Calendario
Info da proba

Cambre-Fundación Adra

14/10/2018 10:30 - 12:30
Regulamento FUNDACIÓN ADRA – Carreira solidaria para as familias desfavorecidas de Cambre

REGULAMENTO

1.-ORGANIZACIÓN

A fundación ADRA en colaboración cos Concellos de Cambre e Culleredo, organizan a segunda
edición da Carreira solidaria para as familias desfavorecidas de Cambre o vindeiro domingo 14 de outubro,
baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A Coruña.
É unha proba incluída no Calendario Oficial da FGA coa distancia non homologada.
A Fundación ADRA (Axencia para o Desenvolvemento e Recursos Asistenciais) con CIF G82262932,
está legalmente recoñecida e inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Sanidade, Servizos
Sociais e Igualdade com o número 28/1142. ADRA pertence á Plataforma Nacional para a Promoción
do Voluntariado.

ADRA Temple iniciou a súa actividade no ano 1997. É unha organización que ao longo dos anos ven
realizando un servizo a favor das familas de Cambre, asumindo e apoiando todas as inicitivas con
fondos propios.

As accións centráronse en atender ás famílias de escasos recursos do Temple proporcionándolles
alimentos e roupa, colabora co Concello de Cambre apoiando ás famílias que son derivadas desde
os servizos sociais.

Co obxectivo de conseguir máis recursos para os máis necesitados, xorde a organización desta
carreira solidaria para poder dotar de mellores servizos e prestacións, tales como poder comprar
alimentos, a organización dunha festa de Nadal e unha festa de Reis para os nenos.
ADRA quere dar as grazas a todos os participantes da edición anterior, xa que coa súa axuda
logrouse alcanzar o obxectivo perseguido.

2.-PARTICIPANTES

A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non, indepentemente da súa
edade cunha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.

3.-LUGAR, HORA DE SAÍDA E CATEGORÍAS

Saída: Desde o paseo marítimo do Temple (Cambre) en fronte ao antigo Centro de Saúde.
O percorrido será ao longo do paseo marítimo do Burgo (Culleredo) e o paseo marítimo do Temple
(Cambre).

CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS

Sub 18 2001 - 2002 10:30 h 5.6 km aprox.
Sub 20 2000 - 1999 10:30 h 5.6 km aprox.
Sub 23-Senior De 1998 ata 34 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 1 Dende 35 anos ata 39 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 2 Dende 40 anos ata 44 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 3 Dende 45 anos a 49 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 4 Dende 50 anos a 59 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 5 Dende 60 anos en adiante 10:30 h 5.6 km aprox.
Sub 16 2004 - 2003 11:30 h 1.640 m aprox.
Sub 14 2006 – 2005 11:30 h 1.640 m aprox.
Sub 12 2008 - 2007 11:45 h 820 m aprox.
Sub 10 2010 - 2009 11:45 h 820 m aprox.
Pequerrecho 2011 e posteriores 11:55 h 100 m aprox.

ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 12:15 horas

4.-INSCRICIÓNS

As inscricións faranse a través da páxina www.carreirasgalegas.com, remantando o prazo ás 23:59 horas do mércores 10 de outubro. Non poderán tramitarse incricións o mesmo día da proba.
As inscricións terán un custo de 7,5€ para as categorías: xuevnil-junior, promesa-senior e
veteranos. As inscricións dos benxamíns, alevíns, infantís e cadetes Terán un custo de 2,5€ mentres
que as incricións dos pequerrechos será gratuita.

A recadación irá destinada a Fundación ADRA, para poder dotar de mellores servizos e prestacións,
tales como poder comprar alimentos, a organización dunha festa de Nadal e unha festa de Reis para
os nenos.

Así mesmo dentro da propia páxina, será posible, colaborar con:

- DORSAL 0: Donativo de 2, 5, 10, 20 ou 50 Euros en colaboración coa Fundación ADRA e non poder
participar na carreira.

- Donativo: Todas aquelas persoas participantes na proba absoluta que desexen realizar un donativo
á Fundación ADRA poderán facelo dentro da propia inscrición da carreira.

A Organización resérvase o dereito para rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida ou de
xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a organización.

5.-RETIRADA DE DORSAIS

A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na secretaría ubicada nas inmediacións da saída
das carreiras, dende as 8:45h ata media hora antes de cada proba. O dorsal estará situado no peito
e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
Entrega de camiseta conmemorativa co dorsal da carreira ata as 600 unidades.

6.-SERVIZOS

A organización dispondrá a asistencia sanitaria con ambulancia. Ó finalizar cada carreira haberá
servicio de avituallamento para cada participante. A proba conta cun seguro de Responsabilidade
Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
O corredor disporá de servizo de duchas e vestiários no Pavillón do Graxal.

7.-TROFEOS E PREMIOS

Os premios serán repartidos da seguinte maneira:

- Medallas conmemorativas para todos/as na categoría pequerrecho e camisetas para o resto de
corredores ata chegar ás 600.
- Trofeos para aos/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como
femeninos dende Sub 10 ata Máster 5.
- Trofeo ao participante máis veterán e ao máis pequeño.
- Bolsa conmemorativa para todos os participantes.

8.-VEHÍCULOS

Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes.

9.-RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpla as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo
e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquer atleta que
manifeste un mal estado físico.

As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da
Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos

10.- OUTROS

ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.

SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores.

Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.