempo de descanso e con él a ansiedade previa da carreira. A pesares da miña experiencia previa, esta semana sentín a mesma ansiedade que cando corrín por primeira vez unha maratón. Notas que é algo especial, que levas moito tempo imaxinando e correndoa en soños, e por riba nunha cidade moi atrainte, lonxe da casa e con fama de ser a mais multitudinaria e rapida maratón do mundo. A emoción e grande e non da chegado o día. Estes días previos centreime en descansar, visitar ó fisio e abrigarme para non coller nada Mr. Green ó tempo que preparar a viaxe.

O xoves paseime toda a mañán preparando a maleta con calma e procurando non esquecer nada. Metín nela pouca roupa e moito bote con os ingredientes dos meus almorzos, os pós da bebida isotónica, as cremas para antes e despois da carreira, a vaselina, o Radiosalil, etc Mr. Green . Pola tarde collín o avión e cheguei ás 11 da noite á capital xermana onde me agardaban os amigos que me alugaban o apartamento.

Berlín


O Venres adiqueino a coñecer a cidade en bici (prestada polos meus anfitrións) e a visitar a Feira do Corredor para recoller o dorsal.
O primeiro foi visitar a porta de Brandenburgo como símbolo da cidade e da carreira e xa poiden comprobar como estaba pechada ó tráfico a zoa de saída e chegada da maratón onde traballaban arreo decenas de montadores de bancadas e tendas de vestiarios e duchas. Logo continuei o paseo para rematar dirixíndome á recollida do dorsal A feira estaba montada no antigüo aeroporto de Tempelhof, un espazo impresionante no cal a feira ocupaba tres enormes hangares mais a pista da zona de embarque no que había dous avións da segunda guerra mundial no medio. Había todo tipo de marcas de roupa e calzado deportivo técnico e mais que técnico (o dificil era atopar unha camisola de algodón) e no último dos hangares estaba a zona de recollida de dorsais. Ó chegar a esa zona comecei a abraiarme coa gran organización da carreira que seguiría observando en toda a fin de semana (seguramente só os alemáns poden mover un acontecemento de mais de 60.000 persoas entre todas as carreiras do evento sin que sintas o mais mínimo agobio, e xa sei que isto é un tópico querido Michael Mr. Green pero foi realmente incrible).

O sábado fixen un trote suave á hora da carreira por un dos moitos e grandes parques que hai en Berlín ,nunha mañá fresca e con un pouco de vento que tamén houbera no día anterior, para continuar á miña visita turística en bicicleta e rematar cedo a xornada gozando da saída da maratón en patíns ás 16h. Como xa comentei e seguirei facendo a organización foi sobresainte sin agobios e con saidas por caixóns cada cinco minutos (a saída do maratón sería todos xuntos) cunha ceremonia previa na que soaba a música de “Carros de fogo” ata un minuto antes do disparo e logo o son de campás como si foran as doce badaladas de fin de ano con conta atrás incluida. Para rematar a xornada volta a casa cedo, cea ás 8 da tarde, deixar todo listo e na cama ás 21:30 para descansar bén.

O día D

O despertador estaba posto para soar ás 6:00 da mañán, ainda que non chegou soar xa que 10 minutos antes xa estaba desperto. Levanteime con ánimo e descansado logo de durmir moi bén (probablemente axudado por unha pequena pastilla que tomei o Sábado pola noite Mr. Green ), almorzei como case que todos os días dos últimos meses, preparei as bebidas isotónicas para a carreira, visitei por primeira vez o baño e collín as dúas bolsas para a carreira (a de antes e a de despois) e marchei en bicicleta cara a zona de saída. A primeira sorpresa ó sair á rúa foi comprobar que non había nada de vento como estaba predecido e que para ser as 7 da mañán facía bastante calor. Xa chegando á porta de Brandenburgo comezo a ver xente camiñar cara a zona acotada para os corredores e aumenta a ansiedade por sair. Eu tiña en mente chegar con dúas horas de antelación a esa zona para evitar aglomeracións e colocarme bén no caixón correspondente e volvin sorpenderme cando a falta de hora e media son o primeiro en deixar a bolsa na tenda correspondente e chegar entre os primeiros á liña de saida a falta dunha hora. Ante isto... moita calma,
visitei o baño por segunda vez e senteime no chán na beirarrúa xusto na parte dianteira do meu caixón. Descansei, estirei bén, bebén moito pero pouco a pouco para non visitar mais o baño, trotei un pouco e ata 30 minutos antes da pistoletazo non empezou a encherse o caixón, iso sí, moi despazo e sen aglomeracións, todo perfectamente organizado (unha vez mais). A partir dese momento boteime o Radiosalil nas pernas e quiteime a camisola técnica de manga longa que levara para non pasar frío e que non facía falla (realmente levei dúas pero a outra xa decidira deixala na bolsa). E así pouco a pouco e sen decatarme chegamos ós 5 últimos minutos nos que o speaker comeza a presentar ás estrelas da carreira que son moi aplaudidas (sobre todo Gebresselassie) e comeza a soar “Carros de fogo”. Se quitan as cintas dos caixón e avanzamos ata quedar a 15 metros da liña de saida (non o podo creer, estou case que na mesma liña).
Xa non podo ca emoción, quero correr xa ¡!!!

Último minuto

cala a música e soan as badaladas

30 segundos

uffff ¡!!

15 segundos

5, 4, 3, 2, 1 . . .

Non avanzamos, a xente camiña a modo, pero piso a alfombra do chip e xa estou correndo (23 seg. . . . Incrible outra vez)

Dende o primeiro momento busco o ritmo no que vaia cómodo pero sin sensación de ir frenando nin acelerado. Non vexo o qm. 1 pero escoito o son dun Fore e comprobo que ando xa no ritmo que me propuxera os días previos (ó redor de 4´50´´).
Neste punto contarei que neses días antes da carreira tomara a decisión de non ser conservador e tirar a un bó ritmo ata que poidera e logo sufrir mais ou menos quilómetros ata meta sen deixar de correr en ningún momento ata a meta. Si a estratexia saia bén faría a miña mellor marca e no peor dos casos seguro que rondaba as 3h 30m que é unha desas fronteiras imaxinarias que teño na miña cabeza.

Como non vexo as marcas dos quilómetros, céntrome en seguir o meu ritmo concentrado pero sen deixar de gozar da visita turística Mr. Green . A partir do 4 descubro que si están marcados e comezo a marcalos no crono pero sin preocuparme moito. A primeira hora pasa moi lenta, non pasan os quilómetros e non para de adiantarme xente (carallo como corre todo o mundo). Eu sigo na miña batalla particular por manter un ritmo e sigo observando os edificios e gozando do impresionante ambiente da rúa: moreas de xente de todo o mundo por todas partes e cantidade de grupos de música tocando (a maioría dun gran nivel) jazz, rock, percusión brasileira, percusión africana, percusión xaponesa.... como mola. Satisfecho

Ata a media maratón pola miña cabeza van pasando pensamentos do tipo: “doénme os xeonllos”, “ agora dóeme o dedo gordo do pé esquerdo”. “doéme o hombreiro dereito”, “corre erguido rapas”, “quero mexar..... ou non? “, “irei moi forte? “, “reventarei ou polo contario farei a marca soñada? “. Muro Muro

Polo meu bén procuro que así como veñen estes pensamentos tamén se vaian e non me deixo agobiar por ningún deles ainda que xa me vai molestando o empapado que vou en súor que por veces dame frio no estómago.
Os únicos momentos de un pouco de caos na carreira son os pasos polos puntos de bebidas e froita. Afortunadamente están so nun lado da rúa e eu levo o meu cinto cos botes que preparei, así que adianto pola esquerda e só piso algún que outro vaso dos que alfombran o chán.
Chego á media maratón pasando no tempo previsto de 1h 42m e sitúome no lado dereito da rúa xa que quedei cos meus amigos Lucía e Mario para facer o primeiro intercambio de botes e deixar a gorra que non utilicei. Costa atopalos na marabunta de xente pero ó final os diviso a falta de 5 metros. Colla a bolsa cos novos botes e coloco algún no cinto e bebo doutro. A carreira continúa cas mesmas sensacións ata chegar o 26 onde comezo a sentir flato no lado dereito “merda !!! “ Muerto teño que baixar un pouco o ritmo pero non quero co que ó final baixo o ritmo de 4´48´´a 4´53´´ ,mais ou menos, confiando en que desapareza. Muro

Por si fose pouco, a dor do hombreiro dereito volta aparecer e decido botarlle un pouco de Radiosalil que levo no cinto co que non tarda en comezar a queimarme a zona durante uns minutos. Cando desaparece esta dor, o flato xa se convertira nunha dor aguda no lado dereito das lumbares e aparecen os primeiros pensamentos de parar e camiñar Muro Muro Muro . Estou pasando polo 30 e a pesares de que levo un tempo de 2h 25m xa sei que non vou facer marca e probablemente tampouco baixarei de 3h 30m. Tanto tén, sei que os pensamentos e soños de facer marca só existen durante os adestramentos e ata que comeza a maratón e unha vez en carreira trátase de chegar á meta e rematar outra mais.
Lémbrome do libro de Murakami ( e de ivanno de paso Mr. Green ) e coma él eu tampouco estou disposto a deixar de correr e camiñar (si, si, son cabezón, o sei) Muro Mr. Green Muro .

A miñas derradeiras esperanzas en recuperarme pasan primeiro por unha ampola de glucosa que levo no cinto e que non sinto o seu efecto e logo polos botes coa poción máxica que me agardan no 36, pero é que non da chegado o p..o quilómetro 36 Muerto . Teño calor, bebo, pásome a esponxa pola nuca, paso por baixo das manguiras dos bombeiros Mr. Green pero sigo con calor e non chega o 36. Muerto Muro Muerto
Por fín o 36, pero agora non dou atopado a Lucía e Mario “que largo é este quilómetro, dios”. Finalmente aparecen e me dan a última bolsa coa poción salvadora de outras carreiras e que ata agora sempre me dera “alas”, bebo e bebo e bebo pero nada, esta vez non me dá alas e eu sigo reventado Muerto Muerto . Quero e non quero parar e teño a sensación de ir arrastrándome, ainda que ó final da carreira vendo os parciais comprobaría que salvo os tres últimos quilómetros nunca corrín por riba dos 6´.

Á altura da Postdamerplatz (qm. 39) escoito a alguén que me chama polo nick dende atrás e que se acerca. Resulta ser cholo ó que só coñecía de escribir no foro e que vai coma un tiro. Dígolle que vou reventado e continúa o seu camiño (realmente ías bén cholo. Parabens polo teu gran debú nunha maratón Aplauso Aplauso ).

Dende eiqui decido deixarme levar ata a meta e intentar gozar (dentro das posibilidades) do ambiente e do derradeiro quilómetro por Unter den Linden e o paso por baixo da porta de Brandenburgo na que a pesares das dificultades vou absolutamente féliz por chegar e levanto os brazos unha e outra vez ó tempo que me felicito por conseguilo unha vez mais Moi feliz . Dende a porta ata meta ainda quedan uns 500 m por unha avenida con moreas de xente gritando, aplaudindo e a música soando con tanta forza que so podes sentir ledicia de estar vivindo esa experinecia. Satisfecho

Entro na meta en 3h 36m e de súpeto desaparecen todas as dores, camiño sen molestias, canso pero absolutamente féliz ainda que por un minuto penso que é o último maratón que corro (coma sempre Mr. Green ). Recollo a miña medalla e a colgo orgulloso,sigo camiñando, bebo auga e continúo ata recoller á miña bolsa. Satisfecho

Sinto a mesma felicidade que cando rematei a miña primeira maratón e xa comezo a pensar en repetir e tentar facer marca. Logo disto, o típico: comer algo, beber un pouco, un xemelgo que se sube e teño que tirarme no chán Mr. Green Mr. Green , unha ducha de auga quente e remato tirándome na herba diante do Reichstag durante un bó cacho de tempo gozando do espléndido día de verán.
Satisfecho Satisfecho Satisfecho
Logo reencontro cos amigos, cervecita fresca, contar a aventura, chamar por teléfono á familia, en fín...

Levo xa dous días de volta na casa con poucas molestias e xa estiven vendo as páxinas dos maratón de Boston, Chicago, Londres e por suposto. ... New YorK Mr. Green Mr. Green


.... ou quizais voltar a Berlín?

eiqui vos deixo un enlace con fotos que fixen. O modelo non é jrán cousa pero non había para mais Mr. Green Mr. Green Mr. Green

picasaweb.google.es/ue...23san8mAE#


PD. non finalizo sen lembrar e agradecer o apoio de todos os cólegas do CARMA (Linkin, Maple, Fifthelement, Beauvais, Aguita, Jeff, Bareixa, Banderas) ás familias, oliveira, titofis, runnervago, o gran ojordo que me mandou un privado emocionante, Frenchmondariz, o meu amigo da infancia Fonghi os TdI (Ian, Safardatxo,e Moussambani) e a todos ós que imperdoablemente estou a esquecer.

Vai facer un ano que me decidín a escribir no foro e hoxe xa conto cun cento de bós amigos que me devolveron a ilusión de darlle duro a este vicio.

MOITAS GRAZAS A TODOS

Satisfecho Satisfecho Satisfecho
Aguita

Super Veterano
Super Veterano
21/12/05
0 Carreiras
2825 Mensaxes
Avda. Aeropuerto, vigo
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 8:10
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Gracias a ti Mincha por compartirlo......... hago una pausa para beber......... leer tu cronica me dio sed Mr. Green
creo que volvere a leerla de nuevo mas tarde.
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Como un pájaro en el alambre, como un borracho en un coro de medianoche, he intentado a mi manera ser libre. L.C.
ojordo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
26/12/06
0 Carreiras
1212 Mensaxes
De la cuna de Simon Bolivar y ahora en la ciudad donde nadie es forastero
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 8:18
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Libro??? Resumen??? yo en vez de leerla voy a esperar que hagan la peli Satisfecho . ANIMOOOO

Entra en mi blog y si te gusta recomiendalo y si no... tambien para que se jodan los demas...
ojordo.blogspot.com/
Cheetos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/09/08
0 Carreiras
697 Mensaxes
Rías Baixas
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 8:31
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Parabéns, Mincha! Aplauso Guiño
Fonghi

Maratoniano
Maratoniano
7/12/06
0 Carreiras
330 Mensaxes
Ponteareas/Vigo
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 9:31
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Relato moi emocionante, que ganas dan de voltar a facer un maratón,que envexa BERLÏN! .Unha vez máis parabéns!! . Xa sei que non ten o "glamour" de Londres, Berlín ou New York pero de momento penso ir a por Barcelona 2010 por que non te animas?

www.fonghi.blogspot.com
Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Mensaxes
Salvaterra de Miño
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 9:37
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Fonghi escribió:
Relato moi emocionante, que ganas dan de voltar a facer un maratón,que envexa BERLÏN! .Unha vez máis parabéns!! . Xa sei que non ten o "glamour" de Londres, Berlín ou New York pero de momento penso ir a por Barcelona 2010 por que non te animas?

Non te digo que non. Ainda non sei cal farei pero tamén pasou pola miña cabeza a de Barcelona, e ademais van ir varios do CARMA.
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
117 Carreiras
3316 Mensaxes
Abrir Vigo ó mar ;-)
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 13:00
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Emocionante. Estou sen palabras. ¿Para qué nomearía eu a rúa Unter den Linden? ¡¡Eres jrande, rapasss!! Unha aperta moi moi forte.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 13:43
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Boa crónica meu. O millor é que emana enerxía e positividade. A fin de contas o importante é disfrutar.
linkinpark

Montañés
Montañés
11/02/07
0 Carreiras
4003 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 14:40
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Muy buena cronica Fernando !!...y buenas fotos tambien... Satisfecho Satisfecho


....lo que se sufre y se difruta a la vez en una maraton...... Pensando .....pero para eso estamos.... Mr. Green

....a ver si te animas a Barcelona...yo voy fijo....si no hay un impedimento mayor....muy mayor !!
linkinpark

Montañés
Montañés
11/02/07
0 Carreiras
4003 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 14:43
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

...en otro orden de cosas...no os animais para los relevos en Orense ??...o vais a Porto ???...

...no me vendria mal si alguien se apuntara a hacerme de liebre en Orense....a partir del 30 y pico... Mr. Green Mr. Green
Aguita

Super Veterano
Super Veterano
21/12/05
0 Carreiras
2825 Mensaxes
Avda. Aeropuerto, vigo
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 15:27
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Hola, sigue en pie la reunion de mañana a las 19:30, no?.

Como un pájaro en el alambre, como un borracho en un coro de medianoche, he intentado a mi manera ser libre. L.C.
linkinpark

Montañés
Montañés
11/02/07
0 Carreiras
4003 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 17:39
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

....pues si .....a ver si nos vemos alli !!!
Pache

Maratoniano
Maratoniano
3/10/06
0 Carreiras
797 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 17:56
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Enhorabuena Mincha!!! Aplauso Aplauso Aplauso
Gracias por compartirlo con nosotros. Tiene que ser realmente emocionante vivir un maratón como el de Berlin.
Ahora a recuperarse y nos vemos pronto en alguna carrerita de por aquí (que son otra cosa pero tampoco están nada mal...).
Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Mensaxes
Salvaterra de Miño
Respostar citando Envío Mér, 23 Set 2009, 19:50
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)

Hoxe veño de facer hora e media en bici e sen problema Satisfecho . Polo de agora ainda non vou correr ainda que xa estou pensando en próximas medias cercanas. Mr. Green





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos