Calendario
Info da proba

Ortigueira

04/08/2024 9:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO X CARRERA POPULAR ORTIGUEIRA 2024. (5KM -10KM e ANDAINA).

A Peña Ciclista Santa Marta en colaboración co Concello de Ortigueira, organiza a X edición da Carreira popular o Domingo 4 de agosto de 2024 a partir das 09:30 horas, con saída e meta nos Xardíns do Malecón. Haberá probas para nenos e proba absoluta que contará con dúas distancias, 5km e 10km. Paralelamente a esta proba terá lugar unha ANDAINA polo Sendeiro litoral- Cabalar- Morouzos - Praia, de 12Km aproximadamente.

HORARIOS:
- 09.30 h Saída Andaina
- 10:15 h Saida carreiras de 5km, 10km
- 11:40 h Saída Carreira Sub 14 (nenos e nenas de 12-13 anos). 1,5 km
- 11:55 Saída Carreira Sub 12 (nenos e nenas de 10 -11 anos).1km
- 12:10h Saída Carreira Sub 10 (nenos e nenas de 8-9 anos).500mts
- 12:20h Saída Carreira pequenos (7 ou menos anos)
- 12:40 Entrega de premios

LUGAR DE SAÍDA E META:
Xardíns do Malecón.

CATEGORIAS:
1- Carreiras de 5km e 10km:
• Sub 18: (de 14 a 17 anos , nacidos dende o ano 2010 ao 2007) Homes e Mulleres
• Senior: (de 18 a 35 anos, nacidos dende o ano 2006 ata o ano 1989) Homes e Mulleres
• Master 1: (de 36 a 49 anos, nacidos dende o ano 1988 ata o ano 1975) Homes e Mulleres
• Master 2: (de 50 a 59, nacidos dende o ano 1974 e ata o 1965 ) Homes e Mulleres
• Master 3: (de 60 o + anos, nacidos no ano 1964 ou anteriores) Homes e Mulleres

2- Carreiras de menores :
• Sub 8 : (7 ou menos anos, nacidos no ano 2017 e posteriores). Homes e Mulleres
• Sub 10: (de 8 a 9 anos, nacidos nos anos 2016 e 2015). Homes e Mulleres
• Sub 12: (de 10 a 11 anos, nacidos nos anos 2014, 2013). Homes e Mulleres
• Sub 14: (de 12 a 13 anos, nacidos nos anos 2012, 2011). Homes e Mulleres

INSCRICIÓNS E RECOLLIDA DE DORSAIS:
• As inscricións faranse exclusivamente na páxina web: Galitiming
• Estarán limitadas inicialmente a 400 participantes no cómputo de todas as categorías así como na ANDAINA.
• Poderán tomar parte nas diferentes probas todas aquelas persoas interesadas que debidamente se inscriban nas mesmas.
• Para os participantes das Carreiras de menores (categorías SUB 8, SUB 10, SUB 12 e SUB 14 ), nenos e nenas de 13 anos ou menos, a inscrición será GRATUITA.
• O custo de inscrición para os participantes nas probas de 5km, 10km e Andaina será de 5 EUROS ata o 15 de Xullo, e 7 euros despois de dita data. Unha vez realizada a inscrición non se fará devolución de ningún importe. A plataforma de inscripción cobrará 0,50 euros en concepto de gastos de xestión de inscripción.
• A data tope de recepción de inscricións será o xoves 1 de agosto, ás 23.59 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
• Recollida de dorsais : No Concello o Sábado día 5 en horario de 11:00 h a 13:30 horas e de 17:00 h a 20:00 horas. O mesmo día da proba nos Xardíns do Malecón ata media hora antes do inicio de cada competición. Recoméndase a retirada do dorsal o día antes da proba, e chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora o día da proba. Para a retirada do dorsal, todas as persoas participantes deberán acreditar a súa identidade á hora de recoller o mesmo, con calquera dos seguintes documentos oficiais: Maiores de 14 anos: DNI, ou outro documento oficial, os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do pai/nai/titor/a.

PERCORRIDOS:
• Nas probas está prohibido acompañar a pé, en patinete, bicicleta, moto, ou calquer outro medio de locomoción, aos participantes por parte de persoas alleas á organización da proba. As persoas participantes deberán ser autónomas na realización do percorrido.

AVITUALLAMENTO:
Haberá avituallamento na meta (Xardíns do Malecón) para tódolos participantes das probas de menores, 5KM, 10KM e ANDAINA.


CIRCUÍTO A (PROBA DE 5KM E 10KM).
PERCORRIDO DE 5KM: Saída Malecón Alameda- Calle Luciano Pita/Cantón- Avenida de Cuba- Avda Escola de Gaitas- AC-832 dirección Ferrol- Xiro no eucalipto da Lagarea- Volta por Avda Escola de Gaitas- Avda Penela- Xiro na Perla Carretera da Praia- Avda Juan Luis Pía- Rúa Pedro Castiñeiras- Rúa Curuxeira- Casa do Concello- Igrexa- Rúa da Soidade- Paseo Barro Soto- Malecón- Xardíns

PERCORRIDO DE 10KM: 2 VOLTAS AO CIRCUITO A.


CIRCUÍTO B (SUB 10, SUB 12 e SUB 14)
• Distancia: 500 metros aprox.
• Percorrido: Volta Xardíns do Malecón.
• Categoría SUB 10 , 1 volta Circuito . 500 MTS.
• Categoría SUB 12, 2 Voltas Circuito. 1000 MTS.
• Categoría SUB 14, 3 Voltas Circuito. 1500 MTS.



CIRCUÍTO C (SUB 8, ano 2017 e posteriores)
• Distancia: 150 metros aprox
• Percorrido: Recta Xardíns do Malecón



CIRCUITO D (ANDAINA):
Percorrido: 12KM APROX: Xardíns Malecón- Paseo Barro Soto- Rúa do Mourón- Travesía Constitución- Rúa Curuxeira- Circunvalación- Cabalar- Dunas- Praia Morouzos- San Martiño- A Carmona- Carretera da Praia- CEIP- Pedro Castiñeiras- Rúa Curuxeira- Travesía Constitución- Rúa do Mourón- Paseo Barro Soto- Xardíns Alameda.



CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa GALITIMING.

TROFEOS E PREMIOS:
• Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas absolutos clasificados das probas de 5km e 10 km, tanto en Homes como Mulleres
• Recibirán trofeo os primeiros atletas clasificados de cada unha das categorías estipuladas para as probas de 5km e 10Km, tanto en Homes como en Mulleres, os segundos e terceriros levarán medalla.
• Os premios das probas anteriores non son acumulativos, prevalecendo a clasificación xeral sobre as categorías.
•Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías de menores ( SUB 10, SUB 12 E SUB 14) tanto en Homes como en Mulleres
• Todolos participantes nas probas de menores, SUB 8 ( nacidos no ano 2017 e posteriores) recibirán unha medalla conmemorativa. Ao ser unha proba non competitiva, non haberá clasificación nin trofeos.
• Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos
• Farase entrega dos mesmos según o plan establecido
• Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos
• Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega poderán perder o dereito para recollelo. Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada deberán poñer en contacto coa Peña Ciclista Santa Marta nos teléfonos 609828741 e 610885324, nun prazo máximo de 15 días desde a realización da carreira, para acordar a entrega posterior do premio. Cumprido o dito prazo perderán o dereito a recollelo.

CONDICIÓNS XERAIS:
• A organización da proba resérvase o dereito de modificar o percorrido por causas de forza maior, así como de aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen que exista dereito a reclamar ningunha compensación.
• A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
• Todas as persoas participantes declaran expresamente non sufrir ningún problema de saúde que lle impida a práctica deportiva e a disputa desta carreira.
• A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...) .
• Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellan. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
• O atleta terá a obriga de levar o dorsal claramente visible na camiseta de competición no momento de disputa da carreira.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento da proba.
• A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como ambulancia.
• A proba contará co apoio do GES e Policía Local de Ortigueira, así como de voluntarios de diversas entidades do Concello.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas na Piscina Municipal.
• Os resultados publicaranse nun lugar visible que se indicará o longo do desenrolo da proba e a posteriori na web de GALITIMING, así como nas distintas webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno

DESCALIFICACIÓNS:
A descalificación dun/ha atleta na proba pode ser polos seguintes motivos:
•Por deterioración física do/a atleta. Nestes casos a decisión será tomada pola organización da proba a instancias dos servizos médicos dela, e a súa decisión será inapelable.
• Non levar o dorsal colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
•Non atender as indicacións da organización ou xuíces.
• Entrar fóra do control, previamente establecido, ou non realizar o percorrido completo.
• Non inscribirse na proba.
• Correr ou sobrepasar ao Guía na ANDAINA.
• Correr co dorsal ou chip doutra persoa ou con máis dun dorsal ou chip. Serán descalificadas ambas as persoas.
• Por condutas antideportivas.
• Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.