Calendario
Info da proba

As Pontes

17/03/2024 12:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO XXXI CARREIRA PEDESTRE SAN XOSÉ
X Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña
PRESENTACIÓN
O Concello das Pontes, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Federación Galega de
Atletismo, organiza a XXXI Carreira Pedestre de San Xosé. A proba está incluída no X Circuíto de
Carreiras Deputación da Coruña e no calendario oficial das competicións da FGA, terá lugar nun
circuíto urbano homologado.
DATA E HORARIO
A proba disputarase o domingo 17 de marzo de 2024.
Comezará ás 11:00 horas e a liña de saída e meta estará situada na rúa 8 marzo.
CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 5.000 metros. O percorrido está medido e homologado
pola Real Federación Española de Atletismo e transcorrerá sobre asfalto. A ruta estará debidamente
sinalizada. A carreira realizarase pola vía de tráfico rodado. Está prohibido usar como zonas de
carreira as beirarrúas, glorietas, áreas axardinadas etc, agás as zonas sinalizadas como circuíto.
Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras. A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza
maior.
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA. Ao longo do percorrido a
organización establecerá controis para regular a axeitada participación dos e das atletas.
UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e deben
colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen manipulalo,
e así deben levarse durante toda a proba. A organización non admitirá persoas corredoras que non
estean inscritas ou que corran sen dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa
dos dereitos daquelas regulamentariamente inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e o
chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou
outro que non sexa o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces. Todas as reclamacións
deberánselle facer verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que manifeste
un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, ás e aos
corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve visible o
seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización
con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou
incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais sen axudas
materiais de ningún tipo. Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por
ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento.
Tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún
momento.
O incumprimento desta norma implicaría a descualificación dos atletas acompañados.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
MENORES
Biberón Nados/as no 2019 ou posteriores - 75 METROS. 11:00 HORAS
Sub 8 Nados/as en 2017-2018 - 1 VOLTA CIRCUÍTO A. 11:05 HORAS
Sub10 Nados/as en 2015-2016 - 1 VOLTA CIRCUÍTO A. 11:10 HORAS
Sub12 Nados/as en 2013-2014 - 2 VOLTAS CIRCUÍTO A . 11:15 HORAS
Sub14 Nados/as en 2011-2012 - 3 VOLTAS CIRCUÍTO A . 11:20 HORAS
Sub16 Nados/as en 2009-2010 - 4 VOLTAS CIRCUÍTO A. 11:30 HORAS
Sub18 Nados/as en 2007-2008 – 1 VOLTA CIRCUÍTO B 12:00 HORAS
ABSOLUTA
Sub20 Nados/as en 2005-2006 - 1 VOLTA CIRCUÍTO B 12:00 HORAS
Sub23 Nados/as en 2002-2003-2004 - 1 VOLTA CIRCUÍTO B 12:00 HORAS
Sénior Nados/as en 2001 ata 1990 - 1 VOLTA CIRCUÍTO B 12:00 HORAS
Máster 1 Nados/as en 1989 ata 1984 - 1 VOLTA CIRCUÍTO B 12:00 HORAS
Máster 2 Nados/as en 1983 ata 1974 - 1 VOLTA CIRCUÍTO B 12:00 HORAS
Máster 3 Nados/as en 1973 ata 1964 - 1 VOLTA CIRCUÍTO B 12:00 HORAS
Máster 4 Nados/as antes do ano 1964 - 1 VOLTA CIRCUÍTO B 12:00 HORAS
PECHE DE CONTROL DA CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA
Unha hora despois da/o primeira/o clasificada/o da categoría absoluta
INSCRICIÓN E COTA
A inscrición realizarase a través da url inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59
horas do 13 de marzo de 2024.
A inscrición terá un custe de 3 euros por persoa participante (agás para menores de 18 anos que será
de balde)
ENTREGA DE DORSAIS
As/os atletas deberán recoller os dorsais, o mesmo día da proba na rúa 8 de marzo, ata media hora
antes da saída da categoría na que estean inscritas/os.
SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do seguro
obrigatorio deportivo. Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte
posterior do dorsal indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo
sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.), así como
teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.
AVITUALLAMENTOS
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
PREMIOS CATEGORÍA MENORES
Nas categorías Biberón todas/os as/os participantes levarán unha medalla.
Entrega dun trofeo ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os en cada unha das categorías.
CATEGORÍA ABSOLUTA
CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
As/os tres primeiras/os clasificadas/os da clasificación absoluta xeral recibirán un trofeo e os
seguintes premios metálicos:
1º. Clasificada/o: 300 euros (masculino/feminino)
2º. Clasificada/o: 200 euros (masculino/feminino)
3º. Clasificada/o: 100 euros (masculino/feminino)
PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DE OUTRAS FEDERACIÓNS
AUTONÓMICAS
A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirae segundo o regulamento
de competición da Real Federación Española de Atletismo para probas de calendario autonómico: Ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-24/Reglamento%20de%20Competición.pdf
SUB CATEGORÍAS CATEGORÍA ABSOLUTA
As/os tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría, integrada na categoría absoluta, recibirán
un trofeo
PREMIO AO MELLOR PONTÉS
A/O primeira/o clasificada/o pontés/a recibirá un trofeo e unha cesta con produtos locais. (para
optar a esta categoría será necesario estar empadroada/o no Concello das Pontes)
ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de
cada unha das categorías. As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no
momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da
chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se
lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta. Agradecémoslles ás persoas
responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente que o comuniquen
na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberanse poñer en contacto co Concello das Pontes, durante un prazo máximo de 15 días, onde se
custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que
renuncian a el.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por
imprudencias ou descoidos delas mesmas. A/o participante declara, baixo a súa responsabilidade,
que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para
realizar a proba, e exime á organización da devandita responsabilidade. A organización dispón dun
Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes inherentes á proba.