Calendario
Info da proba

A Guarda

03/08/2019 19:00 - 40:00
Regulamento https://laptime.es/carreras/carreira-popular-festas-do-monte-2019/

47ª CARREIRAS POPULARES FESTAS DO MONTE TREGA 2019
ANDAR - MARCHAR - CORRER

REGULAMENTO

O atletismo TREGA, o sábado día 3 de agosto do ano 2019 a partir das 19 horas, dirixe as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN.

1. A saída e a chegada estarán situadas nas inmediacións da Alameda da Guarda.

2. A 47ª edición da carreira popular Festas do Monte será de carácter popular.

3. A inscrición na proba suporá a total aceptación deste regulamento por tódolos atletas participantes.

4. Inscripcions:
• Ilimitadas y gratuítas en las categorías menores. (Pulgas ata xuveniles)
• A partir de la categoría promesas se establece un límite de 400 atletas. (5€)
• Páxina web LAPTIME.ES: https://laptime.es/carreras/carreira-popular-festas-do-monte-2019/
• Oprazo péchase o día 3 a partir das 19 horas. Non se inscribirá ningún atleta fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes. Todas as persoas que non aparezan o venres 02 de Agosto nos listados definitivos da web da empresa encargada da cronometraxe, non estarán correctamente inscritas. A forma de pago pola web é a través dunha pasarela de PAGO SEGURO.Non se aceptarán inscricións fora de prazo, o día da carreira ou sen tódolos datos obrigatorios


5. A secretaría estará na alameda de A Guarda.

6. Recollida dorsais: Os dorsais poderanse recoller o sábado, día 3, dende as 11:00h ata as 13:00 horas e dende as 17:00h ata media hora antes do inicio da carreira, na Alameda da Guarda, a carón da saída e meta da proba. Os atletas participantes estarán colocados 5´antes da saída da súa proba.

7. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

8. O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados. Se ben porán tódolos medios dos que se dispoñan para solucionar os imprevistos que poidan xurdir durante a proba. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para os participantes da proba.

9. Descalificacións: Será motivo de descalificación directa, correr sen dorsal ou sen chip, suplantar a un corredor ou falsificar os datos da inscrición. Dorsal e chip: Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización,quedando prohibido dobralo ou cortalo. Queda prohibido a manipulación do chip.

10. Establécense as seguintes categorías:
- Pulgas (masculino e feminino): nados entre 2014-2019.
- Prebenxamín (masculino e feminino): nados entre 2012/2013.
- Benxamín (masculino e feminino): nados entre 2010/2011.
- Alevín (masculino e feminino): nados entre 2008/2009.
- Infantil (masculino e feminino): nados entre 2006/2007.
- Cadete (masculino e feminino): nados entre 2004/2005.
- Xuvenil (masculino e feminino): nados entre 20002/2003.
- Promesa (masculino e feminino): nados entre 1997 ata 2001.
- Senior (masculino e feminino): nados entre 1996 e ata 34 anos.
- Máster A (masculino e feminino): dende os 35 a 44 anos.
- Máster B (masculino e feminino): dende os 45 ata os 54 anos
- Máster C (masculino e feminino): a partir dos 55 anos.
Horario aproximado:
Orden de las pruebas y horario:

19:00 h:
INFANTILES MULLERES e HOMES 2006/2007 2.000 m – 2 V
CADETES MULLERES e HOMES 2004/2005 2.000 m – 2 V
XUVENILES MELLERES e HOMES 2002/2003 2.000 – 2 V

19:10 h:
ALEVINS MULLERES e HOMES 2008/2009 1.000 m

19:20 h:
BENXAMÍNS MULLERES e HOMES 2010/2011 600 m

19:25 h:
PRE-BENXAMINS MULLERES 2012/2013 400 m

19:30 h:
PRE-BENXAMINS HOMES 2012/2013 400 m

19:35 h:
PULGAS HOMES 2014/2019 100 m

19:40 h:
PULGAS MULLERES 2014/2019 100 m

19:50 h: 7.339m (1Vuelta ao monte Trega) 100% asfalto
PROMESAS MULLERES e HOMES 97/98/99/2001
SENIOR MULLERES e HOMES 1996 ata veterano
VETERANOS HOMES – A 35 a 44 años
VETERANOS HOMES – B 45 a 54 años
VETERANOS HOMES – C 55 años y más
VETERANAS MULLERES – A 35 a 44 años
VETERANAS MULLERES -B 45 a 54 años
VETERANAS MULLERES - C 55 años y más


11. Premios: haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da xeral, para os tres primeiros de cada categoría, tanto en categoría masculina como femenin, agás en pulgas que todos levarán medalla. Os trofeos non serán acumulativos.

12. Reclamacións: Polo seu carácter estritamente deportivo e popular non se admitirán reclamacións.

13. Servizos de vestiarios e duchas no Pavillón Municipal da Sangriña.
Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes

14. Avituallamento líquido esólido en Meta e líquido no km 5,200.

15. Circuítos:
Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro e Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada.
O avituallamento estará en Camposancos aproximadamente no km 5.2 km.
Os participantes deberán estar na liña de meta 10 minutos antes da hora fixada para a saída da proba.

16. AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do atletismo popular.

17. A participación nas carreiras populares implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mellora. Todo o non previsto polo presente Regulamento resolverase segundo o criterio da organización.

18. Conforme á L.O. 15/1999, os datos persoais recollidos pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Sociedade atlética do Trega a finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a proba así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á a Sociedade atlética do Trega.

19 Autorízase a organización para a utilización de calquera imaxe obtida durante a proba en publicacións, carteis e medios dixitais.
21. Premio especial (30€) ao corredor e corredora máis rápido na volta ao monte (7.339m),sempre e cando supere no apartado masculino a marca de 22´12" e no apartado femenino 26´25"