Calendario
Info da proba

Moaña

23/01/2010 16:30 - 19:00
Regulamento
IX Carreira Pedestre Concello de Moaña

Data: sábado, 23 de xaneiro de 2010.
Hora: a partir das 16:30 h.
Lugar: Alameda diante do Concello de Moaña.
Distancia: de 200 a 6.000 m.
Organiza: Clube Atletismo Samertolameu,
Inscrición: ata o mércores 20 de xaneiro en Championchip Norte

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

REGULAMENTO XERAL
1. Por delegación de Consellería de Deportes de Concello de Moaña, o Clube Atletismo Samertolameu organiza a IX carreira pedestre Concello de Moaña . A carreira conta co Patrocinio do Concello de Moaña e a colaboración de Caixanova, Protección Civil e a Policia Local.

2. A carreira celebrarase o sábado 23 de Xaneiro de 2010 a partir das 16:30 da tarde na alameda situada diante do Concello de Moaña.

3. Establécense as seguintes probas, categorías e distancias .
PROBA - HORA - CATEGORIAS - DISTANCIAS
1 - 16:30 - Chupetes - Nados no 2003 e posteriores - 200 metros
2 - 17:00 - CADETE (95/96), INFANTIL (97/98), ALEVÍN(99/00), BENXAMÍN(01/02) - 1500 metros
3 - 17:30 - PROMESA(88/89/90), JUNIOR (91/92) , XUVENIL(93/94) SENIOR (87 e anteriores, ata veterán) ,VETERÁNS(Desde o día que cumpran 35 anos) - 6000 metros

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Establécense categorías de veteráns cada 5 anos:
Idade - Homes - Mulleres
35-39 - A - B
40-44 - C - D
45-49 - E - F
50-54 - G - H
+55 I - J

5. As inscricións poderán realizarse das seguintes formas:
CARREIRAS MENORES (CHUPETES E ESCOLARES)
INSCRICIÓN POR TELÉFONO: 610516242
INSCRIPCION POR EMAIL: clubatletismosamertolameu (arroba) gmail.com

Datos obrigatorios: nome, apelidos, sexo, data completa de nacemento, nome do Club si ten e se non, Colexio, Localidade, Provincia, mail e teléfono de contacto

CARREIRA ABSOLUTA: POR CALQUEIRA DAS SEGUINTES VÍAS:
- CHAMPION CHIP NORTE: www.championchipnorte.com

Datos obrigatorios na carreira absoluta: NIF con letra, nome, apelidos, sexo, data completa de nacemento, nome do Club si ten, Localidade, Provincia, mail e teléfono de contacto

6. O prezo da inscrición para a carreira absoluta será de 2 € en concepto de alquiler de chip. As persoas que sexan propietarios/as de chip amarelo ChampionChip non pagarán aluguer. A inscripción para a carreira escolar será gratuita.

7. O prazo de inscrición finaliza o Mércores 20 de Xaneiro de 2010 as 14:00 por teléfono e as 23:59 pola Web. Non se admitirán inscripcións o día da carreira nin fora de prazo ou sen datos obrigatorios.

8. A recollida dos chips e dorsais poderase realiza-lo Sábado día 23 desde as 15:30 horas ata as 16:15 horas na zona de saida para carreiras menores e ata as 17:00 para a carreira absoluta. Se a inscrición se realiza como club ou colexio, a recollida do chip e dos dorsais será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. Para recollida colectiva como clube na carreira absoluta, a única maneira de inscrición é a través da Web de ChampionChipNorte dende conta Clube e deberá indicarse esta recollida colectiva.
O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto trala participación. Os corredores que non o leven ou que non o entreguen non entrarán nas clasificacións.

9. Está permitido o acompañamento dos participantes na carreira escolar. Os acompañantes non teñen que inscribirse.

10. PREMIOS : Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo. Ademais os tres primeiros/as clasificados/as que participen na carreira absoluta, recibirán un premio en metálico de:
1. 1º 250 €
2. 2º 150 €
3. 3º 100 €

11. A entrega de trofeos terá lugar tras a finalización das tres carreiras.

12. Tras a finalización das probar realizaránse sorteo entre os participantes das distintas carreiras:
Noite de hotel no Talaso Spa Moaña 4*
Entradas no Talaso Spa Moaña
Camisetas
Gorras
Masajes centro de recuperación Avelino

13. O Concello de Moaña e a Organización non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

14. O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.



- - Participa no foro de Carreiras Populares