Calendario
Ver carrera

Arzúa-San Silvestre

28/12/2019 11:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción Regulamento“III CARREIRA SOLIDARIA SAN SILVESTRE
ARZUA
A Concellería de Deportes do Concello de Arzua, organizan a III Carreira
San Silvestre solidaria de Arzua.
Os participantes terán que situarse na saída 5’ minutos antes do comenzo
da proba. Celebrarase o día 28/12/2019 ás 11.00h con saída e chegada no
salón multiusos Terra do Queixo.
A carreira constará de duas voltas polo casco urbano e arredores da feira
de gando ao circuito de 2500mts,en total 5000 mts e será saída única para
todos os participantes. Esta é una proba de carácter Solidario para recaudar
xoguetes para as familias máis necesitadas.
INSCRICIÓNS As inscricións poderán facerse previamente na páxina de
emesports.es ata o xoves 26 de decembro ás 23:59h. Os datos obrigatorios
para as inscricións son:dni, nome e apelidos, data de nacemento, sexo e
localidade. O prezo das inscricións será a doazón dun xoguete, que se
entregará o día da carreira ao retirar o dorsal, no mismo lugar da saída ata
as 10:30 da maña,ou sexa,ata media hora antes da saida da proba,non
entregándose ningún dorsal despois desa hora.
Os atletas participarán cos dorsáis tal e como son asignados pola
organización, estando prohibido cortalo ou doblalo, debendo quedar ben
visible o número e a publicidade. A carreira poderá completarse correndo,
andando ou en bicicleta
PREMIOS Esta carreira ao ser de carácter solidario non contará con
categorías, premiarase ós 3 primeiros masculinos e femininos, asi como os
tres primeiros locais,tanto masculinos como femeninos.
Habera algún premio tamen para os mellores disfraces ademais dunha foto
no pódium so por vir disfrazados e algunha sorpresa mais.
CONTROL DA CARREIRA A organización contará coa axuda dos
organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ao longo
de todo o percorrido. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos
antes do comenzo da proba. O control de chegada na carreira pecharase
coa chegada do derradeiro participante correctamente identificado co dorsal
correspondente.A entrega de trofeos está prevista a partires das 12:00 no
multiusos terra do queixo. Para que a espera se faga máis amena, a
organización disporá de bebidas e produtos típicos destas datas.
Coa entrega de premios faremos varios sorteos entre os
participantes,repitirase o sorteo ata que apareza o gañador,co cal prégase
quedar ata o remate destes.
Dispoñemos de gardarroupa,duchas no pavillon municipal ao remate da
proba
CLÁUSULAS ADICIONAIS O Concello de Arzua, e os seus colaboradores
non se farán responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais
que así mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta
proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan
corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta. Todos
os participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan as presentes bases e
regulamento que, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador. Polo
ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demáis público
que presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros,
público, organización e a proba en xeral. O descoñecemento destas bases e
do regulamento non exime do seu cumprimento

[ Go Back ]