Calendario
Info da proba

Xinzo de Limia

09/09/2017 20:00 - 22:00
Regulamento A XIII CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de
Deportes do Concello de Xinzo de Limia en colaboración coa A. D. Limiactiva.
Esta proba celébrarase o sábado 9 de setembro de 2017, a partir das 20:00 H estando suxeita ó
seguinte
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e meta estarán situadas na Praza San Roque de Xinzo de Limia.
2. Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a
carreira e na chegada a meta.
3. Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e
poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
4. A organización contará coa colaboración da Policía Local e Protección Civil que se encargarán
regularán o tráfico no percorrido.
5. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación
Galega de Atletismo.
6. O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
7. En todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os
primeiros auxilios.
8. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
9. A entrega de dorsais realizarase na Praza de San Roque ata media hora antes do inicio de
cada proba.
10. Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou
calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
11. Os atletas premiados, terán que estar presentes no acto de entrega de trofeos, non podendo
delegar a recollida noutra persoa.
12. Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos
participantes o mellor espírito deportivo.
13. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
INSCRICIÓNS
A inscrición poderase facer ata o día 6 de setembro ás 23:59 H.
Formas de realiza-la inscrición:
• Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
• www.championchipnorte.com
Cuota de inscrición:
• Carreira absoluta: 3 euros para os propietarios de chip.
4 euros para os que necesiten alquilar o chip.
• Resto de carreiras: Inscrición de balde.
Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran
os requisitos obrigatorios.
PERCORRIDOS
HORA CATEGORÍAS VOLTAS DISTANCIA
20:00 h
BENXAMÍN
ALEVÍN 2 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.060 METROS
20:15 h
INFANTIL
CADETE 3 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.590 METROS
20:30 h PREBENXAMÍN 2 MINIVOLTAS 300 METROS
20:40 h PITUFOS 1 MINIVOLTA 150 METROS
21:50 h ENTREGA DE TROFEOS ESCOLARES
21:10 h
XUVENIL
IÚNIOR
PROMESA
SÉNIOR
VETERANOS
2 VOLTAS GRANDES 6.250 METROS
22:15 h ENTREGA DE TROFEOS
CATEGORÍAS
CATEGORÍA MIXTA
A) PITUFOS Nad@s no 2012, 2013, 2014 e 2015
CATEGORÍAS HOMES / MULLERES
Ojo morado PREBENXAMÍN Nad@s en 2010 e 2011
C) BENXAMÍN Nad@s en 2008 e 2009.
D) ALEVÍN Nad@s en 2006 e 2007.
E) INFANTÍL Nad@s en 2004 e 2005.
F) CADETE Nad@s en 2002 e 2003.
G) XUVENIL Nad@s en 2000 e 2001.
H) JÚNIOR Nad@s en 1998 e 1999
I) PROMESA Nad@s en 1995, 1996 e 1997
J) SÉNIOR Nad@s dende 1994 ata veteráns
K) VETERANOS +35 Maiores de 35 anos.
L) VETERANOS +40 Maiores de 40 anos.
M) VETERANOS +45 Maiores de 45 anos.
N) VETERANOS +50 Mairoes de 50 anos.
O) VETERANOS +55 Maiores de 55 anos
P) VETERANOS +60 Maiores de 60 anos
Os premios non serán acumulativos, agas os dos atletas locais e o trofeo ó atleta de maior
idade.