Calendario
Info da proba

O Pino

11/05/2019 19:00 - 21:00
Regulamento XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O
PINO 2019
O Concello de O Pino celebra a décimo sexta edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 11 de
maio de 2019 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela)
baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence
ao VII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán
suxeitas ó seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control
da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA IDADE
MENORES
Sub 6 Nados/as en 2014 e anteriores
Sub 8 Nados/as en 2012-2013
Sub 10 Nados/as en 2010-2011
Sub 12 Nados/as en 2008-2009
Sub 14 Nados/as en 2006-2007
Sub 16 Nados/as en 2004-2005
Sub 18 Nados/as en 2002-2003
ADULTOS
Sub 20 Nados/as en 2000-2001
Sub 23 Nados/as en 1997-1998-1999
SENIOR Nados/as en 1996 ata 1985
MASTER 1 Nados/as en 1984 ata 1979
MASTER 2 Nados/as en 1978 ata 1970
MASTER 3 Nados/as en 1969 ata 1960
MASTER 4 Nados/as a partir do ano 1959
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
19:00 h SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER (M/F) 8100 m aprox..
(1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
19:50 h SUB 16 e SUB 18 (M/F) 3186 m aprox.
(1 Volta Grande)
20:15 h SUB 14 (M/F) 1928 m aprox.
(1 Volta Mediana)
20:35 h SUB 12 (M/F) 1000 m aprox.
(1 Volta Pequena)
20:45 h SUB 10 (M/F) 1000 m aprox.
(1 Volta Pequena)
20:55 h SUB 8 (M/F) 500 m aprox.
(1 Volta Prebenxamín)
21:05 h SUB 6 (M/F) 300 m aprox..
(1 volta ó circuito pitufo)
XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O
PINO 2019
21:30 h ENTREGA DE TROFEOS CENTRO SOCIOCULTURAL
LUIS SEOANE
4. INSCRICIONS
› PROBAS ESCOLARES (de sub 6 a sub 18).
Poderán realizarse a través da páxina web www.emesports.es, rellenando os datos solicitados
nos campos dos formularios de inscrición.
Teléfono de información: 981 511002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.
› CATEGORIAS DE ADULTOS (de sub 20 a máster).
As inscricións realizaranse a través da web www.emesports.es. O prezo da inscrición será de 5
€ que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal efecto.
Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 511 002
ou 654 285 692 en horario: 10:00 - 15:00 horas de luns a venres.
› INSCRICION POR CLUBES
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitir un correo electrónico a dirección santiago@atletsimo.gal cos datos
do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de
Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO
NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os
atletas das categorías SUB 20, SUB 23, SENIOR e MÁSTER. Excepcionalmente poderá
solicitarse no email deportes@opino.gal a participación de atletas da categoría SUB 18, os
cales Terán que renunciar a participación na proba da súa categoría.
Admitiranse inscricións ata o mércores 8 de maio ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS
FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA
COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó
polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.
5. PREMIOS
› Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes) agás na
categoría biberón que non haberá clasificación nin premios.
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (SUB 20, SUB 23,
SENIOR e MASTER).
XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O
PINO 2019
› Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios
medios e sen axudas externas.
› Trofeos para os 3 primeiros classificados/as empadroados no Concello de O Pino da proba absoluta.
› Trofeo para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
› Trofeo para o clube e entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
› Agasallo técnico, bebida e avituallamento sólido para todos/as os/as participantes.
› Medalla para o primeiro/a clasificado local das categorías escolares (de sub 8 a sub 18 incluido) e
para tódolos participantes das categorías sub 6 a sub 12.
Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes ós atletas locais.
PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a proba ABSOLUTA)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino: 200 € 1º Clube federado femenino: 200 €
2º Clube federado masculino: 100 € 2º Clube federado femenino: 100 €
3º Clube federado masculino: 75 € 3º Clube federado femenino: 75 €
A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a líña de
meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o
equipo que mellor clasifique o seu 8º compoñente. Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos,
pero non poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que
terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto
da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros
clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores
terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.
6. PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de
XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O
PINO 2019
acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE CAMPO A
TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2018-2019”. Máis información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf
7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non
máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente
regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da FGA, e RFEA en vigor.
8. Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal (fronte o CENTRO SOCIOCULTURAL LUIS
SEOANE), e no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para
a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil
así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece
a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.