Calendario
Info da proba

Fisterra

14/10/2018 10:15 - 12:45
Regulamento IDEOLOXÍA DA 5ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE FISTERRA 2018
A 5ª Carreira Pedestre Concello de FISTERRA 2018 que terá lugar o domingo 15 de
outubro, enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa
da Morte”, onde a ideoloxía non é outra que o fomento da práctica de actividade
físico-deportiva como unha ferramenta máis para acadar unha vida máis saudable.
Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
forma parte do “V Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da
Coruña 2018”.
Nesta carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos e
nenas como adultos (dende 4 anos).
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS PREVISTOS DAS CARREIRAS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIO SAÍDA
Pitufo Mixto 2011-2015 250 metros 12:35 horas
Benxamín Masculino
Femenino
2009-2010 1.000 metros 12:25 horas
Alevín Masculino
Femenino
2007-2008 1.000 metros 12:25 horas
Infantil Masculino
Femenino
2005-2006
3.400 metros 10:15 horas
Cadete Masculino
Femenino
2003-2004
Xuvenil Masculino
Femenino
2001-2002
Sénior 3K Contra o Cancro
Masculino
Femenino
2000 (incluído) e
anteriores
Sénior 10K Masculino
Femenino
1979-2000
11:00 horas
Veteranos M40 Masculino
Femenino
1969-1978 9.150 metros
Veteranos M50 Masculino
Femenino
1968 (incluído) e
anteriores
 Os horarios das carreiras das distintas categorías serán establecidos polo concello
organizador e poderán ser consultados en www.championchipnorte.com así coma
na web municipal www.concellofisterra.es
NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE0
1. A 5ª Carreira Pedestre Concello de Fisterra 2018 rexerase pola regulamentación de
Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece
os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real
Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a
ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do
seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
2. A proba estará subscrita aos seguros de responsabilidade civil do Concello de
Fisterra e da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de
accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un
médico se a proba non supera os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios, aprazar ou
suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a
proba será suspendida automáticamente.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, consideraranse
a todos os efectos usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
estará amparada polos seguros da proba nin poderá participar de trofeos e
obsequios.
8. As diferentes probas estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
9. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é
libre e leva implícito a aceptación do regulamento xeral da proba. Todo o non
previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orde, as normas da
Federación Galega de Atletismo, RFEA e IAAF en vigor.
10. A organización da proba porá a disposición dos participantes (previa identificación e
acreditación):
 O Pavillón Municipal de Fisterra para que os participantes se podan cambiar
e duchar (sito no Lugar de A charca nº 7 15154 Fisterra).
 Servizo de garda roupa para os participantes da proba que estará ubicado
na aula de Pesca (lugar de recolida de dorsais).
 Servizo de fisioterapia, en colaboración coa Clínica de Fisioterapia Sar , para
aqueles atletas que o precisen. Este servizo prestarase no interior da Carpa
de Protección Civíl que estará ubicada nas inmediacións do Porto (lugar de
saida, paseo da riveira) do Concello de Fisterra.
11. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola
organización.
12. Descualificacións:
 O servizo médico da proba está facultado para retirar durante a carreira a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
 Todo atleta que non realice o percorrido completo que lle corresponda.
 Todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere
en protestas ante a organización.
13. A carreira 10K estará sinalada cada quilómetro.
14. Na carreira de 10K habilitarase, no punto 5.800 m., un avituallamento líquido. As
demáis carreiras terán un único avituallamento: o especial de meta..0
15. Xunto co dorsal e o chip farase entrega da camiseta conmemorativa aos
participantes adultos.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E DORSAIS
Para controlar a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (que deberá ir
suxeito aos cordóns das zapatillas).
Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías agás pitufo (os chips serán
facilitados pola organización).
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitados pola organización).
O atleta que non porte chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle
computará na clasificación do circuíto.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
Tanto os dorsais coma os chips (no caso de non posuílos) poderanse recoller nas mesas
de inscrición habilitadas para tal fin na “Aula de Pesca de Fisterra” a partir das 08:30
horas e ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira.
Os corredores de circuito 10K ou 3K Contra o Cancro que participan na liga deberán
usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Asemade empregarán un único dorsal para
todas as probas do circuíto.
 Tanto o dorsal coma o chip (no caso de no posuílo) recollerase na primeira proba do
circuíto na que participe. A retirada de dorsal e chip deberase realizar como
mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio de cada carreira e dende as
08:30 horas.
 No caso de perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina web
www.championchipnorte.com
 No caso da perda ou rotura do dorsal poderá solicitar outro á organización. Non
haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
Os corredores de carreira e os corredores de categorías de base (inferiores) usarán
“chip de carreira (branco)” que deberán devolver á organización ao remate da mesma.
Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do atleta suplantado,
anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no mesmo.
INSCRICIÓNS
INSCRICIÓNS DE CATEGORÍAS BASE (gratuítas)
As categorías base son: pitufo, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
Existen dous tipos de inscrición para atletas de categoría base
Corredores de circuíto (todas as categorías excepto Pitufo): son os atletas que
participan na liga.
 As inscricións para os corredores/as de circuíto nesta proba están pechadas.
Corredores de carreira:
1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización
paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e
asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser
descargada en www.championchipnorte.com ou www.concellodefisterra.es
2) Presentando a autorización paterna asinada no Servizo de Deportes do
Concello de Fisterra.
Os participantes de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito:
1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización
paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á
hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com ou www.concellofisterra.es
2) Presentando a autorización paterna asinada no Servizo de Deportes do
Concello de Fisterra.
INSCRICIÓNS PARA CATEGORÍA SÉNIOR E VETERANOS
Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:
Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga 10K e 3K.
 As inscricións para os corredores/as de circuíto nesta proba están pechadas.
Corredores de carreira: son atletas que só participan de maneira puntual nalgunha das
probas do circuíto.
 Os corredores de carreira poderán inscribirse na proba 10k ou na proba 3k
Contra o Cancro.
 Non participan na liga.
 Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
 Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do
dorsal e que deberán devolver ao remate da proba.
As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da
páxina web www.championchipnorte.com
COTAS DE INSCRICIÓN
A inscrición para as categorías base será gratuíta (de pitufo a xuvenil).
A inscrición para os adultos (sénior e veteranos) para esta proba concreta e
independiente terá un custo de 5 € para aqueles corredores que teñan en propiedade
o chip, e de 6 € para aqueles que deban alugalo.
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición rematará o xoves 12 de outubro ás 23:59 horas.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS
CLASIFICACIÓNS DAS PROBAS DE BASE
En categoría pitufo recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba
segundo vaian chegando á meta. NON SUBIRÁN AO PODIO.
En categoría benxamín e alevín recibirán medalla conmemorativa todos os
participantes na proba segundo vaian chegando á meta. SÓ SUBIRÁN AO PODIO OS
TRES PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS EN CADA CATEGORÍA.
En categoría infantil, cadete e xuvenil recibirán trofeo e SUBIRÁN AO PODIO OS TRES
PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS EN CADA UNHA DAS CATEGORÍAS.
CLASIFICACIÓNS DA PROBA 3K CONTRA O CANCRO
Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba 3K Contra o Cancro.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría
xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).
CLASIFICACIÓNS DA PROBA 10K
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados en cada unha das
categorías (sénior, M40 e M50), independientemente da súa condición de corredores
de carreira ou de corredores de circuíto.
Recibirán trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de
Fisterra.
Máis información referida á clasificación do circuíto, por equipos, etc.; Enviar un e-mail a
maotmi@hotmail.com e facilitarase o regulamento xeral do “5º Circuíto de Carreiras
Populares Correndo pola Costa da Morte 2018” onde se detallan todas estas cuestións.
CERIMONIA DE ENTREGA DE TROFEOS
Unha vez rematada a última proba, que será a Pitufos (saída fixada para ás 12:35
horas), procederase ao acto de entrega de trofeos previsto para ás 13:00 horas nas
inmediacións da Lonxa de Fistera (próximo á zona de saída e meta).