Calendario
Info da proba

Salvaterra - Ponteareas

29/07/2018 10:00 - 12:00
Regulamento Este ano 2018 celebramos a terceira edición da carreira Ribeira do Tea, a cal esperemos que teña gran éxito de participación e que os corredores que veñan lles guste o percorrido e a organización, para así poder facela durante moitos anos mais.

Contaremos con duas distancias, una carreira de 2 km para as categorías juvenil e infantil e 16 km para absoluta e veterano.

Esta carreira é un pouco especial o discorrer o carón do río Tea, e deste xeito podemos disfrutar das súas fermosas vistas e o seu percorrido cambiante, que cando saimos de Salvaterra do Miño temos pista de 8 metros de ancho e despois o chegarmos hacia Ponteareas pasa a ser un sendeiro de 1,5 metros.

A carreira queremos que cos anos sexa una das citas obrigadas do calendario e que se dea a coñecer os dous concellos que percorremos, os cales agradecemos a súa colaboración dentro das súas posibilidades.

DATOS TECNICOS DA CARREIRA

FECHA: domingo 29 de xullo do 2018

HORA DE COMEZO: 10:00 horas para a carreira de 2 km.
10:30 horas para a carreira de 16 km.

LUGAR DE SAÍDA: Fortaleza de Salvaterra de Miño.

LUGAR DE CHEGADA: Fortaleza de Salvaterra para a distancia de 2 km.
Ponte romano dos Remedios, en San Roque, Ponteareas para a distancia de 16 km.

DISTANCIA: 2 km para categorías infantil e juvenil.
16 km para absoluta e veteranos.

TIPO DE PERCORRIDO: Camiño de terra e sendeiro

RECOLLIDA DORSAL: Sábado 28 dexullo de 16:00 a 18:00 no Pabillón Alvaro Pino de Ponteareas
Domingo 29 de xullo de 9:00 a 09:50 na Fortaleza de Salvaterra de Miño.

SERVICIO DE GARDAROUPA:
Recollida de bolsas na Fortaleza ata as 09:50 horas.

SAIDA DO AUTOBÚS:
Os que soliciten servicio de autobús terán que collelo no pavillón Alvaro Pino de Ponteareas as 9:00 horas, que os levará ata a saída en Salvaterra do Miño
.
CATEGORÍAS (masculino e feminino)
Infantil 10-11-12-13 anos, que non cumpran os 14 no ano de referencia.
Juvenil 14-15-16-17 anos, que non cumpran os 18 no ano de referencia.
Absoluta
Veteranos A entre 40 e 50 anos, que non cumpran os 51 no ano de referencia.
Veteranos B desde 51 cumpridos no ano de referencia.

PROXIMAMENTE MÁIS INFORMACIÓN EN www.caminhantesdocondado.es