Calendario
Info da proba

Narón

03/03/2024 11:00 - 12:00
Regulamento Anexo I: REGULAMENTO III CARREIRA POLA IGUALDADE
CONCELLO DE NARON
A III Carreira pola Igualdade organizada polo Padroado de Deportes do Concello de Narón e co
control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo
3 de marzo a partir das 10:00 horas (carreira menores ) 11:00 horas carreira absoluta.11:05
Andaina.
A proba está suxeita ás seguintes normas:
1. A Saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón da Gándara
2. O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Narón
para as categorías absolutas.
3. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
4. A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, persoal do
padroado de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
5. As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30 minutos
posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da competición, sendo o
Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o non previsto neste regulamento,
resolverase conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A e a I.A.A.F por este orden.
6. SERÁN MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓNS OS SEGUINTES:
1. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de
apoio ou cadeiras de bebés nin correr acompañados destes, así como
tampouco está permitida a participación con animais. O incumprimento
desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a
infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba
serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que
contarán con roupa apropiada e visible.
2. Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas extensión (no
peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta .Participar con
un dorsal que corresponde a outro corredor
3. Non realizar o percorrido da carreira completo.
4. Non pasar polos controis de carreira establecidos.
5. Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
6. Non atender as indicacións dos membros da organización e dos xuíces.
7. Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
8. Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre que non sexa
motivo de expulsión do Circuíto.
9. Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización poda
se considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción
disciplinaria
10. Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de carreira.
11. Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
12. Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente co espírito
deportivo da proba.
7. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces.
8. Se contará con servizo de aseos e duchas no Polideportivo Municipal da Gándara.
NON haberá servicio de gardarroupa.
9. Disporase de avituallamento líquido na zona de meta.
10. O control de chegada pecharase unha hora despois da saida. Cando un participante
sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora dende a saida), será avisado
pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a
proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia
actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as
normas e sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a organización
de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación
R.D. 1428/2003).
11. A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil.
De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos participantes que, con
anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen
un adestramento axeitado para as características desta competición.
12. CATEGORÍAS
CATEGORÍAS DE MENORES
HORARIO CATEGORÍA IDADE
10:45 Prebenxamin (100
metros)
Nacidos/as en 2017 e posteriores
10:30 Benxamín/a - Sub 10
(500 metros)
Nacidos/as en 2015 - 2016
10:15 Alevín - Sub 12
( 1500 metros )
Nacidos/as en 2013- 2014
10:15 Infantil - Sub 14
(1500 metros )
Nacidos/as en 2011- 2012
Sub 16 (2000 metros ) 2009-2010
10:00 Sub 18 (2000 metros ) Nacidos/as en 2007 - 2008
CATEGORÍAS ABSOLUTAS
11:00 ABSOLUTA
(5000 metros)
Nacidos/as en 2006 en adiante
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
Discapacitados intelectuales *
Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
13. INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS.
1. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 19 de febreiro ata o dia 28 de
Febreiro as 23:30 a través da páxina web www.carreiras galegas.com Non se
admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
2. A inscrición terá un coste de 4 euros tanto para as categorías absolutas coma para
a andaina que se realizará no momento de formalizar a inscrición, sendo gratuíta para
os menores tanto na carrerira coma na andaina.
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar no PAVILLÓN DA GÁNDARA o venres
día 1 de marzo de 16:30 a 20:30 ; o sábado día 2 de marzo de 10,00 a 14,00 e de
16:00-20:00 e o domingo día 3 de 08:30 a 09:30 horas.
(Se é posible e co gallo de evitar retrasos e incidencias o dia da carreira
recomendase os/as participantes que pasen a recoller os dorsais os dous dias
previos a carreira habilitados para tal fin)
3. A Pobra terá un límite de 500 participantes en categoría absoluta, 400
participantes na Andaina e de 400 nas categorías de menores.
14. PREMIOS.
A organización premiará nas categorías absolutas, as tres primeiras mulleres e aos tres
primeiros homes. En canto ás categorías non oficiais, tamerán se premiarán ás tres
primeiras e aos tres primeiros, en cada unha das mesmas.
Do mesmo xeito, entregarase un premio a participante feminina de maior idade, que
remate a proba (carreira).
Nas categorías de menores (carreira) entregaranse medallas a todas as persoas
participantes.
15. A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a
carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera
circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
16. Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual maneira, mediante a
inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados
pola organización para comunicacións acerca da súa actividade.
17. En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal,
as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido ó Padroado de
Deportes do Concello de Narón, p.deportes@naron.es
18. Coa inscrición na proba enténdese aceptadas todas as normas e demais consideracións
reflectidas neste regulamento.
PERCORRIDO: 5 K
CARREIRA DE MENORES
100 METROS VERMELLO
500 METROS AZUL
1500 METROS VERDE
CARREIRA 2000M.
Anexo II: REGULAMENTO III CARREIRA POLA IGUALDADE
CONCELLO DE NARON: ANDAINA
A III Carreira/Andaina pola Igualdade organizada polo Padroado de Deportes do Concello de
Narón e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo (SEN
CROMOMETRAXE), terá lugar o domingo 3 de marzo a partir das 10:00 horas (carreira
menores ) 11:00 horas carreira absoluta.11:05 Andaina.
A proba está suxeita ás seguintes normas:
19. A Saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón da Gándara
20. O percorrido será de 4500 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Narón
21. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
22. A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, persoal do
padroado de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
SERÁN MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓNS OS SEGUINTES:
1. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de
apoio así como tampouco está permitida a participación con animais. Os
únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das
forzas de seguridade e os de apoio a organización, que contarán con
roupa apropiada e visible.
2. Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas extensión (no
peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta .Participar con
un dorsal que corresponde a outro corredor
3. Non realizar o percorrido da Andaina completo.
4. Non pasar polos controis de carreira establecidos.
5. Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
6. Non atender as indicacións dos membros da organización e dos xuíces.
7. Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
8. Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre que non sexa
motivo de expulsión do Circuíto.
9. Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización poda
se considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción
disciplinaria
10. Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de carreira.
11. Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
12. Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente co espírito
deportivo da proba.
23. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces.(non haberá cronometraxe)
24. Se contará con servizo de aseos e duchas no Polideportivo Municipal da Gándara.
NON haberá servicio de gardarroupa.
25. Disporase de avituallamento líquido na zona de meta.
26. O control de chegada pecharase unha hora e 20 minutos despois da saída. Cando un
participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora dende a saída),
será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a andaina e
abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o
desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa
responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un usuario máis
da vía, quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese
acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
27. A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil.
De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos participantes que, con
anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen
un adestramento axeitado para as características desta competición.
CATEGORÍAS
Na andaina poderán participar as persoas de calquera idade (todas elas inscritas e con dorsal
correspondente). Establecese una única categoría
INSCRIPCIÓNS/RETIRADA DE DORSAIS
As inscricións poderán efectuarse a partir do día 19 de febreiro ata o dia 28 de Febreiro
as 23:30 a través da páxina web www.carreiras galegas.com Non se admitirá outra vía
de inscrición que a sinalada anteriormente.
1. A inscrición terá un coste de 4 euros tanto para as categorías absolutas coma para
a andaina que se realizará no momento de formalizar a inscrición, sendo gratuíta para
os menores.

A retirada de chips e dorsais poderase efectuar no PAVILLÓN DA GÁNDARA o venres
día 1 de marzo de 16:30 a 20:30 ; o sábado día 2 de marzo de 10,00 a 14,00 e de
16:00-20:00 e o domingo día 3 de 08:30 a 09:30 horas.
(Se é posible e co gallo de evitar retrasos e incidencias o dia da carreira
recomendase os/as participantes que pasen a recoller os dorsais os dous dias
previos a carreira habilitados para tal fin)
2. A Pobra terá un límite de 500 participantes en categoría absoluta, 400
participantes na Andaina e de 400 nas categorías de menores.
3. A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a
carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera
circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
4. Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual maneira,
mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan
empregados pola organización para comunicacións acerca da súa actividade.
5. En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter
persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico
dirixido ó Padroado de Deportes do Concello de Narón, p.deportes@naron.es
6 .Coa inscrición na proba enténdese aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento.