Calendario
Info da proba

Padrón

24/02/2018 16:00 - 18:30
Regulamento 1.- PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo (Delegación de Santiago de Compostela).

2.- CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
Pitufo F/M: Nadas/os en 2014 e posteriores.
Prebenxamín F/M: Nadas/os en 2011, 2012 e 2013.
Benxamín F/M: Nadas/os en 2009 e 2010.
Alevín F/M: Nadas/os en 2007 e 2008.
Infantil F/M: Nadas/os en 2005 e 2006.
Cadete F/M: Nadas/os en 2003 e 2004.
Xuvenil F/M: Nadas/os en 2001 e 2002.
Junior F/M: Nadas/os en 1999 e 2000.
Promesa F/M: Nadas/os en 1996, 1997 e 1998.
Senior F/M: Nadas/os entre 1983 e 1995.
Máster A masc/fmno: Nados/as entre 1972 e 1982.
Máster B femenino: Nadas en 1971 e anteriores.
Máster B masculino: Nados entre 1962 e 1971.
Máster C masculino: Nados en 1961 e anteriores.

3.- PERCORRIDOS E HORARIOS
A SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NO CAMPO DO SOUTO.

16:00H PITUFOS 100 m. aprox.
16:10H PREBENXAMÍN 500 m. aprox.
16:20H BENXAMÍN 500 m. aprox.
16:30H ALEVÍN 1000 m. aprox.
16:45H INFANTIL-CADETE 3300 m. aprox.
17:30H XUVENIL 5 KM (homologada)
17:30H JUNIOR-PROMESA-SENIORVETERÁN
10 KM (homologada)

4.- INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes no XVI PADRÓN 10K abrirase o xoves 1 de
febreiro ás 12:00h e pecharase o mércores 21 de febreiro de 2018 ás 23:59 h. Non se
aceptarán inscricións fóra do prazo indicado.
As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es
(Tlf. soporte técnico: 654 28 56 92 – Email: soporte@emesports.es)
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata cadetes): Gratuita
- Adultos (de xuvenil a veterán): 6 €

5.- DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto)
en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media
hora antes do inicio de cada proba.
Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para
facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal
deberá ir colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible e o chip suxeito nas zapatillas (todos/as os/as corredores/as teñen a obriga de devolver o
chip ao finalizar a súa proba). Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal ou non leve
ou devolva o chip será descalificado.
É obrigatorio devolver o chip ao finalizar a proba.

6.- DESCALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a
criterio do xuiz arbitro da competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo
máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

7.- PREMIOS EN METÁLICO
Premios individuais absoluta M/F
1º/ª - 250 €
2º/ª - 175 €
3º/ª - 100 €
4º/ª - 60 €
5º/ª - 40 €

Equipos federados
1º - 300 €
2º - 200 €
3º - 100 €

Sistema de puntuación e clasificación por equipos
A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar
a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade.
En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
Só se admitirá a participación de clubes federados nos premios en metálico, que terán
que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no
seu defecto da Delegación correspondente ó correo santiago@atletismo.gal no prazo de
inscrición da proba absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas
pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

8.- TROFEOS e MEDALLAS
- Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
- Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral.
- Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local.
- Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a
proba.
- Trofeo Superveterán, ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente
sexa home ou muller.
- Trofeo Benxamín, ao participante de menos idade que finalice a proba, indistintamente
sexa neno ou nena.
- Medallas para os/as participantes nas categorias escolares.

9.- PREMIOS ESPECIAIS E AGASALLOS
- Premio TERMAS DE CUNTIS: 3 invitacións para 2 persoas ao Aquaform do Balneario
de Cuntis aos 3 primeiros/as clasificados/as da xeral absoluta.
- Obsequio de VERMÚ ST PETRONI aos 3 primeiros/as da clasificación xeral.
- Obsequio de VERMÚ ST PETRONI ao 1º/1ª corredor/a local.
- Agasallo para todos os participantes nas categorías escolares.
- Camiseta técnica para todos os/as participantes do resto de categorías

10.- ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS
Categorías escolares (ata cadete)
Os/as participantes recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña de
chegada.
Os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría recibirán os seus trofeos
inmediatamente despois da finalización de cada proba, e antes da saída da seguinte
proba, nun podio habitado nas proximidades da liña de chegada.
Adultos (de xuvenil a veterán)
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de premios e trofeos será no Auditorio
municipal, ao carón da liña de meta, en torno ás 18:45h.
O pagamento dos premios en metálico realizarase por transferencia bancaria, para o cal é
obrigatorio, unha vez que rematen as probas, que os atletas e clubes premiados se
acheguen ó auditorio municipal (zona de entrega de trofeos) e cubran un documento cos
datos requeridos (presentación do dni ou documento acreditativo da identidade, entidade
bancaria, nº de conta, domicilio e tlf de contacto).
Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais vixentes.

11.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a
publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou
internet.
O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación
co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o
organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa
sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis,
medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador
(Concello de Padrón).

12.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
- Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar (para homes e
mulleres) e Pavillón do Souto (só para homes). Ambos pavillóns quedan a escasos metros
da liña de meta. Horario: 15:30 a 19:30
- Proba absoluta e proba da categoría xuvenil con distancia homologada (10k e 5k
respectivamente).
- Obsequio a todos/as participantes
- Avituallamento intermedio (km 5) e en liña de meta.
- Servizo de cronometraxe por chip (emesports).
- Sinalización kilométrica.
- Servizo de gardaroupa.
- Fotografía profesional.
- Caixóns saída por marcas (dorsais por cores): Élite -40/ Caixón A -50/ Caixón B +50.
- Servizo de 2 ambulancias, 2 médicos e 2 sanitarios.
- Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento.
- Servizo de masaxes (Escola Europea Parasanitaria).

13.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
- A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, horarios ou
modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes.
- Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento
da FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
- A organización da proba declina toda a responsibilidade dos danos que os/as atletas
puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A
organización tampouco se responsabiliza dos obxetos persoais que poidan extraviarse ou
danarse.
-Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento
e o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.
- Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas
webs:
www.carreirasgalegas.com
www.emesports.es
www.atletismo.gal
www.fgatletismo.es/santiago/
www.correrengalicia.org