Calendario
Ver carrera

Pereiro de Aguiar

30/11/2019 12:15 - 13:15

[ Go Back ]

Descripción O sábado 30 de novembro celebrarase o "XXIII Cross Guillelme
Brown", atendendo ás seguintes normas:
1. HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO:
Hora Categoría Ano de nacemento Distancia
10:30 Cadete Feminino Sub 16
Xuvenil Feminino Sub 18
2004-2005
2002-2003 3 voltas (2.520m)
10:45 Cadete Masculino Sub 16
Xuvenil Masculino Sub 18
2004-2005
2002-2003 4 voltas (3.360 m)
11:00 Infantil Feminino Sub 14 2006-2007 2 voltas (1.680 m)
11:15 Infantil Masculino Sub 14 2006-2007 3 voltas (2.520 m)
11:30 Alevín Feminino Sub 12 2008-2009 1 volta (840 m)
11:45 Alevín Masculino Sub 12 2008-2009 2 voltas (1.680 m)
12:00 Benxamín Feminino Sub 10 2010-2011 1 volta (840 m)
12:10 Benxamín Masculino Sub 10 2010-2011 1 volta (840 m)
12:20 Prebenxamín 2012 e posteriores 400 m
12:30 Pais, nais e profesores do
colexio 2 voltas (1.680 m)
12:45 Absoluta 2001 e anteriores 5 voltas (4.200 m)
13:30 Entrega de trofeos
O percorrido, parte terra e herba, parte asfalto, realizarase no interior do recinto
escolar.
XXIII CROSS GUILLELME BROWN
30 de novembro de 2019
2. PARTICIPACIÓN:
Poderán participar atletas federados con licencia en vigor para a tempada
2018/2019 e todos os colexios, clubes e asociacións convidadas ao efecto cun só
equipo por categoría sen número límite de corredores/as, e calquera atleta que o
desexe a nivel individual.
3. INSCRICIÓNS:
As inscricións, dos deportistas federados, realizaranse polos clubes na intranet
da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/), antes das 23:59 horas do martes día 26 de
novembro.
As inscricións, dos deportistas non federados menores e adultos realizaranse
por medio da pasarela habilitada en www.carreirasgalegas.com antes das 23:59 horas
do martes 26 de novembro.
A Organización establece un límite de 500 inscricións.
4. DORSAIS:
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30 minutos antes
do inicio do Cross.
5. CLASIFICACIÓNS:
Establécense dúas clasificacións:
a) Individual: segundo a orde de entrada en meta.
Ojo morado Por equipos: sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor
clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que sume menor
número de puntos.
6. PREMIOS E TROFEOS:
a) Trofeo aos dous mellores equipos clasificados nas categorías benxamín, alevín,
infantil e cadete, tanto masculino como feminino.
Ojo morado Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c) Bolsas a todos os participantes que cheguen á meta.
A clasificación será individual e por categorías (Prebenxamín, benxamín/sub10,
alevín/sub12, infantil/sub14, cadete/sub16, xuvenil/sub18 e absoluta, tanto
masculino como feminino).
7. OUTROS APARTADOS:
1. Debido ao carácter popular e sobretodo gratuíto da proba, o colexio contará
con bolsas deportivas como agasallo para os participantes, que serán
preferentemente para as categorías escolares e para os adultos en función da
súa orde de chegada e ata acabar as existencias.
2. Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do
inicio, unha vez avisados polos xuíces.
3. Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na ficha de
inscrición o seu número.
4. Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
5. O colexio Guillelme Brown facilitará un autocar para desprazamento dos equipos
da cidade que presenten un mínimo de 30 participantes.
6. Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos tendo
en conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e
ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da
competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis,
da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa
Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse
e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou
de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que
dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante
a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Dtos,
o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña

[ Go Back ]