Calendario
Ver carrera

Xermade

13/10/2019 11:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Xermade organiza a X Carreira Popular de Xermade. A proba organizarase o
vindeiro Domingo 13 de Outubro de 2018 ás 11:00 horas, con saída da Praza do Concello
(no caso de que o tempo non o permita será desde o pavillón polideportivo) e discorrerá por
vías do concello de Xermade.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios: NOVO PERCORRIDO
O novo circuíto de 10km será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os
autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2014 e posteriores) 12.45 150m
PROMOCIÓN (2012-2013) 12.40 300m
SUB 10 (2010-2011) 12.15 1000m
SUB 12 (2008-2009) 12.15 1000m
SUB 14 (2006-2007) 12.25 2000m
SUB 16-18 (2005-2002) 12.25 2000m
SUB 20-23 (2001-1997) 11.00 10000m
SENIOR (1996-1984) 11.00 10000m
MÁSTER A (1983-1974) 11.00 10000m
MÁSTER B (1973-1964) 11.00 10000m
MÁSTER C (1963 e anteriores) 11.00 10000m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán GRATUÍTOS. Na carreira de
adultos terá un custe de 5€. O prazo de inscrición pecharase o xoves 10 de outubro as
23.59h.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén
deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o club.
Artigo 6: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o xoves 10 de outubro ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da
inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado
por instancias superiores.
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización, ata media hora
antes da saída de cada proba.
Artigo 8: Premios:
• Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.
• Na categoría de Pitufos e Promoción haberá medallas para todos os
participantes. Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.
• Nas categorías dende Sub-10 ata Máster C: trofeo para os tres primeiros de cada
categoría e sexo.
• A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará,
aproximadamente, ás 12:50h. (no caso de que o tempo non o permita será dende o
pavillón polideportivo)
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Camiseta para todos os participantes na carreira de adultos.
3. Baños na zona de saída-chegada.
4. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
5. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
6. Roupeiro, os participantes poderán deixar no local de recollida dos dorsais a roupa,
que será custodiada por voluntarios da organización
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5 da carreira de adultos.
9. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 10: Seguro:
A proba conta con un seguro que cubra os posibles danos e responsabilidade civil, da licencia
de día creada pola federación
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

[ Go Back ]