Calendario
Ver carrera

Cuntis

07/07/2019 9:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción Regulamento do VII Trail Vila de Cuntis
1. A carreira celebrárase o día 7 de xullo de 2019 con saída e chegada na Praza das
Árbores no Concello de Cuntis, e rexérase polo presente regulamento. A saída será ás
9:00 horas.
2. A proba terá un recorrido aproximado de 27 Km e discurrirá por parte dos montes de
Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, Mesego, A Hermida, Sevil,
Cequeril e Vilar de Mato, acumulando un desnivel positivo de 1560 metros
aproximadamente.
3. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos,
hasta un máximo de 300 participantes, repartidos nas seguintes categorías:
- Absoluta (masculino e feminina)
- Veteranos 45 ou máis.
- Veteranas 40 ou máis.
4. INSCRICIÓNS: Desde o 29 de abril ata o 4 de xullo na plataforma de Galitiming.
5. PREZO: O importe da inscrición é de 10 € ata ás 00.00 horas o día 15 de xuño. Do
día 16 de xuño ata o 4 de xullo incrementarase o prezo en 5 € para todos os corredores.
Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de
responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, aloxamento no
pavillón municipal de Cuntis, comida postcarreira e cantos obsequios ou regalos poida
conseguir a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O recorrido estará sinalizado con bandeirolas de
cor amarelo e vermello e cinta de plástico de cor azul e branco, sendo obrigatorio o paso
polos controis establecidos.
7. TEMPOS DE PASO: Os/as participantes que sobrepasen as 2 horas e 30 minutos no
paso polo Alto do Cadavo (km 14 aproximadamente), deberán retirarse da proba no
seguinte punto de avituallamento, xa que nin a organización nin os servizos de
asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os 'Corredores Escoba' ou o
responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a si
o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella. O/A corredor/a que se
retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ao control máis próximo e facer
entrega do dorsal.
8. AVITUALLAMENTOS: Existirán 4 avituallamentos líquidos e sólidos máis o de
meta.
9. PREMIOS: Entregarase un trofeo aos tres primeiros de cada categoría e un premio
para o mellor equipo. Para esta clasificación por equipos, teranse en conta os tempos
dos 5 primeiros clasificados de cada equipo (mulleres ou homes) que participen no trail
longo.
10. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente
regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno,
non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
11. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se
as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
12. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as
normas de circulación nos cruces de carretera.
13. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos
corredores en moto, bicicleta, quad por todo o circuito.
14. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así
como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á
organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non
contemplado neste regulamento, a proba basarase nos regulamentos da Federación de
Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada
(FEDME).
PROTECCIÓN DE DATOS
Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos
seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados
oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de
información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que
as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en
calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do
evento.
Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa
inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é
responsable CdM Xesteiras. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación,
cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de
decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.
Regulamento do V mini Trail Vila de Cuntis
1. A carreira celebrárase o día 7 de xullo de 2019 con saída e chegada na Praza das
Árbores do Concello de Cuntis, e rexérase polo presente regulamento. A saída será ás
9:00 horas.
2. A proba terá un recorrido aproximado de 17 km e discurrirá por parte dos montes de
Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, A Hermida, Cequeril, Sevil e
Vilar de Mato, acumulando un desnivel positivo de 750 metros aproximadamente.
3. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos,
hasta un máximo de 300 participantes. Os menores de idade deberán ir acompañados
por unha persoa maior que se fará responsable de dito menor, que en todo caso deberá
estar previamente inscrito.
4. INSCRICIÓNS: Desde o 29 de abril ata o 4 de xullo na plataforma de Galitiming.
5. PREZO: O importe da inscrición é de 10 € ata ás 00.00 horas o día 15 de xuño. Do
día 16 de xuño ata o 4 de xullo incrementarase o prezo en 5 € para todos os corredores.
Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de
responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, aloxamento no
pavillón municipal de Cuntis, comida postcarreira e cantos obsequios ou regalos poida
conseguir a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O recorrido estará sinalizado con bandeirolas de
cor amarelo e vermello e cinta de plástico de cor azul e branco, sendo obrigatorio o paso
polos controis establecidos.
7. AVITUALLAMENTOS: Existirán: 2 avituallamentos líquido/sólidos ademáis do de
meta.
8. PREMIOS: Entregáranse trofeos aos 3 primeiros homes clasificados e ás 3 primeiras
mulleres clasificadas do Mini Trail.
8. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento,
non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu
dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
9. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se
as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
10. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as
normas de circulación nos cruces de carretera.
11. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos
corredores en moto, bicicleta, quad por todo o circuito.
12. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así