Calendario
Ver carrera

Porriño

30/12/2019 20:00 - 21:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
I SAN SILVESTRE SOLIDARIA CONCELLO DO PORRIÑO
Aberto a todas as idades, ¡faino correndo ou andando!
1. Información xeral.
Esta carreira está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación
Galega de Atletismo, organismo co cal o Concello do Porriño coorganiza dito
evento deportivo.
Lugar: O Porriño (Pontevedra)
Data: 30-12-2019
Inscricións: Gratuita. Na web www.carreirasgalegas.com ata o 25 de decembro ás
15.00hrs.
Hora de saída: 20.00 hrs.
Punto de saída e meta: Rúa Antonio Palacios, 1.
Dorsal solidario: O evento conta coa particularidade de que cada corredor
depositará 1kg. de alimentos non perecedoiros, os cales se destinarán o Banco de
Alimentos Municipal.
Recollida de dorsais: No Pavillón Municipal do Porriño: 27 de decembro de 10.00 a
15.00hrs. e o 30 de decembro de 08.00 a 15.00hrs. No Concello do Porriño: 30 de
decembro de 17.00 a 19.30hrs.
Premios: Obsequiarase ao corredor máis lonxevo, aos que terminen nas seis
posicións elixidas o azar (comunicaranse por esta canle as posicións antes da
proba), e á o primeiro corredor e corredora do Concello do Porriño.

2. Condicións da proba.
a) Os participantes comprométense a aceptar todas as normas de
regulamento e normativa da Federación Galega de Atletismo.
Ojo morado A clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité
galego de xuíces. Farase unha clasificación xeral única.
c) Todos os corredores/as deberán colocarse na zona de saída a lo menos 10
minutos antes do comezo da proba.
d) A proba está aberta a todas as idades, así como a atletas federados ou non.
e) Obrigación de levar posto o dorsal por diante e totalmente visible durante
toda a proba.
f) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
g) As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó
Xuíz Arbitro da Competición, desginado pola Federación Galega de
Atletismo, non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos
mesmos.
h) Serán motivos de descualificación os seguintes: Non respectar o percorrido
da proba, ter una actitude antideportiva co resto de participantes, falsificar
datos persoais ou a suplantación de identidade.
i) Lei de Protección de Datos: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de
comunicación e/ou internet.
j) A organización da proba resérvase o dereito da modificación deste
regulamento, así como da suspensión ou aprazamento da carreira por
inclemencias do tempo ou razón de seguridade, e da modificación de
percorridos ou horarios.

3. Percorrido.
A carreira transcorrerá sobre o circuíto urbano exposto no mapa do ANEXO I do
presente regulamento. O mesmo, conta cunha lonxitude de 3 quilómetros para
todos os participantes desta proba.
A orde das rúas polas que discorre son as seguintes:
1. Saída na Rúa Antonio Palacios, 1
2. Rúa Ramón González.
3. Rúa Ramiranes.
4. Bajada de la Estación.
5. Rúa Estación.
6. Rúa Peña.
7. Rúa Cando Ab.
8. Rúa do Mercado.
9. Rúa Cando Ab.
10. Rúa Leandro Diz.
11. Rúa Xogo da ola.
12. Rúa Manuel Rodríguez.
13. Rúa Leandro Diz.
14. Rúa Manuel Rodríguez Cd.
15. Avenida Domingo Bueno.
16. Rúa San Sebastián.
17. Rúa Manuel Rodríguez Cd.
18. Plazuela de San Sebastián.
19. Rúa San Sebastián.
20. Avenida Domingo Bueno Bc.
21. Travesía Fernández Areal.
22. Rúa Manuel Rodríguez.
23. Rúa Ramón González.
24. Meta na Rúa Antonio Palacios, 1.

4. Seguros.
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
5. Asistencia Médica.
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal
estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
A organización contará cunha estancia sinalada para que no caso de accidente,
o corredor/a poida formalizar un parte de accidentes cunha persoa nomeada
pola Federación Galega de Atletismo.
6. Aceptación do regulamento.
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a
esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como

establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito
ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13
15008 A Coruña.

[ Go Back ]