Calendario
Info da proba

Rianxo

04/02/2018 9:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA
1. A “Peña Cicloturista Castro Barbudo”, en adiante Peña, coa colaboración do
Concello de Rianxo, en adiante Concello, organiza a “VI Marcha BTT Concello de
Rianxo” e simultaneamente unha andaina que se celebrará o día domingo, 4 de
febreiro de 2018 con saída e chegada no recheo do porto a escasos metros do
concello. A saída darase as 09:00 horas.
2. A rota encadrase como proba de Cicloturismo-BTT sendo un exercicio físico con
fines de ocio, turístico ou cultural, excluíndo expresamente a competición.
3. Tódolos participantes consideraranse en excursión persoal, debendo aterse as
normas do vixente código de circulación, considerándose persoalmente
responsables das infraccións que cometan. Cabe resaltar que a circulación de
vehículos e persoas non estará cortada polo que os participantes deben extremar a
precaución en cruces coas estradas e zonas habitadas.
4. A idade mínima para poder participar na marcha, será de 18 anos. Os que teñan
16 anos ou mais, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou
titor.
5. A organización non se fai responsable de ningún accidente do que poida ser causa
ou vítima o participante durante a marcha, como tampouco se fai responsable dos
gastos ou débedas que puidera contraer durante o percorrido.
6. Será imprescindible para participar na marcha, o uso do casco.
7. So será considerado participante da “VI Marcha BTT Concello de Rianxo”, a
persoa que cumprimente total e correctamente a inscrición mediante a páxina
emesports.es
8. As comunicacións realizaranse pola páxina da peña: www.castrobarbudo.com ou
polo facebook: www.facebook.com/castrobarbudo
9. O prezo da inscrición será de 8 € ata o 21 de xaneiro e a partir desa data será de
12 € para todos os participantes. O pagamento deberá facerse no momento de
facer a inscrición.
10.O límite máximo de participantes son 800 para a BTT e 200 para a andaina.
11.As inscricións consideraranse definitivas polo que, unha vez rematado o prazo de
inscrición e no caso de non poder participar non se realizará a devolución do
importe da mesma.
12.As inscricións abriranse o día 18 de decembro de 2017 e pecharanse o día 1 de
febreiro de 2018 ás 22 h. ou cando a Organización o estime oportuno en función
do número máximo de inscritos.
Peña Cicloturista Castro Barbudo
Igrexa, 37. 15985 Taragoña – Rianxo
castrobarbudo@gmail.com
13.O participante coa súa inscrición manifesta encontrarse fisicamente apto para a
proba.
14.Estableceranse puntos de control que estarán debidamente sinalizados onde se
deberá pasar antes dunhas hora prefixada. No caso de superar os horarios a
organización sinalará os camiños alternativos máis curtos ca o principal.
15.A organización disporá durante o transcurso da marcha dos servizos de Asistencia
Sanitaria, Ambulancia e Protección Civil.
16.Disporase dun avituallamento líquido e sólido dentro do percorrido da marcha.
17.Haberá a disposición dos participantes un servizo de duchas e lavado de bicicletas
o rematar a proba.
18.A Peña garante o pleno cumprimento da Ley Orgánica de Protección de Datos
(LOPD), o inscrito queda informado e presta o seu consentimento para a
incorporación dos seus datos os ficheiros automatizados existentes na Peña o
tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións
administrativas ou comerciais. O inscrito pode exercer o seu dereito, mediante
escrito dirixido á Peña, ó acceso, rectificación ou cancelación dos mesmos.
19.O feito de inscribirse na marcha, supón a aceptación do presente regulamento, e a
renuncia a todos os dereitos contra a organización, patrocinadores e
colaboradores, dos danos que poida sufrir no transcurso da mesma.
20.A actividade ten un seguro de responsabilidade civil con cobertura, por participante,
de ata 12.000 € contra morte e invalidez e ata 12.000 € de asistencia sanitaria.
21.A aceptación deste regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza
á Organización da proba á gravación total o parcial da súa participación na mesma e
presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe para a
promoción e difusión da proba de tódolos xeitos posibles (radio, prensa, vídeo, foto,
dvd, internet e redes sociais...), cedendo todos os dereitos relativos á explotación
comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar, sen dereito
a recibir compensación algunha