Calendario
Info da proba

Meaño

09/09/2018 11:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO XERAL
A inscrición debe realizarse no prazo sinalado, debendo facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo,
concello, data de nacemento, DNI, teléfono e, se procede, clube.
ATENCIÓN: Inscricións ata o xoves 6 de setembro ás 23.59 horas. En ningún caso se admitirán
inscricions fora de prazo, nin o mesmo día da proba, en ningunha categoría, xa sexa competitiva
ou non. Os chupetes poden facer a inscrición nas oficinas Municipais do Concello de Meaño.
Facilitaráselle a cada participante o dorsal e o chip correspondente á súa categoría. Deberán colocar o
dorsal no peito e o chip na zapatilla, que terá que ser de cordóns.
O chip e o dorsal recolleranse o día da proba na zona de saída/meta (Praza da Feira) entre as 9:00 e as
10.30 h. da mañán (cumprimento estricto de horario).
Dado que o chip e os dorsais son intransferibles, cada quen debe retirar o seu de xeito individual.
Ó longo do percorrido a Organización establecerá os controis que estime oportunos para a entrega de
testemuños ou para seguridade da proba. Estes controis poderán ser fixos ou mobiles e estarán
autorizados para descualificar aos participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra
a seguridade individual (tanto propia como allea) ou colectiva durante a proba.
O chip deberá ser devolto antes de sair da zona acoutada trala liña de meta. A Organización colocará
os postos para que se efectue esta devolución. No caso de non producirse esta devolución, o/a
participante será descualificado/a.
Prohibido acompañar aos rapaces. De facelo o neno ou nena terá que ser descualificado/a.
Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a süa
decisión inapelable.
A categoría de chupetes, correspondente a participantes nados no ano 2014 ou posteriores, non
ten carácter competitivo, só ten por obxecto fomentar o deporte entre os máis pequenos. A carreira
pertencente a esta categoría celebrarase unha vez finalizada a Carreira Popular. (Aprox. sobre as
12:00 h.)
10º A Organización establece unha categoría de ANDANTES (non competitiva), sobre un circu'ito de 3,5
Km. Os interesados en participar na andaina deberán facer a inscrición na páxina web no prazo establecido
e recoller o dorsal o día da Carreira en horario de 9.00-10.30 horas.
11º Recibirán trofeos especiais:1° Clasificado/a masculino e femenino do Concello (empadroado);
Atleta máis veterano do Concello (empadroado); Atleta máis veterano absoluto.
12º A Organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes
desta Carreira, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de
primeiros auxilios. Así como tampouco das persoas, que participen na mesma sen estar inscritos na páxina
web, os cales o faran baixo a súa responsabilidade.
13º Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a Organización agarda de todos os
participantes o mellor espíritu deportivo.
14º O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
15º Accion social: A Carreira recaudará alimentos para o Programa de Emerxencia Social do Concello de
Meaño, querendo convidar a cada participante que done un kilo de alimentos non perecedoiros cando recolla
o dorsal o dia da carreira. Os alimentos recollidos será repartidos ás familias que máis o precisen do Concello.
16º A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos de estar en
bo estado físico e pasado os pertinentes recoñecementos de saúde; autoriza a organización para a
utilización da imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte.
17º Conforme á L.0. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun
ficheiro, do que é responsable o Concello de Meaño. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos
para a Carreira Popular así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito R/ Campo da Feira n
°1, 36968 Meaño, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

CATEGORÍAS
HOMES
Chupetes: nadas ata o 2014
A: nadas entre 2011 e 2013
B: nadas entre 2008 e 2010
C: nadas entre 2005 e 2007
O: nadas entre 2001 e 2004
E: nadas entre 1983 e 2000
F: nadas entre 1974 e 1982
G: nadas entre 1964 e 1973
H: na dos entre 1958 e 1963
1: na dos entre 1950 e 1957
L: nadas antes do 1949

MULLERES
Chupetes: nadas ata o 2014
M: nadas entre 2011 e 2013
N: nadas entre 2008 e 201O
O: nadas entre 2005 e 2007
P: nadas entre 2001 e 2004
Q: nadas entre 1981 e 2000
R: nadas entre 1974 e 1980
S: nadas antes do 1973

PERCORRIDO
CIRCUÍTO LONGO: 6.330 m para as categorías D, E, F, G, H, I, L, P, Q, R, S
CIRCUÍTO MEDIANO: 1.600 m para as categorías B, C, N, O
CIRCUÍTO CURTO: 1.070 m para as categorías A, M
CATEGORÍA CHUPETES: 100 m, aproximadamente
ANDANTES: 3.500 m

CADRO DE HONRA
GAÑADORES EN ANTERIORES CARREIRAS POPULARES DE MEAÑO
2000: Jesús de la Fuente (Santiago de Compostela) e Fátima Paz (Santiago de Compostela)
2001: Carlos Adán (Vigo) e Griselda González (Marín)
2002 e 2003: Manuel Penas (Arzúa) e M.ª Jesús Gestido (Cangas)
2004: Pedro Nimo del Oro (Santiago de Compostela) e Leonor Carneiro (Portugal)
2005: José B. López Pastoriza (Marín) e Leonor Carneiro (Portugal)
2006: Manuel Penas (Arzúa) e Leonor Carneiro (Portugal)
2007: José Antonio Ramallo (Pontevedra) e Patricia Pereira (Portugal)
2008: Manuel Penas (Arzúa) e Patricia Pereira (Portugal)
2009: Tiago Costa (Portugal) e Filomena Costa (Portugal)
2010: Ricardo Rivas (Portugal) e Filomena Costa (Portugal)
2011: Hassam Lekhili (Marrocos) e Ercilia Machado (Portugal)
2012: Alejandro Fernández Rivera (Ourense) e Ercilia Machado (Portugal)
2013: Alejandro Fernández Rivera (Ourense) e Yolanda Gutiérrez (Ourense)
2014: Robertas Geralavicius (Lituania) e Ercilia Machado (Portugal)
2015: Alejandro Fernández (Ourense) e Sandra Mosquera (Vigo)
2016: Antonio Serrat (Vigo) e Camila Alonso (Ferrol)
2017: Víctor Riobó (Marín) e Paula Mayobre (Ferrol)

INSCRICIÓNS
MOI IMPORTANTE: NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO
Para inscribirse facelo ata o xoves 7 de setembro ata as 23.59 horas en:
www.championchipnorte.com
ADVERTENCIA: CUMPRE COA ÉTICA DEPORTIVA E INSCRÍBETE SÓ SE VAS PARTICIPAR.
DO TEU COMPROMISO DEPENDE PODER SEGUIR MANTENDO A GRATUIDADE DA PROBA