Calendario
Ver carrera

Ourense

23/06/2019 18:00 - 20:00

[ Go Back ]

Descripción OURENSE MILLA SOLIDARIA 2019
REGULAMENTO
ARTIGO 1 – ORGANIZACIÓN
O Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do
Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza
a Ourense Milla Solidaria 2019, que se celebrará en Ourense o sábado, 22 de xuño
de 2019.
Ourense Milla Solidaria 2019 é unha carreira pedestre de carácter popular e solidario,
o recadado en concepto de inscricións será doado integramente á “Cruz Vermella
Ourense”.
Ourense Milla Solidaria 2019 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo
comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto
homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla,
1.609,35 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a
categoría.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da
Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo.
ARTIGO 2 – PARTICIPANTES
Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares.
ARTIGO 3 – CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías:
 Pitufos. Nados no ano 2012 e posteriores.
 Sub10. Nados nos anos 2010 e 2011.
 Sub12. Nados nos anos 2008 e 2009.
 Sub14. Nados nos anos 2006 e 2007.
 Sub16. Nados nos anos 2004 e 2005.
 Sub18. Nados nos anos 2002 e 2003.
 Sub20. Nados nos anos 2000 e 2001.
 Sub23. Nados nos anos 1997, 1998 e 1999.
 Senior. Nados nos anos 1996 e anteriores ata Máster.
 Máster. A. De 35 a 44 anos. B. De 45 a 54 anos. C. De 55 a 64 anos. D. >65
ARTIGO 4 – DISTANCIAS E HORARIOS
18:00 Sub18 – Sub20 H Milla 1.609,35 m.
18:10 Sub18 – Sub20 M Milla 1.609,35 m.
18:20 Sub14 – Sub16 H ½ Milla 804,67 m.
18:30 Sub14 – Sub16 M ½ Milla 804,67 m.
18:40 Sub10 – Sub12 H ¼ Milla 402,34 m.
18:50 Sub10 – Sub12 M ¼ Milla 402,34 m.
19:00 Pitufos H – M 1/16 Milla 100,58 m.
19:10 Máster B – C – D H Milla 1.609,35 m.
19:20 Máster B – C – D M Milla 1.609,35 m.
19:30 Sub23 – Senior – M A H Milla 1.609,35 m.
19:40 Sub23 – Senior – M A M Milla 1.609,35 m.
A organización poderá modificar o horario e as series, en función do número de
participantes.
ARTIGO 5 – SAÍDA E META
A saída e meta estará situada na rúa do Paseo de Ourense.
ARTIGO 6 – INSCRICIÓNS
As inscricións estarán abertas do 7 de xuño ata o 19 de xuño de 2019 ás 20:30 h. e
realizarase unicamente a través da web https://www.carreirasgalegas.com/.
O custe da inscrición e de 3€ para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Senior e
Máster, importe que irá destinado integramente a “Cruz Vermella Ourense”.
Para o resto de categorías a inscrición será gratuíta. Dado o carácter solidario da
proba, poderán doar unha axuda para Cruz Vermella Ourense mediante o DORSAL 0.
Todas as persoas que desexen contribuír coa causa, pero non desexen realizar a
carreira, a organización ofrece a posibilidade de realizar unha doazón no
DORSAL 0, que irá a parar integramente a Cruz Vermella Ourense. Máis
información e DORSAL 0 en https://www.carreirasgalegas.com/
A participación de atletas doutras federacións autonómicas e estranxeiros rexerase
de acordo co disposto no Regulamento RFEA para as competicións da tempada de
campo a través, marcha, carreiras en ruta, e reunións de pista cuberta e aire libre da
tempada 2018 – 2019.
Calquera atleta que, a sabendas da súa imposibilidade de participar na proba,
proporcione datos erróneos para poder facelo, será descualificado.
ARTIGO 7 – RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba dende as 17:00 h. na
Subdelegación de Defensa en Ourense, sita na rúa do Paseo, 35.
ARTIGO 8 – PREMIOS
Todos/as os/as participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a
súa proba.
Os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría, recibirán unha medalla.
ARTIGO 9 – DESCUALIFICACIÓN
Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a
organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Non se permite a
participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en
ningún momento.
Non está permitido participar con dispositivos reprodutores de música con
auriculares.
ARTIGO 10 – PECHE DE CONTROL
Establécese un tempo máximo de 10 minutos para cada unha das series.
ARTIGO 11 – RECLAMACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro
da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
ARTIGO 12 – ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta
desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados
para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico
durante o desenvolvemento da mesma.
Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde ó mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que
da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais, empregados e demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ARTIGO 13 – ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a
xestión da licenza de día de ránking popular e probas de ruta. En todo caso e tal
como establece a Lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida. de Glasgow, 13, C.P.
15008, A Coruña.

[ Go Back ]