Calendario
Ver carrera

Ourense

10/03/2019 11:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción SOY LIBRE PARA CORRER OURENSE
Soy Libre para Correr, é una carreira que nace co desexo de fomentar o deporte
inclusivo, escapando dos distintos roles de xénero na actividade deportiva, deporte en
igualdade de condicións, sobre todo no senso da confianza e da seguridade no uso os
espazos públicos, sen medo e sen complexos.
Polo tanto é unha convocatoria para as persoas ás que lles apasiona correr e facer
deporte, sobre todo nos nosos espazos naturais da cidade de Ourense.
O nome da carreira, aproveita o nome acuñado polo grupo de corredoras do BOX001,
“Soy Libre para Correr”, nun acto público de repulsa o asesinato de Laura Luelmo, e
que congregou de xeito espontáneo a centos de corredoras e corredores da cidade,
reclamando non ter medo á hora de facer deporte.
Nun chamamento a tódalas e tódolos runners do nivel que sexa, o evento será gratuito e
non competitivo, o vindeiro domingo día 10 de marzo de 2.019.
A organización corre a cargo do clube deportivo Box001, co apoio do Concello de
Ourense.
1. ORGANIZA: Club Box001 RunManiak Ourense
2. DATA: Domingo 10 de marzo de 2019 a partires das 11:00h
3. LUGAR: Saída e meta na Praza Maior de Ourense
4. DIA – HORA: Domingo 10 de marzo de 2019 as 11:00h
5. INFORMACIÓN E CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO:
Percorrido cortado o tráfico e debidamente sinalizado
A carreira percorre as zonas xenlleiras da cidade sobre uns 5 km con saída da Praza
Maior discorrendo polas rúas seguintes: Avda. Pontevedra, Desengano, Praza de
Abasto, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pardo de Cela, Paseo do Barbaña (ribeira
oposta), Portocarreiro, Pura y Dora, Carriarico, Burgas, Bailén Colón, 2 de maio, Julio
Prieto Nespereira, Praza de San Cosme, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardenal
Cisneros, Hornos, Praza do Ferro, Sto. Domingo, Bedoia, Paseo, Lamas Carvajal e
chegada en Praza Maior onde situarase meta e avituallamentos.
6. INSCRICIÓN E PREZOS:
Inscripción gratuíta
O prazo de inscrición abrirase o 22 de febreiro e será ata o xoves 7 de Marzo as 23:59h.
Disponibles en www.championchipnorte.com
7. IDADES
Serán admitidos corredores nados a partir do 1 de Xaneiro de 2007. Os menores de
idade deberán inscribirse co permiso dos seus país ou titores legales.
8. RECOLLIDA DE DORSAIS: Praza Maior de Ourense entre as 9 e as 10:45 h do
domingo 10 de marzo.
9. TROFEOS E AGASALLOS DA CARREIRA:
Carreira non competitiva e sen trofeos
10. DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
Os menores inscribiranse na web www.championchipnorte.com, aportando (requisito),
os datos dun titor legal ou presentando que fará a inscripición do menor.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que
a continuación se expoñen:
6.1. As persoas atletas inscritas declaran que están en bo estado físico e teñen pasado os
pertinentes recoñecementos de saúde.
6.2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá
facelo constar no reverso do dorsal da proba.
6.3. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do
deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa
solicitude expresa por escrito

[ Go Back ]