Calendario
Info da proba

Marín

07/10/2023 17:00 - 18:00
Regulamento XIII PINGA-PINGA (7 OUTUBRO 2023): Proba do calendario oficial
da Federación Galega AtletismO
Continuando co obxectivo de seguir dinamizando o deporte na nosa
comarca,o Club Deportivo Pinarium convoca a 13ª edición da Carreira
Pinga-Pinga que terá saída e chegada no Campo de futbol da Parroquia de
San Tomé de Piñeiro.
REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.
Estes participantes Terán a responsabilidade de acudir en bo estado físico
para participar en dita proba que se disputa en Santomé, no concello de
Marín
NORMATIVA:
I) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao
igual ca chegada. No campo de futbol o acceso estará controlado pola
organización, debido ao aforo limitado para este tipo de eventos deportivos.
II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a
organización e os xuices da competición.
III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais
competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha
obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.
IV) Será obrigatoria a utilización do dorsal en todas as categorías da
carreira. O chip de cronometraxe ofrecido pola organización irá nos dorsais
das carreiras sub14-sub16 ata a carreira absoluta, para facilitar o control
dos tempos destas carreiras que transcurren polo circuito do exterior do
campo de fútbol.
V) Cada participante que se inscribe nesta carreira pon de manifesto que
considera ter un estado físico apto para completar a proba sen que poda
afectar a súa saúde.
VI) A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións
autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo. do "Reglamento para
las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en
carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre”. Se completará a
información desta norma.
VII) Reclamacións: deberán ser feitas nun prazo máximo de 30 minutos
desde a publicación dos resultados oficiais.
VIII) Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos:
non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor
para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuices ou
manipular este, falsificar datos persoais.

IX) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo
o regulamentado por instancias superiores.

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou nas RRSS
relacionadas coa carreira.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente
que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación,
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking
popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 -
15008 A Coruña.

ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con
servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora
antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os
servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico
durante o desenvolvemento da mesma.

SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes
que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou desantendimento das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender
e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou
en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación
no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da
inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 7 de outubro de 2023
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)
VII ANDAINA (DESDE A IDADE DE 5 ANOS) ANTES DA
CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 16:00H.
CATEGORÍAS
CATEGORÍAS DE MENORES (PRAZAS LIMITADAS):
PITUFOS (nados 2016-2017) HORA: 16:45 (DISTANCIA 200m)
CHUPETES (nados 2018-2019-2020) HORA: 16:55 (DISTANCIA 100m)

BENXAMÍNS (SUB 10) 75 PRAZAS:
Hora: 16:05 (nenas)/ 16:08 (nenos)
Benxamíns = nados 2014/2015
Percorrido: 500 mts aprox.
ALEVÍNS (SUB 12) 75 PRAZAS:
Hora: 16:15 (nenas)/16:20 (nenos)
Idade: Alevíns = nados 2012/2013
Percorrido: 750 mts aprox.
INFANTIS (SUB14)
CADETES (SUB 16), teñen 1 € de inscrición polo chip de
cronometraxe do circuito exterior
Hora: 16:30
Idades: Sub14- Nados 20010/2011
Sub16- Nados 2008/2009
Percorrido: 2.000 m aprox. – unha volta pequena de circuito.
MAIORES (CATEGORÍA ADULTOS):
Hora: 17:00h.
Percorrido: 7.500m – tres voltas.
Idade: desde nados en 2007
Categoría Promesa: que agrupa desde Sub18 a sub23, son os nad@s de
2001 a 2007
Senior: nados ano 2000 e anteriores (ata veteráns)
Masterillo: De 35 a 44 anos
Veteranillo: De 45 a 54 anos
Super veterán: Desde 55 anos xa cumpridos
3.- INSCRICIÓNS, En www.carreirasgalegas.com:
ANDAINA: 1 € Para todos os participantes
MENORES: Gratuita (excepto os que corren en circuito exterior, que
teñen 1 € de inscrición e chip para os infantís e cadetes e terán clasificación
en ditas categorías) Todas as Inscricións na web www.carreirasgalegas.com
MAIORES: En www.carreirasgalegas.com será a pasarela de inscricións,
dorsais-chips e resultados da Categoría Adultos. AS INSCRIPCIÓNS se
poderán levar a cabo ATA 4 OUTUBRO as 23:59h.
A inscrición individual dos adultos serán 6€ (1 € de cada inscrición
individual será A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o
Cancro)
4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de
Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1
Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de
Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de
San Tomé.(3 Voltas).
5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS.
MENORES: @s 3 primeirs clasificad@s de cada categoría recibirán un
trofeo (na categoría de pitufos e chupetes tod@s Terán a súa medalla
conmemorativa)
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E
FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros
da categoría absoluta. Estes levan o premio da Absoluta (non
acumulativos).
Hai Premio para o primeiro e a primeira atleta de Marín, unha
comida/cea para dúas persoas nun Restaurante da zona que se
anunciará antes da celebración da Carreira.
Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 150 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo
ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 150 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo
Os premios se ingresarán por transferencia do clube organizador no prazo
de 10 días (premios en concepto de gastos de desprazamento e estancia)
Nota: A organización non otorgará o premio económico si un d@s 3
primeir@s da clasificación absoluta ten algunha sanción por dopaxe en
vigor. De darse o caso o premio económico correspondente sería para o
seguinte posto da xeral absoluta.
Novidade: Haberá premio por equipos mixtos. Premio de 100 € para o
mellor equipo, de un máximo 8 e mínimo de 6 integrantes, no que
puntuarán os 4 mellores postos, dos cales un dos integrantes que den puntos
ten que ser de outro sexo, para que o equipo sexa mixto. Importante: Os
que queran participar nesta clasificación por equipos “Equipo
popular” deberán comunicar o nome dos integrantes e o nome do
equipo antes de peche de inscricións ao correo:
clubdeportivopinarium@gmail.com.
II ???????????????????????????????????????????????????? ???????????????????? ???????????????????? - GRAN PREMIO DISALMO
Esta cronoescala se levará a cabo no trascurso da carreira absoluta (na subida da
segunda volta desde o campo de futbol ata a Fonte PingaPinga) e haberá premio
para os mellores tempos masculino e feminino nesta subida (condición para
levar este é que @s que obteñan estes mellores tempos, terminen a Carreira
Absoluta entre os 60 primeiros homes ou as 60 primeiras mulleres. Para este
premio quedan excluidos os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres da
clasificación xeral)
OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN
ACREDITAR A SÚA IDENTIDADE
6.- AGASALLOS
Haberá camiseta conmemorativa para os 250 primeiros inscritos na
categoría absoluta, avituallamento para todos os participantes.
Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM E O CONCELLO DE
MARÍN, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de
Piñeiro e A Asociación da Mazá e da Sidra