Calendario
Info da proba

Bande

05/08/2018 9:00 - 13:00
Regulamento XI ANDAINA E IV TRAIL ``CONCELLO DE BANDE´´ Data: Domingo, 5 de agosto do 2018. Hora: a partir das 9:00 para a Andaina e das 9:30 para o Trail Lugar: Praza da Constitución (Bande). Distancia: - Andaina aproximadamente 19 Km. Andaina curta aproximadamente 14 Km - Trail aproximadamente 23Km Organiza: Concello de Bande e Deputación de Ourense Inscrición: Límite 300 inscritos. Aboarase 10€ para participar na andaina e 12€ no trail. Poderán anotarse no Concello de Bande tel 988 443 001 en horariode 9.00 – 14.30 ou en Championchip http://championchipnorte.com para máis información teléf.: 650 959 784 REGULAMENTO 1.- XERAL: Aproveitando o medio rural e o entorno paisaxístico no que se encontran localizadas as zonas de municipio de Bande, o concello organiza a X Andaina popular e o III Trail. Participación: Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 16 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores. Horario: 8:30  Recollida de tick 2.- CATEGORÍAS: Estableceranse as seguintes categorías: - Senior ( masculino / feminino). < 36 anos. - Veterano A ( masculino / feminino). de 36 a 45. - Veterano B ( masculino / feminino). de 46 a 55. - Veterano C ( masculino / feminino). de 56 a 65. - Veterano D ( masculino / feminino). > 65. - Equipos de 4: Ademais destas categorías tamén se pode participar formando equipos de 4 persoas, mínimo unha chica por equipo. A clasificación obterase sumando os tempos de tódolos integrantes do equipo, quedando gañador o que faga o percorrido en menos tempo. - Parellas por relevos: Tamén se poderá competir formando parellas por relevos, facendo a metade do percorrido un/ha membr@ da parella, ata o kilómetro 12, aproximadamente, para a partir dese punto coller o testigo o segundo corredor e chegar á meta con el. As parellas estarán formadas da seguinte maneira: - Parellas femininas - Parellas masculinas - Parellas mixtas 3.- INSCRICIÓNS : Pódese inscribir na páxina http://championchipnorte.com/, ou no Concello de Bande ata o 1 de AGOSTO. O custe da inscrición será de 10 euros para participar na andaina e 12€ no trail. 4.- PREMIOS: - No trail trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s (masculino e feminino) e das categorías establecidas (senior e veteranos de A a D). - Trofeos para as tres primeiras parellas por relevos de cada categorría ganadoras e para os tres equipo primeiros clasificados. Os premios non son acumulativos. OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU PASAPORTE. 5.- AGASALLOS - Camisetas para os 300 primeiros inscritos da proba, avituallamento para tódolos participantes e sorteos de diverso material deportivo. 6.- SERVIZOS · Entrega de dorsais. · Puntos kilométricos sinalizados. · Avituallamento cada 4 Km aproximadamente, dependendo da dureza do terreo. . Roupeiro. · Vestiarios e duchas. · Aparcamentos. · Entrega de premios. . Música . Sorteo de material deportivo. . Comida conxunta fin de proba. . Seguro accidentes e R.C. . Servizo masaxista postcarreira. . Bañeiras de xeo (crioterapia). 7.- SINALIZACIÓN E CONTROIS - O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, estacas, sinais, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos. - Estará sinalizado o recorrido cada 300 m ou en puntos conflitivos. 8.-AVITUALLAMENTOS Por respeto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas para tal fin. Haberá 5 avitullamientos o longo do percorrido: - Tres líquidos. - Dous sólidos e líquidos. 9- OUTRAS CONSIDERACIÓNS - A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obriguen ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados. - A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión. - A organización contará cos servizos de ambulancia, médico, comunicación e emerxencia de protección civil, así como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para cada un dos participantes de ambas probas. - A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que ver ca NON preparación física ou mental do asistente. - Por o feito de tomala saída tódolos participantes aceptaran o presente regulamento.