Calendario
Info da proba

Chantada

17/06/2018 10:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
2ª RUTA SOLIDARIA CHANTADA CONTRA O CANCRO
1. DATA, HORA E LUGAR:
A 2ª Ruta solidaria Chantada contra o cancro terá lugar o domingo, 17 de xuño de
2018, con saída e chegada en Sequeiras (Adegas Condado de Sequeiras), Chantada
(Lugo). Darase a saída ás 10:30 horas dende as Adegas Condado de Sequeiras.
2. PERCORRIDOS:
Nesta segunda edición ofrecemos a posibilidade de facer dous tipos de percorridos
distintos:
- RUTA CURTA: 5 quilómetros (Dificultade baixa). Ruta familiar, accesible para todo o
mundo. Discorre toda pola ribeira. ELIMINOUSE A PENDENTE DA SAÍDA CARA VILAR.
- RUTA LONGA: 11 quilómetros (Dificultade media – baixa). Ruta familiar cun pouco
máis de duración e dificultade ca anterior, pero pouco máis. Discorre por ribeira e
soutos. O percorrido non ten asfalto.
3. PARTICIPACIÓN:
Para poder participar na 2ª Ruta solidaria Chantada contra o cancro é preciso
inscribirse.
O número máximo de participantes é de 700 persoas, sen límite de idade. Os menores
deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto. O feito de inscribirse nesta Ruta
implica a aceptación deste regulamento.
Os máis pequenos que non queiran realizar a ruta contarán cunha persoa que quede
con eles na adega para realizar xogos adaptados para eles.
4. INSCRICIÓNS:
- A través da páxina: www.championchipnorte.com
- En Capitol Café
- No local da propia asociación (SÓ OS VENRES de 17:00 a 18:00 h.) situado no parque
Eloísa Rivadulla (Campo da Feira vello de Chantada, na parte baixa - oficinas porta
dereita- dentro do espazo da 'Asociación Albores Chantada'.)
- O prazo para inscribirse remata o xoves, 14 de xuño de 2018 ás 23:59 h.
5. PREZO:
A inscrición ten un custe de 5 euros por participante. (Independentemente do
percorrido que se elixa. Os dous custan 5 euros.)
6. SAÍDA:
Sairán autobuses ás 9:30 h. da Praza de Galicia, e regresarán ao remate da Ruta ao
mesmo punto.
7. ENTREGA DO IDENTIFICADOR:
A entrega do identificador alusivo á Ruta efectuarase o domingo día 17 de xuño a
partir das 8:30 h. na entrada do Auditorio Municipal de Chantada (Praza de Galicia).
Será obrigatorio colocalo nun lugar visible tanto para subir no autobús como para facer
uso de todos os servizos establecidos pola organización.
8. SINALIZACION:
O percorrido estará debidamente sinalizado e marcado.
9. RESPONSABILIDADE:
O dispositivo de seguridade, avituallamentos e sinalización estará debidamente
montado dentro do horario e percorridos da Ruta.
A organización responsabilizarase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido,
pero declina toda responsabilidade en caso de accidente por abandono do itinerario
establecido, neglixencia do participante ou que este se encontre fóra dos parámetros
establecidos no punto 8.
A organización non se fai responsable das persoas que non se inscriban previamente
nesta Ruta Solidaria.
A organización non se fai responsable dos obxectos de cada participante.
A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmos
ou a outras persoas ocasionen os participantes desta Ruta.
10. ASISTENCIA:
A organización contará con persoal de asistencia ao longo do percorrido, varios
voluntarios nos puntos estratéxicos e persoas pechando a Ruta co fin de que ningún
participante se quede atrasado, pero non se fai responsable de quén voluntariamente
abandone o percorrido establecido.
Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e avisar á organización se
alguén necesita axuda. Poderán informar de calquera contratempo nos controis de
paso, ao persoal da organización que estará ao longo do percorrido ou no número
683.27.71.35
11. AVITUALLAMENTOS:
Disporase de tres puntos de avituallamento ao longo do percorrido, un na saída no que
se ofrecerá aos participantes auga, outro en Vilanova (onda o regato de
Camporramiro) e outro ao rematar a Ruta na adega Condado de Sequeiras cun viño e
uns petiscos.
É obriga de tod@s os participantes preservar o entorno evitando tirar lixo fora das
áreas de control. RESPECTA O MEDIO AMBIENTE. NON TIRES LIXO AO CHAN.
12. FOTOGRAFIA E IMAXES:
A inscrición nesta Ruta dá dereito á organización a poder facer uso das imaxes e vídeos
do evento para a súa utilización, podendo publicalas en todos aqueles soportes de
comunicación (folletos, carteis, artigos de prensa, redes sociais...) que estime convinte
para a dar a coñecer a proba.