Calendario
Info da proba

Vimianzo

31/03/2019 11:00 - 13:00
Regulamento . CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS.
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Sénior 10K Masculino 1980-2001 8.000 - 10.000 m. 11h
Feminino
Veteranos M40 Masculino 1970-1979 8.000 - 10.000 m. 11h Feminino
Veteranos M50 Masculino 1969 (incluído) e anteriores 8.000 - 10.000 m. 11h Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
2001 (incluído) e anteriores 3500 m. (aprox.) 12´15h Feminino
Xuvenil* Masculino 2002-2003 3500 m. (aprox.) 12´17h Feminino
Cadete Masculino 2004-2005 3500 m. (aprox.) 12´17h Feminino
Infantil Masculino 2006-2007 3500 m. (aprox.) 10´47h Feminino
Alevín Masculino 2008-2009 600 m. (aprox.) 12´50h Feminino
Benxamín Masculino 2010-2011 600 m. (aprox.) 13´00h Feminino
Pitufo Mixto 2012– 2016(ambos incluídos) 150-300 m. (aprox.) 13´10h
* Os/as atletas de categoría xuvenil poderán optar a correr na categoría superior (absoluta en 3K e
sénior en 10K) sempre que o fagan constar á hora de facer a inscrición. O feito de correr en categoría
sénior (10K) ou absoluta (3K Contra o Cancro) implicaría que non poderían optar á clasificación e
premios da categoría xuvenil.
Así mesmo, implicaría que deberían pagar a correspondente inscrición (8€ + 1€ por inscrición de
carreira, ou 30€ + 10€ por inscrición de Circuíto), terían dereito á camiseta conmemorativa de cada
carreira, e poderían participar na competición de equipos.
Percorrido 10K das categorías sénior, M40, M50 e adaptada: 10.000 metros (Dúas voltas)
CIRCUÍTO HOMOLOGADO POLA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO.
ión rematará o mércores día 6 de marzo de 2019 ás 23:59 horas. A partir de
dita data non se poderán realizar máis inscricións por equipos e tampouco se poderán facer
modificacións nos integrantes dos equipos.
9.5 Para poder optar ao premio económico terá que haber un mínimo de 3 equipos na categoría.
De non ser así, o equipo poderá competir e recibirá o trofeo que o acredita como campión da súa
categoría na gala final, pero non recibirá premio económico. Considerarase a un equipo como
inscrito dende o momento en que tres dos seus compoñentes (como mínimo) puntúen na primeira
carreira do Circuíto.
9.6 Sistema de puntuación:
9.6.1 Para poder puntuar todos os atletas do equipo deberán correr e rematar 3
carreiras do circuíto como mínimo.
9.6.2 Para poder puntuar nunha carreira deberán participar e rematar un mínimo de
3 atletas do equipo, independentemente do xénero. Se non logran rematar un mínimo
de tres corredores, os non chegados consideraranse como últimos clasificados e
puntuarán como tales.
9.6.3 O sistema de puntuación establecerase segundo os seguintes baremos:
Posto de chegada a meta Número de atletas chegados á meta
Puntuarán os 5 primeiros/as atletas do
equipo que entren en meta en función
da súa clasificación por sexo (masculino
ou feminino)
3 chegados á meta 6 puntos
4 chegados á meta 10 puntos
5 chegados á meta 15 puntos
6 chegados á meta 16 puntos
A puntuación por posto de chegada sairá
da suma dos postos de chegada de cada
7 chegados á meta 17 puntos
8 chegados á meta 18 puntos
IX CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE VIMIANZO
VI Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 11
atleta puntuable do equipo segundo o
seu xénero
9 chegados á meta 19 puntos
10 chegados á meta 20 puntos
9.6.4 A puntuación total do equipo calcularase segundo a seguinte fórmula: suma
dos puntos por posto (ata os 5 primeiros) / puntos número de chegados.
EXEMPLO PRÁCTICO
Equipo A: 6 chegados nos postos 10 masc + 20 masc + 21 masc + 5 fem + 10 fem + 15 fem
Puntos por posto de chegada a meta: 60
Puntos por chegados á meta: 16
Puntos do equipo: 60/16 = 3,75 puntos.
Neste exemplo práctico tomamos a referencia de clasificación dos dous primeiros
masculinos (postos 10 e 20) e as tres primeiras femininas (postos 5, 10 e 15) para facer a
suma dos puntos por chegados.
10. SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
10.1. Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir
suxeito aos cordóns das zapatillas).
10.2. Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás
pitufo.
10.3. Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
10.4. O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará
na clasificación do circuíto.
10.5. O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
10.6. O horario de apertura das mesas, no mesmo día da proba, para a recollida de dorsais será
dende as 9h na Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do
inicio de cada proba.
10.7. Os corredores de circuíto 10K ou 3K Contra o Cancro deberán usar obrigatoriamente o
“chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto.
10.7.1. Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do
circuíto na que participen os inscritos, no lugar habilitado para tal efecto.
10.7.2. No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de
Championchip.
10.7.3. No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. No
suposto de ter que solicitar un terceiro dorsal, dito dorsal correrá a cargo da persoa
participante e deberá facer o abono a Championchip.
10.8. Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores (os de circuíto e carreira)
usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao remate da mesma. Estes
corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado para tal
efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
IX CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE VIMIANZO
VI Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 12
10.9. Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando
todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
11. CARREIRA 3K CONTRA O CANCRO
Na 6ª edición do Circuíto seguiremos colaborando coa
Asociación Provincial Contra o Cancro. Deste xeito a
recadación obtida para tal fin será entregada a dita
asociación cando remate do circuíto, na gala de entrega de
trofeos.
Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa
Asociación Provincial contra o Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo
inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com, dentro de
cada unha das probas que compoñen o circuíto.
12. CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS DE CARREIRA
12.1. Clasificacións da proba 10K:
12.1.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
12.1.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en
cada unha das categorías (sénior, M40, M50), independentemente da súa condición de
corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
12.1.3. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio como gañadores absolutos o gañador
e a gañadora da carreira 10K, independentemente da súa categoría.
12.1.4. Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do
concello organizador.
12.1.5. Os equipos só recibirán trofeo e/ou medalla na gala final.
12.2. Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro:
12.2.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
12.2.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en
cada unha das categorías Absoluta (nados en 2001 ou antes), Xuvenil, Cadete e Infantil
independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
12.3. Clasificacións da proba Benxamín e Alevín:
12.3.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
12.3.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en
cada unha das categorías Benxamín e Alevín.
12.4. Medallas conmemorativas:
12.4.1. Ademais nas categorías Pitufo, Benxamín e Alevín, recibirán medalla conmemorativa
todos os participantes en ditas probas.