Calendario
Info da proba

Ordes

05/05/2024 11:00 - 12:30
Regulamento O Concello de Ordes celebra a XXVII edición da súa Carreira Popular o
domingo 5 de maio na localidade de Ordes, baixo o control técnico da
Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago), de acordo co
seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola
clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do
Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
BABY * 2019 e posteriores 300 metros
PREBENXAMÍN * 2017-2018 300 metros
SUB 10 2015-2016 1.200 metros
SUB 12 2013-2014 1.200 metros
SUB 14 2011-2012 2.400 metros
SUB 16 2009-2010 2.400 metros
SUB 18 2007-2008 8.500 metros
SUB 20 Nados/as en 2005-2006 8.500 metros
SUB 23 Nados/as en 2002-2003-2004 8.500 metros
SENIOR Nados/as en 2001 ata 1990 8.500 metros
MASTER 1 Nados/as en 1989 ata 1984 8.500 metros
MASTER 2 Nados/as en 1983 ata 1974 8.500 metros
MASTER 3 Nados/as en 1973 ata 1964 8.500 metros
MASTER 4 Nados/as antes de 1964 8.500 metros
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.
Para o control da carreira (excepto categorías baby e prebenxamin) todos os
participantes deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu
dorsal e que irá colocado na parte de atrás do dorsal.
CVD: vu023SAdgqOrNGn8msJf
Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.
________________________________________________
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de saída 5 minutos
antes do inicio de cada proba, sita na Alameda de Ordes (ao carón da Casa
Consistorial).
HORA CATEGORÍA
10:00 h Baby e Prebenxamín
(300 metros)
10:10 h Sub 14 e Sub 16
(2400 metros)
10:40 h Sub 10 e Sub 12
(1200 metros)
11:00 h Sub 18, Sub 20, Sub 23, Senior e Master
(8500 metros)
4. INSCRICIONS:
- Categorías de Baby a Sub 18: faranse cumprimentando os campos
indicados a través do formulario de inscrición presente na web
www.carreirasgalegas.com.
- Categorías Sub 20-Sub 23, Senior e Master, poderán facelo visitando a
páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle indicarán os pasos
que deberán efectuar para formalizar a inscrición.
PREZO DE INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- DE SUB 18 A MÁSTER: 5,00 €
Para máis información, poderán utilizar o teléfono do Departamento de
Deportes do Concello de Ordes: 981 680002 (ext. 5).
CVD: vu023SAdgqOrNGn8msJf
Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.
________________________________________________
O prazo de inscrición rematará o luns 29 de abril de 2024 ás 23:59
horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais e os chips recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita
a carón da Casa do Concello ata MEDIA HORA antes do inicio da proba
correspondente.
5. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIÓNS
AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS:
A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase de acordó co disposto no artigo 17 da normativa RFEA Mais
información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2020/05 reglamento_comp.pdf
6. PERCORRIDO
Ao longo do percorrido a organización situará controis nos cales poderase
descualificar a calquera atleta que incumpra a normativa da competición
(saírse do percorrido, sacar o dorsal, empurrar ou obstaculizar a outros
atletas…).
O percorrido da proba de 8.500 metros estará sinalado cada quilómetro.
Todo atleta que chegue a liña de meta sen o seu dorsal colocado
correctamente na zona do peito, en toda a súa extensión será
automaticamente descualificado.
7. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados a partir da categoría sub 10
(en mulleres e homes), distribuídos como segue:
- SUB 10
CVD: vu023SAdgqOrNGn8msJf
Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.
________________________________________________
- SUB 12
- SUB 14
- SUB 16
- SUB 18
- ABSOLUTA (SUB 20 - SUB 23 – SENIOR)
- MASTER 1 e 2
- MASTER 3 e 4
Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán
estar censados) da clasificación xeral formada polas categorías SUB 20, SUB
23, SENIOR e MASTER, ó participante máis novo e o máis veterano que logre
concluíla proba da súa categoría.
Así mesmo, incluirase un trofeo para persoas con diversidade funcional.
Os trofeos non serán acumulativos.
PREMIOS EN METÁLICO
PREMIOS INDIVIDUAIS
Tres primeiros clasificados da clasificación xeral formada polas categorías
SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER
1º Clasificado/a: 200 €
2º Clasificado/a: 120 € (Iguais para
mulleres e homes)
3º Clasificado/a: 75 €
PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*
Computarán os corredores das categorías SUB 20, SUB 23, SENIOR e
MASTER
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 70 €
CVD: vu023SAdgqOrNGn8msJf
Verificable en la Sede Electrónica del Organismo.
________________________________________________
*A clasificación por clubs federados será establecida a través dos 4
primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Os clubs federados, para
optar aos premios en metálico, estarán formados por aqueles que na
inscrición individual indiquen ao club que pertencen e o número de licencia.
A confección dos equipos poderá ser mixta, masculina ou feminina, pero
todos puntuarán nunha soa clasificación.
Haberá servizo de duchas na piscina municipal “ O Muiño” a disposición de
tódolos atletas ao finalizar as probas. (Ubicación:
https://acortar.link/W0B4kx)
Tódolos atletas que logren concluír a proba recibirán avituallamento e unha
camiseta conmemorativa do evento.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó
Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos mesmos.
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
8. USO DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de
comunicación e/ou internet. O participante autoriza o uso de fotografías
propias sempre que o seu uso garde co evento no que se subscribe. Coa
realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer
uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico
ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis,
medios de comunicación...) Todos os dereitos de imaxe pertencen ao
organizador (Concello de Ordes).