Calendario
Info da proba

Campelo-Poio

30/09/2017 17:00 - 19:30
Regulamento XXX MARATÓN DE FÁTIMA - CAMPELO
Lugar, data e horarios da proba:
Sábado 30 de septiembre de 2017.
Praza da Granxa, Campelo – Poio
Andaina popular: 17:00h
Probas de menores: 18:00h
Proba absoluta: 18:45h
Organiza:
AA.VV. Campelo
Concello de Poio
Lodeco S.L.U.
Patrocina:
Concello de Poio
Colabora:
Concello de Poio
Regulamento:
• Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación
dos atletas acompañados.
• O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación nel.
• Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
• A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes nas carreiras.
• A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento
Categorías:
Probas de menores:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas nas probas de menores:
Proba MINI non competitiva: Nados en 2013 e posteriores…...………….....…80m
Proba de menores A : Nados entre os anos 2009 e 2012…………...…400m
Proba de menores B : Nados entre os anos 2005 e 2008………...……800m
Proba de menores C : Nados entre os anos 2002 e 2004……………1.200m
Proba absoluta:
Poderán participar na proba deportistas nados no ano 2001 e anteriores
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Absoluta……………… todos os participantes.
-Veteranos ……………..nados en 1982 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Inscricións gratuítas para todas as categorías na páxina
www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o mércores 3 de maio.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os
datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Percorrido proba absoluta:
O percorrido constará dunha volta que sairá da praza da Granxa e discorrerá pola
Travesía da Cachada, Mouchos, Beiramar, o Eirado, Padre Avelino, camiño polo Monte
do Castro, Camiño da Fernanda, Pedro Soto, paso por Meta, e outra volta por Camiño
da Cachada, Camiño do Cruceiro, Roteiro da Ostreira, Camiño do Medio, Área de
Porta, Banda do Río, Camiño Regueiriño e Pedro Soto finalizando na Praza da Granxa
cunha distancia total aproximada de 6,2 km
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba na carpa da organización sita na praza da Granxa
de 15:45 a 17:45
PEMIOS POR CATEGORÍAS
1º/1ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
1º/1ª Corredor/a local……………………...…Trofeo
Todos os premios son acumulables.
Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que
rematen a proba co dorsal correctamente colocado, na zona habilitada pola
organización.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó
finalizar a proba.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa
habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas no
Colexio de Lourido
+INFO: lodeco@lodeco.es