Calendario
Ver carrera

Trail Series-A Pobra

24/02/2019 11:00 - 13:15

[ Go Back ]

Descripción TRAIL DE SAN ISIDRO - A POBRA DO CARAMIÑAL
Quinta oportunidade de correr nunha proba emblemática do Barbanza, na que non só o recorrido coloca aos corredores ao límite da resistencia, senon que tamén os impresiona cas vistas máxicas das gargantas do río Lérez ou o Pedras. A aldea de San Isidro de Posmarcos, xunto cos seus veciños, acollerán cos brazos abertos @s participantes, facéndoos cómplices do evento. Dando folgos ao longo do camiño, e acompañandoos na entrada na meta. Porque si algo ten San Isidro é o ambiente que transmiten as súas xentes.
O recorrido aumenta a distancia con respeto ao ano pasado, e baixa un pouco o desnivel positivo, ainda que a subida ao Salgueiro volve a estar neste novo trazado. Pero despois deste esforzo a metade de carreira, toca baixar ata os meandros do río Lérez e a contorna máxica da Ponte das Taras, que levará de novo aos participantes a chegar a San Isidro non sin pasar antes pola Corredoira das Prejuntas: que as tradicions están para respetalas e mantelas.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Distancia: 13,5 km.
Desnivel+: 722 m+
Hora Saida: 11:00 h.
Tempo Máximo: 2:15 h.
Avituallamento Intermedio: km. 8
Meta Voante: km. 1,7
Lugar de Saida: San Isidro - A Pobra do C.
Prezo: 10 €

[ Go Back ]