Calendario
Info da proba

Ponteareas San Silvestre

31/12/2017 16:45 - 17:45
Regulamento 1.- REGULAMENTO DA VI SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS e da IV
SAN SILVESTRE SOLIDARIA INFANTIL 2017

PREVIO Á CARREIRA

Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e
aceptar o presente regulamento

Art. 2º.- O Club Taninos Runners Ponteareas, con CIF: G94049871 e o Excelentísimo
Concello de Ponteareas ORGANIZAN, o 31 de decembro de 2017, a partires das 16:45
horas a “IVSan Silvestre Solidaria Infantil” e a “VI San Silvestre Solidaria de Ponteareas”
sobre un trazado urbano de 5 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que
estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as
condicións de participación.

Categorías Establecidas:

A proba absoluta estará aberta a tódolos atletas que teñan cumpridos os 14 anos de
idade no día da proba.
Neste ano 2017 celebrarase a IV San Silvestre Solidaria Infantil con tres categorías:
- Rapaces e rapazas de 6 e 7 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2017, cun
percorrido dunha volta ás dúas prazas de Ponteareas, acurtando polo rúa máis ao norte
da Praza de Bugallal. Hora inicio: 16:45
- Rapaces e rapazas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2017, cun
percorrido de unha volta as dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 16:55
- Rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2017,
cun percorrido de dúas voltas as dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 17:05

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento
e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da
organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se
expoñen a continuación:
- Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de
condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis
médicos de saúde.
- A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por
imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
- O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse
da súa participación no evento (Ex. perda de obxectos persoais por roubo ou outras
circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)
- Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa
imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida ao Club Taninos Runners
Ponteareas (rúa Oriente 15 – 2º - 36860 Ponteareas)
- Non se permitirá a participación de animais nas probas.
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir
algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS

Farase na PÁXINA WEB: www.taninosponteareas.com ata o 29 de decembro de 2017 e
non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.


A inscrición será GRATUÍTA

A inscrición na proba é persoal e intransferible.

A inscrición na proba quedará limitada a 750 participantes na proba absoluta.
Para os rapaces limitarase a 250 participantes sumando as tres categorías de idade.


ACCIÓN SOCIAL: Todos os participantes deberán facer unha achega dun produtos
alimenticios non perecedoiros, nomeadamente produtos de limpeza e hixiene persoal, e
que serán recollidos polo centro de reparto de alimentos da Concellería de Servizos
Sociais do Concello de Ponteareas, na zona de entrega de dorsais, previa retirada do
dorsal. Tamén existe esta opción para persoas que non corran ou integrantes da
organización.


O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS

Farase na zona de saída, na Praza Maior de Ponteareas, nun lugar habilitado pola
organización, entre as 15:30 e as 17:00 do día da proba
.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor ao rematar a proba.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.

Art. 7º.- PERCORRIDO

As categorías infantís completarán o percorrido:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur
cara a rúa da Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, xiro á esquerda pasando fronte á
porta principal da igrexa parroquial para acceder á zona de saída e chegada pola rúa de
Oriente.
Rapaces e rapazas de 6 e 7 anos: unha volta acurtada pola rúa da praza de Bugallal
que unen a rúa Esperanza coa rúa de Oriente. 16:45 Horas
Rapaces e rapazas de 8, 9 e 10 anos: unha volta. 16:55 Horas
Rapaces e rapazas de 11, 12 e 13 anos: dúas voltas. 17:05 Horas
Categoría absoluta, 14 ou máis anos:
Os corredores completarán 2 voltas ao seguinte circuíto urbano:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur
cara a rúa da Esperanza, xiro á dereita por Morales Hidalgo, xiro á esquerda por Rúa
Estrada, xiro a dereita e seguimos pola Praza Bugallal, xiro á dereita por rúa Reveriano
Soutullo, xiro á esquerda por rúa Salvaterra, xiro á esquerda por rúa Virxe da Luz, xiro á
dereita por Amado Garra, xiro á esquerda por rúa Azorín, xiro á esquerda por Rosalía de
Castro, xiro á esquerda para seguir de fronte por rúa Concha Brey, xiro á esquerda pola
rúa Virxe dos Remedios, xiro á dereita pola rúa dos mestres, xiro á dereita pola rúa
Alfonso Vázquez Fraile, xiro á esquerda pola Rúa Daniel Ojea, xiro á dereita pola rúa
Amado Garra, xiro á dereita pola rúa Reveriano Soutullo, xiro esquerda por Avda da
Constitución, rúa de Oriente para chegar na segunda volta á Praza Maior
Nº Voltas ao circuíto: 2 Distancia: 5 km aprox.
Horario da saída: 17:30h Avituallamento na Praza Maior ao rematar a proba.

Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES

A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a
e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.
O Club Taninos Runners Ponteareas dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo
a lexislación vixente con número de póliza: 0961270104571, contratado con MAPFRE
Seguros.
Así mesmo, todo participante non federado, disporá dun seguro de accidentes, non
lesións, soamente para o día da carreira, contratado polo Concello de Ponteareas coa
compañía CASER e co número de póliza 50176805/00000000.

Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS

O servizo médico da competición, ou o director de carreira, están facultados para retirar
da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice
o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que
manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS

Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará
cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o
circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS
Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premio que o poder
correr polas rúas da Nosa Vila o derradeiro día do ano. Non haberá clasificacións, nin
podio, nin premios.

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA

Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas,
aberto ata unha hora despois de finalizar a proba.

Para máis información: www.taninosponteareas.com
taninosponteareas@gmail.com