Calendario
Ver carrera

A Pobra

19/05/2019 10:30 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción TRAIL SERRA DO BARBANZA.
VII CARREIRA DE MONTAÑA “CONCELLO DA POBRA DO
CARAMIÑAL”
CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO 2019
O Concello de A Pobra do Caramiñal, a Asociación de Deportes e Atletismo do Barbanza e a
Federación Galega de Atletismo, organizarán o domingo 19 de maio de 2019 o Trail Serra do
Barbanza, VII Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal que será a súa vez
CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E DAS CATEGORÍAS SUB 20, SUB 23 e MASTER DE TRAIL
2019.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do
Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
A proba rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGAR DE SAÍDA e META
O Trail Serra do Barbanza terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAIDA META
10:30 h TRAIL MINI 16,7 km aprox.
Mirador da
Curotiña
Mirador da
Curotiña
10:30 h TRAIL 23,3 km aprox.
Mirador da
Curotiña
Mirador da
Curotiña
10:30 h
CAMPIONATO
DE GALICIA
DE TRAIL
23,3 km aprox.
Mirador da
Curotiña
Mirador da
Curotiña
Ubicación do lugar de SAÍDA da proba: https://goo.gl/maps/pRa57qi4eJ12 .
Os participantes tanto na modalidade de MINI - TRAIL como na modalidade de TRAIL terán que
presentarse no lugar de saida coa suficiente antelación para recoller os dorsais de competición e
pasar a correspondente CÁMARA DE CHAMADAS (só participantes no Campionato de Galicia de
TRAIL).
O CAMPIONATO DE GALICIA CELEBRARASE NA DISTANCIA DE TRAIL (23,3 KM APROX.)
Artigo 2. CATEGORÍAS e IDADE MÍNIMA DE PARTICIPACIÓN
TRAIL – MINI e TRAIL
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS MODALIDADES DE TRAIL – MINI E TRAIL
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
SENIOR MASC/FMNO De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster
MASTER 1 MASC/ FMNO Nados entre 1979 e 1984
MASTER 2 MASC/ FMNO Nados entre 1970 e 1978
MASTER 3 MASC/ FMNO Nados en 1969 e anteriores
ABSOLUTA MASC/FMNO Calquera das categorías anteriores
AS CATEGORÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL SERÁN AS OFICIALMENTE ESTABLECIDAS
NA CIRCULAR DO CAMPIONATO -> https://atletismo.gal/circulares/
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes
inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Runnning que incluirá un seguro de
accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de
atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas federados polo deporte do
atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licencia. Para o resto de participantes
suscribirase un seguro licenza de día.
Artigo 4. DISTANCIAS E DESNIVEIS
❖ DISTANCIAS:
Trail - Mini: 16,70 km aprox.
Trail: 23,30 km aprox.
❖ DESNIVEL POSITIVO:
Trail - Mini: 800 m aprox.
Trail: 1300 m aprox.
❖ DESNIVEL ACUMULADO:
Trail - Mini: 1605 m aprox.
Trail: 2635 m aprox.
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
❖ APERTURA DE INSCRICIONS: luns 15 de abril as 12.00 h
❖ PECHE DE INSCRICIONS: mércores 15 de maio ás 23.59 h
❖ PREZOS DA INSCRICION:
TRAIL - MINI: 10 €
TRAIL: 15 €
❖ Para os participantes no Campionato de Galicia de TRAIL 2019 pecharase o prazo de
inscrición o martes 14 de maio ás 20.00 horas.
Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais tanto para a Trail - Mini como para o Trail poderán recollerse a partir das 09.00 horas no
lugar de SAIDA das probas.
Artigo 7. PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos, tanto para o Trail – Mini como para o Trail:
▪ Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente
reglamento.
▪ Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail - Mini e Trail.
▪ AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail - Mini como
no Trail (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes da saida das probas).
▪ Medallas no Campionato de Galicia segundo Circular ( https://atletismo.gal/circulares/ ).
__________________________________________________________________________________
A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas no lugar de Saída / Meta das Probas
PREMIOS ECONÓMICOS PARA EQUIPOS
DISTANCIA MINI - TRAIL
EQUIPOS EQUIPOS MIXTOS IMPORTE PREMIO
TRAIL
1º EQUIPO CLASIFICADO 125,00 €
2º EQUIPO CLASIFICADO 100,00 €
3º EQUIPO CLASIFICADO 75,00 €
DISTANCIA TRAIL
EQUIPOS EQUIPOS MIXTOS IMPORTE PREMIO
TRAIL
1º EQUIPO CLASIFICADO 150,00 €
2º EQUIPO CLASIFICADO 110,00 €
3º EQUIPO CLASIFICADO 90,00 €
• PREMIOS ESPECIAIS A CLUBES NAS DISTANCIAS TRAIL – MINI E TRAIL: Darase trofeo aos 3
primeiros equipos tanto federados como populares (deberán inscribirse coa mesma
denominación e igual indumentaria) e premio en metálico aos 3 primeiros clubes das
clasificacións do Trail – Mini e Trail.
Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos
seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do
equipo. Os equipos poderán ser mixtos.
OS ATLETAS QUE PARTICIPEN NO CAMPIONATO DE GALICIA NON PODERÁN OPTAR A
NINGÚN TIPO DE PREMIO, NIN SUMAR POSTOS PARA A CLASIFICACIÓN DOS SEUS EQUIPOS
OU CLUBES DO TRAIL - MINI E TRAIL SE NON FAN O ABONO DA COTA DE INSCRICIÓN.
Artigo 8. TRACK DAS RUTAS:
TRAIL - MINI: PROXIMAMENTE
TRAIL: PROXIMAMENTE
Artigo 9. SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas instalación do Concello da Pobra do
Caramiñal, polideportivo de A Tomada.
Aquí tendes o Link coa ubicación da instalación:
https://goo.gl/maps/whYEbue58u92
Artigo 10. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento no Trail – Mini e 3 no Trail. Será Recomendable levar
avituallamento persoal ou mochila de hidratación:
AVITUALLAMENTO 1 (común): LÍQUIDO e SOLIDO KM 8 APROX.
AVITUALLAMENTO 2 (só TRAIL): LÍQUIDO KM 16 APROX.
AVITUALLAMENTO META (común): LÍQUIDO E SÓLIDO META.
Artigo 11. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde de 30’
despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas
de Trail Running.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes
por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa
responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en
condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A
organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias
inherentes á proba.
LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet oficiais.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a
súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de Trail
running. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer
no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

[ Go Back ]