Calendario
Ver carrera

Santa Comba

21/04/2019 10:30 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO «CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA 2019»
Páx 1 de 4
A Carreira Pedreste «Clásica Gandeira de Santa Comba» é unha iniciativa do Concello de
Santa Comba, a través da súa Concellería de Deportes, que ten por obxectivo fomentar a
práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable e, a
través do pedestrismo, dar visibilidade ao sector da gandería da Terra do Xallas.
As probas levaranse a cabo o domingo 21 de abril a partir das 10:30 horas. As mesmas
rexeranse polo seguinte regulamento:
Artigo 1. Participación.
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición no tempo
e prazo preciso, e sempre que entren dentro do rango de idades establecido para as categorías
establecidas no presente regulamento. O control da proba estará baixo a supervisión do Comité
de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 2. Categorías de competición.
Estableceranse as seguintes categorías de competición, tanto masculinas como femininas:
CATEGORÍAS ANOS DE NACEMENTO/IDADE
Pitufas/as Nadas/os en 2012 e posteriores
Sub 10 Nadas/os en 2010 e 2011
Sub 12 Nadas/os en 2008 e 2009
Sub 14 Nadas/os en 2006 e 2007
Sub 16 Nadas/os en 2004 e 2005
Sub 18 - Sub 20 Nadas/os entre 2000 e 2003
Senior Nadas/os en 1999 ata máster
Máster 1 De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba
Máster 2 De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba
Máster 3 De 55 anos cumpridos o día da proba en
adiante
Artigo 3. Horarios de competición.
Estableceranse os seguintes horarios para as diferentes carreiras, tanto masculinas como
femininas:
HORARIO PROBA DISTANCIA
10:30 h CARREIRA -> SUB 10-SUB 12 1 km aprox.
10:45 h CARREIRA DE 3 K -> (de SUB 14 a Máster) 3 km aprox.
11:25 h CARREIRA DE PITUFOS/AS 300 m aprox.
11:30 h CARREIRA DE 10 K -> (De sub 18-Sub 20 a Máster) 10 km aprox.
12:30 h ENTREGA DE PREMIOS
Artigo 4. Lugar de SAIDA/META das probas
O lugar de saída para as distintas probas, será desde a Avenida Alfonso Molina, diante da Casa
de Cultura, situada en Santa Comba (capital municipal).
Artigo 5. Descrición dos percorridos das diferentes categorías.
CIRCUITOS POR CATEGORIAS:
1.- Circuito de 10k; lonxitude aproximada de 10 km. O percorrido ten superficie mixta, un 70%
asfalto e 30% terra. Percorre zonas de especial interese gandeiro, incluso, atravesando unha
explotación situada do lugar de Alvarín (Alón);
2.- Circuito 3k; lonxitude aproximada de 3 km, con superficie de asfalto. Os corredores
completarán unha volta.
3.- Circuito Sub 10 – Sub 12: Lonxitude aproximada 1 km, con superficie de asfalto 100%.
4.- Circuito Pitufos/as: Lonxitude aproximada 300m, con superficie total de asfalto 100%.
Artigo 6. Inscricións. Prezos e prazos.
A inscrición da proba poderase realizar de 2 xeitos diferentes:
ONLINE: a través da páxina web www.emesport.es.
O prazo de inscrición rematará o xoves 18 de Abril de 2019 ás 23:59 horas. Non se aceptará
ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.
PREZOS DA INSCRICIÓN
PROBA DISTANCIA
CARREIRA -> SUB 10-SUB 12 GRATUITO
CARREIRA DE 3 KM aprox. -> (SUB 14 E 16) GRATUITO
CARREIRA DE 3 KM aprox. -> (de SUB 18 a Máster) 4 €
CARREIRA DE 10 KM aprox. -> (de SUB 18 a Máster) 7 €
Artigo 7. RECOLLIDA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba nunha carpa situada na casa do de Cultura do Concello de Santa
Comba a partir das 9:00 horas da data da proba e ata media hora antes do inicio de cada proba.
Artigo 8. CONTROL CON CHIP.
As proba de adultos estarán controladas a través dun CHIP DESECHABLE que se entregará a
cada corredor no momento da recollida do dorsal e que NON SERÁ NECESARIO DEVOLVELO.
Non se poderá manipular nin arrancar do dorsal de competición.
Artigo 9. PREMIACIÓN.
Ao remate das probas realizarase un acto de entrega de trofeos e medallas aos seguintes:
PREMIOS “CLÁSICA GANDEIRA”:
✓ Trofeos para as/os tres primeiras/os clasificados das categorías Pitufo/a, Sub 10 e
Sub 12.
✓ Trofeos para as/os gañadoras/es absolutos da proba de 3 K.
✓ Medallas para as/os gañadoras/es de cada categoría establecida na proba de 3 K, de
sub 14 a Máster.
✓ Trofeos para as/os gañadoras/es absolutos da proba de 10 K.
✓ Medallas para as/os gañadoras/es de cada categoría establecida na proba de 10 K,
de Sub 18 – Sub 20 a Máster.
✓ Trofeo para a/o primeira/o corredor/a local das probas de 3 K e 10 K.
✓ Trofeos para os 3 primeiros clubes federados da carreria de 10 K.
✓ Premios económicos de 200 €, 125 €, 75 € e 50 € aos 4 primeiros clubs federados da
Carreira de 10 K*.
*A premiación de clubes federados establecerase a través da suma dos postos das/dos 8
primeiras/os corredoras/es chegados/as a meta de cada club. Os equipos poderán ser
mixtos.
OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGÁS OS CORRESPONDENTES AOS
CORREDORES LOCAIS DAS PROBAS DE 3 E 10 K.
Artigo 9. SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS.
Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal de Santa Comba sito a 300 metros da liña
de meta.
- Horario de apertura: de 11:00 h a 14:00 h.
Artigo 10. Avituallamento.
Haberá servicio de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na zona de meta por cortesía das
entidades colaboradoras. Na proba de 10 K establecerase un punto de avituallamento na metade
do percorrido.
Artigo 11. Responsabilidade e reclamacións.
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais que a si mesmo ou a outras
persoas ocasionen os participantes desta proba.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da proba (o que designe o comité
galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo) non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias o requiren
(informando previamente)
Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo a normativa en vigor
da RFEA e FGA para probas en ruta da tempada 2018/2019.
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO:
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta normativa e,
en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela, resolveranse de acordo coas
disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as regras da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e, a través
da súa inscrición, o corredor autoriza expresamente que os seus datos básicos sexan
transferidos a esta entidade para a tramitación, antes da compañía de seguros, do seguro
obrigatorio de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e o
ranking popular de probas de estrada. En calquera caso e conforme establecido pola Lei de
Protección de Datos, o interesado poderá exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Esta proba disporá dos seguros e servicios sanitarios requirido nas normativas vixentes.

[ Go Back ]