Calendario
Info da proba

Subida á Curota ¡¡¡ SUSPENDIDA!!!

08/12/2017 10:30 - 13:00
Regulamento IV SUBIDA Á CUROTA "SERRA DA BARBANZA"

CRONOESCALADA DE BTT
E BICIS DE CARRETERA
(Saída individual)
CARREIRA A PÉ
(Saída conxunta)

REGULAMENTO:
Información : departamento de Deportes do Concello da Pobra, Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” . Horario: de 9:30h. a 14:30h. Telf.: 981832590 /981831545 .Telf. móbil (Pepe Moure): 619229946
Inscrición: en http://emesports.es (6 euros), ata ás 23.59h. do día 6 de decembro.
CATEGORÍAS EN TODAS AS MODALIDADES:
HOMES: JUNIOR (1997 E POSTERIORES) SENIOR (1996 ATA VETERANOS) VETERANO A (35 A 44 ANOS) VETERANO B (45 ANOS OU MAIS) VETERANO C(SO NA CARREIRA A PÉ) (MAIORES 50 ANOS)
MULLERES : SENIOR (1996 ATA VETERANAS) VETERANA (35 ANOS EN DIANTE)
SAÍDAS: Praza Alcalde Segundo Durán -10.30h.: BTT (cada minuto un participante) -11.15h.: saída a pé (conxunta) -11:30h.: bicis de carretera (cada minuto un participante) META: -Bicis: estanque do Alto da Curotiña. -Carreira a pé: Alto do Miradoiro da Curotiña. DISTANCIA : 9 km.
-As saídas das carreiras en bicis será individual en intervalos de 1 minuto ou 30’’ según sexa a inscrición, a orde de saída será por orde de inscrición. A carreira a pé farase de maneira conxunta para todas as categorías e participantes.
-Agasallos aos cinco primeiros clasificados por modalidade: BTT, BICI DE CARRETERA E CARREIRA A PÉ, homes e mulleres.
-Trofeos aos/as tres primeiros/as clasificados/as por categorías e modalidades.
-Seguro de accidentes para todos/as participantes.
-Poderán participar atletas federados/as e non federados/as.
-Os/as participantes nas probas de bicis poden ter acompañamento, sen que esto supoña molestias ao resto dos/as participantes a pé ou en bici.
-A entrega de trofeos farase no Polideportivo da Tomada (Polígono Industrial), así como o servizo de duchas. Tamén haberá unha chocolatada.
-Todos/as participantes, especialmente os da carreira a pé poden deixar as súas pertenencias no Polideportivo da Tomada, xa que a organización porá un autobús para o lugar da saída ás 10.00h.
-Os/as participantes terán á súa disposición bolsas para gardarroupa a cal se recollerá co dorsal e rotulará o seu número (pódense gardar non autobuses).
-A organización porá autobuses para o trasladado dos/as atletas dende a meta ata o Polideportivo da Tomada.
-A saída dos autobuses para o Alto da Curotiña será dez minutos antes da saída da primeira carreira e o retorno será cando o/a último participante chegue á meta.
-A Proba discorrerá por o carril dereito da estrada ata o curce de Moldes.
—A ORGANIZACIÓN CONTA COA COLABORACIÓN DA GARDA CIVIL,POLICIA LOCAL E PROTECCIÓN CIVIL PARA O BO DESENVOLVEMENTO E SEGURIDADE DA PROBA.
-O control da proba realizarase a través de emesport. –Ver percorrido en wikiloc.
ORGANIZA: CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL E A ASOCIACIÓN DE ATLETISMO E DEPORTES DO BARBANZA. COLABORA: CENTRO SPORT/DEPORTES MANIOTAS, MOTOCLUB SIN FRENOS, TRANSPORTES AUTOS BARBANTIA, PUBLICOLOR E SPORT BIKE.