Calendario
Info da proba

Chantada

22/10/2017 11:00 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO
1ª RUTA SOLIDARIA CHANTADA CONTRA O CANCRO
1. DATA E LUGAR:
A 1ª Ruta solidaria Chantada contra o cancro celebrarase o domingo 22 de outubro de
2017 con saída e chegada en Sequeiras (Adegas Condado de Sequeiras), Chantada
(Lugo).
Darase a saída ás 11:00 horas.
2. PERCORRIDO:
A proba discorre por bosques e ribeiras de Chantada e ten una distancia aproximada de
5 quilómetros.
3. PARTICIPACIÓN:
Para poder participar na 1ª Ruta solidaria Chantada contra o cancro é preciso
inscribirse.
O número máximo de participantes é de 400 persoas, sen límite de idade. Os menores
deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto. O feito de inscribirse nesta Ruta
implica a aceptación deste regulamento.
4. INSCRICIÓNS:
A través da páxina: www.championchipnorte.com
O prazo para inscribirse remata o 19 de outubro de 2017 ás 23:59 h.
5. PREZO:
A inscrición ten un custe de 5 euros.
6. SAÍDA:
Sairá un autobús ás 10:15 h. da Praza de Galicia, e regresará ao remate da Ruta.
7. ENTREGA DO IDENTIFICADOR (camiseta):
A entrega do identificador (camiseta) alusivo á Ruta efectuarase o domingo día 22 de
outubro a partir das 9:45 h. na Praza de Galicia. Será obrigatorio colocalo nun lugar
visible tanto para subir no autobús como para facer uso de todos os servizos
establecidos pola organización.
8. SINALIZACION:
O percorrido estará debidamente sinalizado e marcado con cintas.
9. RESPONSABILIDADE:
O dispositivo de seguridade, avituallamentos e sinalización estará debidamente
montado dentro do horario da Ruta.
A organización responsabilizarase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido,
pero declina toda responsabilidade en caso de accidente por abandono do itinerario
establecido, neglixencia do participante ou que este se encontre fóra dos parámetros
establecidos no punto 8.
A organización non se fai responsable das persoas que non se inscriban previamente
nesta Ruta Solidaria.
A organización non se fai responsable dos obxectos de cada participante.
A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmos
ou a outras persoas ocasionen os participantes desta Ruta.
10. ASISTENCIA:
A organización contará con persoal de asistencia ao longo do percorrido, varios
voluntarios nos puntos estratéxicos e persoas pechando a Ruta co fin de que ningún
participante se quede atrasado, pero non se fai responsable de quén voluntariamente
abandone o percorrido establecido.
Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e avisar á organización se
alguén necesita axuda. Poderán informar de calquera contratempo nos controis de
paso, ao persoal da organización que estará ao longo do percorrido ou no número
683.27.71.35
11. AVITUALLAMENTOS:
Disporase de dous puntos de avituallamento ao longo do percorrido, un na saída no
que se ofrecerá aos participantes auga, e outro ao rematar a Ruta na adega
Condado de Sequeiras cun viño e uns petiscos.
É obriga de tod@s os participantes preservar o entorno evitando tirar lixo fora das
áreas de control. RESPECTA O MEDIO AMBIENTE, NON TIRES LIXO AO CHAN.
12. FOTOGRAFIA E IMAXES:
A inscrición nesta Ruta dá dereito á organización a poder facer uso das imaxes e vídeos
do evento para a súa utilización, podendo publicalas en todos aqueles soportes de
comunicación (folletos, carteis, artigos de prensa, redes sociais...) que estime convinte
para a dar a coñecer a proba.