Calendario
Ver carrera

CP da Amaia (Brión)

05/10/2019 17:00 - 19:00

[ Go Back ]

Descripción http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com/
CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA – BRIÓN
"VII Circuíto Carreiras Populares Deputación da Coruña"
Sábado 5 de Outubro de 2019 a partir das 17:00 h
O Concello de Brión organiza a XXXVII edición da súa carreira popular o sábado 5 de outubro de
2019 a partir das 17 horas na Carballeira de Santa Minia (Brión) baixo o control técnico do
Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta
carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada e está integrada dentro do
VII Circuíto de Carreiras Populares de Deputación de A Coruña que se desenvolverán ao longo
do ano 2019.
NORMATIVA XERAL
A XXXVII CARRERIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAIA rexerase polas actuais regulamentacións
de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos
esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21
de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía
pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de
responsabilidade civil e de accidentes).
A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello de Brión. Tamén
contará con un seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto
849/199.
Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un
médico.
A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou
suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade, circunstancias que
serán comunicadas aos participantes con tempo suficiente.
No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será
suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela e non se
devolverán os cartos da inscrición.
O Concello de Brión porá a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo de
Brión para que se poidan duchar. Así mesmo tamén porá a disposición dos corredores un servizo
de garda roupa situado na Casa da Cultura.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 1 hora a contar dende que o
primeiro participante cruce a liña de meta.
A organización non se fai responsable dos danos que poida sufrir algún participante da proba,
pero evitará por todos os medios de evitalos.
PARTICIPANTES
Nesta proba poderán participar atletas tanto federados como non federados.
Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos
vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios
normais da vía.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
Os participantes na XXXVII Carreira Pedestre da Amaia estarán rexidos pola conducta “fair play”
e comprométense a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero
ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o contrincante, respectuoso coa
organización e correcto cos asistentes.
Os atletas con licenza pola FGA deberán competir coa camiseta oficial do clube e terán que
aterse ao regulamento de Disciplina Deportiva en vigor.
Os participantes serán descualificados inmediatamente por calquera dos seguintes motivos:
- Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión na parte anterior do
corpo, ou manipular ou modificar este.
- Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.
- Non pasar polos controis de carreira establecidos.
- Non realizar o percorrido da carreira completo.
- Non atender as indicacións dos membros da Organización ou xuíces.
- Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
- Pretender participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
- Cometer conductas que a xuízo da organización da Carreira poida ser considerada como
antideportiva.
- Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
- Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente na contra do espírito
deportivo.
A participación de atletas de outras Federacións Autonómicas e atletas estranxeiros rexerase
polo REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA,
MONTAÑA, TRAIL Y REUNIONES DE PISTA CUBIERTA Y AIRE LIBRE 2016-2017, a través do seu
artigo 3.4. Dito regulamento poderá consultarse no seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/00Reglamentacion2018_2019.pdf
CATEGORÍAS, DISTANCIAS, HORARIOS E CIRCUITO
Na presente edición da proba establécense as seguintes categorías, distancias e horarios:
CATEGORIA SEXO NADOS/AS DISTANCIAS HORARIOS
NENOS/AS
PITUFO/A* Mixto
2014 e
posteriores
100 m. 17:00 h.
PREBENXAMIN* Mixto 2013 – 2012 350 m. 17:10 h.
SUB 10
MÁSCULINO
FEMENINO
2011 – 2010 500 m. 17:20 h
SUB 12
MÁSCULINO
FEMENINO
2009 – 2008 500 m. 17:30 h.
SUB 14
MÁSCULINO
FEMENINO
2007 – 2006 1.500 m. 17:45 h.
SUB 16
MÁSCULINO
FEMENINO
2005 – 2004 1.500 m. 17:45 h.
ABSOLUTA
SUB 18
MÁSCULINO
FEMENINO
2003 – 2002 9.500 m. 18:00 h.
SUB 20
MÁSCULINO
FEMENINO
2001 – 2000 9.500 m. 18:00 h.
SUB 23
MÁSCULINO
FEMENINO
1999 – 1998 –
1997
9.500 m. 18:00 h.
SÉNIOR MÁSCULINO
FEMENINO
1996 – 1985 9.500 m. 18:00 h.
MÁSTER 1
MÁSCULINO
FEMENINO
1984 – 1980 9.500 m. 18:00 h.
MÁSTER 2
MÁSCULINO
FEMENINO
1979 – 1975 9.500 m. 18:00 h.
MÁSTER 3
MÁSCULINO
FEMENINO
1974 – 1970 9.500 m. 18:00 h.
MÁSTER 4
MÁSCULINO
FEMENINO
1969 – 1965 9.500 m. 18:00 h.
MÁSTER 5
MÁSCULINO
FEMENINO
1964 – 1960 9.500 m. 18:00 h.
MÁSTER 6
MÁSCULINO
FEMENINO
1959 e
anteriores
9.500 m. 18:00 h.
* Nota: As categorías PITUFO/A e PREBENXAMÍN non son categorías federadas non haberá, por
tanto, nestas carreiras lista de clasificados nin trofeos.
O horario de apertura da secretaría para a recollida de dorsais será as 16:00 h. na Casa da
Cultura do Concello de Brión e poderán recollerse ata 30 minutos antes do inicio da proba.
A proba absoluta da XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA realizarase sobre un
circuíto de 4,75kms (98% asfalto e 2% terra en bo estado) que os participantes terán que
completar dúas veces (9,5kms). O deseño deste trazado fai que a carreira sexa moi vistosa para
o público ademais de rápida e amena para o participante. En canto aos circuítos das carreiras de
menores desenvolveranse nas inmediacións da Carballeira de Santa Minia.
Haberá un avituallamento líquido na liña de meta para tódolos participantes e para os da
carreira absoluta haberá dous avituallamentos líquidos situados nun punto intermedio do
circuíto.
INSCRICIÓN, PREZOS E SISTEMA DE CRONOMETRAXE
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreiragalegas.com, ata o mércores 2
de outubro de 2019 as 14:00h. NON SE ADMITIRAN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO
ESTABLECIDO.
- CARREIRAS NENOS/AS [de PITUFO a Sub 16]: GRATUITA
- CARREIRA ABSOLUTA [de Sub 18 a Máster 6]: PREZO 5€
Para o control de tempos da carreira todos os participantes deberán levar un CHIP que lles será
entregado xunto co seu dorsal e que irá colocado na parte de atrás do mesmo. Non será
necesario devolvelo ao finalizar a carreira.
O/A atleta que non porte o chip-dorsal en todo momento non poderá entrar na clasificación da
proba nin lle computará na clasificación do circuíto.
O chip-dorsal é persoal e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas,
sancionarase coa expulsión da carreira. Así mesmo anularánselle todos os dereitos adquiridos
coa inscrición na mesma.
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
- O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
- Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar
no reverso do dorsal da proba.
- O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo particular, sen ser
autorizadas polo organizador, non están amparadas polos seguros da proba. A FGA non se fará
responsable dos danos que estas persoas poidan causar ou causarse.
Todos os participantes no proba, polo mero feito de realizar a inscrición na carreira popular,
aceptan todas e cada unha das regras do presente regulamento e no caso de dúbida, sempre
prevalecerá o criterio da Organización da XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAIA.
CLASIFICACIÓNS E PREMIOS / TROFEOS
Establecerase unha clasificación individual por orde de chegada e unha clasificación por
categorías. As diversas clasificacións poderán consultarse na páxina web:
www.carreirasgalegas.com
Así mesmo recibiran trofeo e premio en metálico os tres primeiros homes e tres primeiras
mulleres en cruzar a liña de meta. Os premios económicos establécense da seguinte maneira:
HOMES MULLERES
1º CLASIFICADO/A
ABSOLUTO/A
200 € + TROFEO 200 € + TROFEO
2º CLASIFICADO/A
ABSOLUTO/A
170 € + TROFEO 170 € + TROFEO
3º CLASIFICADO/A
ABSOLUTO/A
150 € + TROFEO 150 € + TROFEO
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto feminina como
masculina, agás nas categorías PITUFO/A e PREBENXAMÍN que non serán competitivas.
Na carreira absoluta tamén recibiran trofeo os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres
en cruzar a liña de meta empadroados no Concello de Brión (para optar a este premio os atletas
deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de formalizar a
inscrición)
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos, exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión. A entrega de
trofeos farase ao rematar a carreira.
Todos os participantes das categorías PITUFO/A E PREBENXAMÍN recibiran unha medalla
conmemorativa.
Todos os participantes que consigan rematar a proba recibirán unha CAMISETA TÉCNICA
agasallo da organización como recordo da súa participación.
As reclamacións referentes aos resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente ao xuíz
árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
NOTAS FINAIS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento
da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

[ Go Back ]