Calendario
Info da proba

As Somozas

26/11/2017 10:45 - 12:45
Regulamento “CORREMOS POR UN SORRISO INFANTIL”
O CEIP. A IGREXA DE AS SOMOZAS xunto coa colaboración do
CONCELLO organizamos a III Carreira popular , este ano a favor de “
SONRISAS SOLIDARIAS” destinada a Asociación sen ánimo de lucro, inscrita no
Rexistro Nacional de Asociacións, co número 609799, que nace para axudar dunha
maneira totalmente altruísta, aos nenos e nenas, que están pasando por unha
enfermidade, como é o cancro infantil.
A proba dará comezo a partir das 10:15 horas. Todas as categorías terán un
percorrido circular con saída e chegada no mesmo punto. En caso de inclemencia
meteorolóxica trasladarase só a etapa do percorrido 1 ao pavillón municipal; os
demais percorridos levaranse a cabo igual. O remate será aproximadamente sobre as
13:30 horas con zumba e sorteo de agasallos.
As categorías serán as seguintes con saída e chegada ao CEIP. A Igrexa de As
Somozas.
Etapa 1 .- Saída ás 10:45 horas, incluíndo nenos e nenas de 3 a 7 anos.
Etapa 2.- Saída ás 11:15 horas, incluíndo a nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Etapa 3.- Saída ás 11:30 horas, adultos e nenos e nenas dende 11 anos.
Etapa 4.- Saída ás 11:45 horas, o percorrido será o mesmo que para a etapa 3,
pero a modalidade será unha “Andaina”.
DISTANCIAS:
Etapa 1.- 600 metros aproximadamente, 30 min. de duración.
Etapa 2.- 2 – 3 quilómetros aproximadamente, 30 min. de duración.
Etapa 3.- 5 quilómetros aproximadamente, 45 min. de duración.
Etapa 4 .- 5 quilómetros aproximadamente, 60 min. de duración.
PERCORRIDO
O percorrido será o dos anos anteriores e será o persoal do concello o que
sinalice debidamente todas as etapas.
O día 26 de novembro o persoal do concello xunto con protección civil farase
cargo de que os corredores e corredoras teñan correctamente marcadas as distintas
etapas.
INSCRICIÓN
Aberto o prazo dende o día 1 de novembro ao 20 de novembro ambos
incluídos.
A carreira é aberta a todo o público e poderán anotarse en calquera das etapas,
indiferentemente da idade recomendada do mesmo. Os puntos para inscribirse son:
 CEIP. A IGREXA As Somozas
 BARBEIRO en As Pontes
 Así mesmo poderase facer por medio do correo electrónico do colexio :
ceip.igrexa.somozas@edu.xunta.es (cubrirán a inscrición que estará na páxina
web do centro, enviarana a esta dirección, asinarémoslles un número e o día da
carreira farán o abono.
En caso de dúbidas poñerse en contacto no seguinte número de teléfono:
881 938 101 / 650 866 872.
O prezo de inscrición terá un custe de 6 € para maiores de 16 anos e de 2€ para
menores de idade.
Os dorsais entregaranse o día da carreira na zona de avituallamento dende as
10:15 horas
PREMIOS E AGASALLOS
Dado o carácter solidario da proba, non haberá premios económicos en
ningunha categoría. Ao rematar da proba sortearase entre todos os participantes
agasallos cedidos por establecementos ou entidades colaboradoras con esta causa, aos
que se optará en función do número do dorsal.
AVITUALLAMENTO E DUCHAS
Haberá avituallamento sólido e líquido para todos os participantes ao rematar
as probas. Estarán a disposición dos participantes os vestiarios e duchas do Centro e
do Pavillón Municipal.
SEGURIDADE
A carreira ten carácter exclusivamente colaborador e participativo. Polo que
todo atleta polo propio xeito de tomar a saída acepta o regulamento da mesma así
como as posibles modificacións de normativas, percorridos ou horarios se as
circunstancias así o aconsellan.
O CEIP. A Igrexa (As Somozas) aproba no Consello Escoar a organización
desta carreira solidaria “Sonrisas Pelonas”.
A proba está cuberta por parte do Concello de As Somozas en canto a
responsabilidade civil e a mobilización dos efectivos necesarios para garantir a
seguridade de todos os participantes.
A proba discorrerá por vías públicas do Concello de As Somozas, que estarán
controladas polo persoal autorizado polo Concello.
A organización non se fai responsable dos posibles danos morais ou físicos que
podan sufrir os participantes.
Todo corredor polo simple feito de inscribirse e tomar a saída acepta que se
publiquen os datos persoais dados en medios de comunicación así como das súas
imaxes e fotografías.
Todo punto non recollido neste programa quedará a criterio da organización.
A ORGANIZACIÓN
(CLAUTRO DO CEIP. A IGREXA DE AS SOMOZAS)