Calendario
Info da proba

Pontevedra

04/02/2018 11:15 - 13:15
Regulamento 8K DO LÉREZ
ORGANIZA:
Multisports Galicia S.L.
COLABORA:
Concello de Pontevedra
Sociedad Gimnástica de Pontevedra
REGULAMENTO
1 – DATA E LUGAR:
Domingo 4 de Febreiro de 2018 no Concello de Pontevedra.
A saída das carreiras absolutas, de 8k e 4k (saen xuntas) reservadas para homes e
mulleres nados/as en 2002 e anos anteriores, na Illa das esculturas ás 12 nas
inmediacións da pasarela peonil que cruza o río.
Haberá tamén carreiras de promoción para menores que se desenrolarán a partir
das 11:15 no mesmo lugar.
RECORRIDOS:
2 – PERCORRIDOS :
A proba absoluta disputarase sobre un circuíto que combina terra e asfalto de dúas
voltas de 4 Km con apenas desnivel para completar 8 km aproximadamente
Este ano haberá unha proba de 4 Km como novedade.
3– CATEGORÍAS:
CARRERAS DE MENORES:
• CARREIRA CATIVOS: Nados no 2013 e anos posteriores (non competitiva)
80 metros (11:15)
• CARREIRA A: SUB 10 (Nados entre 2009-2010) e PREBENXAMIN (Nados en
2011-2012): 700 metros (11:20)
• CARREIRA B: SUB 12 (Nados entre 2007-2008):1.400 metros (11:30)
• CARREIRA C: SUB 14 (Nados entre 2005-2006) e SUB 16 (Nados entre 2003-
2004): 2.100 metros (11:45)
8K (12:00):
MASCULINO E FEMENINO
• SUB 20: Nados entre 1999-2002
• SENIOR: Nados entre 1983-1998
• MASTER 1: Nados entre 1973-1982
• MASTER 2: Nados en 1972 e anteriores

4K (12:00):
Establécese unha única categoría absoluta masculina e femenina para a proba de 4
Km
4 – INSCRIPCIÓN:
Abrirase un período de inscrición que rematará o xoves día 1 de febreiro. Dita
inscrición realizarase en www.championchipnorte.com
A cuota de inscrición para as carreiras absolutas, tanto de 4k coma de 8k é de 7€ +
2€ de aluguer de chip para non propietarios.
A carreira de CATIVOS é gratutita (non cronometrada por chip)
A cuota de inscrición para as CARREIRAS A, B, C é de 1€ (cronometradas por chip)
A inscrición da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e de
accidentes así como facer uso de todos os servizos estabrecidos pola Organización
para os participantes. Nas carreiras de 4k e 8k (absolutas) haberá camiseta técnica
coa imaxe do evento para todos os inscritos. Todas as carreiras disporán de
avituallamiento o finalizar.
Tanto a carreira absoluta como as probas de menores (salvo a categoría CATIVOS)
serán cronometradas por chip, o cal deberase levar obrigatoriamente colocado na
zapatilla ou tobilleira. Os propietarios de chip ChampionChip, deben participar
obrligatoriamente con él.
Non se admitirá a cancelación da inscrición nin se devolverá o custo da mesma por
motivos axenos a organización
5 – TROFEOS E PREMIOS:
Trofeo para os tres primeiros da xeral en homes e tres primeiras mulleres da
carreiras absolutas de 4k e 8k.
Medalla para os tres primeiros de cada categoría nas carreiras A, B, C e na proba de
8k.
Establecerase unha clasificación familiar para as carreiras cronometradas na que
é imprescindible que a lo menos forme parte un adulto maior de idade. A clasificación
establecerase sumando os ritmos compensados, multiplicados por 0.8 no caso das
mulleres, (ver táboa de compensación na información da carreira) de todos os
integrantes da unidade familiar. Posteriormente dividiránse por un valor que se
estabrecerá en función do número de chegados de cada familia ( ver táboa publicada
na información da carreira). Recibirán trofeo as 3 primeiras familias.
Premiarase a familia máis numerosa, ao integrante máis novo e maior das familias.
Na carreira absoluta de 8 Km establecerase unha clasificación de pandillas. A
puntuación será a suma de tempos dos catro primeiros integrantes da pandilla.
As pandillas poderán ser:
• masculinas (catro homes ou tres homes e unha muller)
• mixtas: (mínimo dúas mulleres)
• femeninas (todas mulleres)
Recibirán trofeo a primeira pandilla masculina, femenina e mixta..
6- ENTREGA DE DORSAIS.
O 4 de Febreiro, de 10:00 a 11:50 na Illa das esculturas, nas inmediacións da
pasarela peonil que cruza o río,
7- CRONOMETRAXE
 O cronometraxe electrónico será realizado por CCNORTE
 Todas as probas poderánse seguir en vivo na web oficial e na web
www.resultados.live
 O atleta deberá portar o chip entrelazado nos cordons da zapatilla ou no
nocello
8 – SERVICIOS AO ATLETA
A organización disporá de servizo de duchas e vestiarios (Pavillón da Xunqueira).
Avituallamiento líquido e sólido ó finalizar.
9 –NORMAS DE COMPETICIÓN:
Non estará permitido o acompañamiento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. Non cumprir esta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación neste.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os sus colaboradores non se fan responsables dos danos morais
ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.
A organización da proba resérvase a facultade de decidir sobre calquer aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.