Calendario
Info da proba

Malpica

10/09/2017 11:00 - 13:00
Regulamento 1.- FINALIDADE DA II CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE MALPICA
DOMINGO 10 de SETEMBRO
O obxectivo da II Carreira Pedestre do Concello de Malpica é fomentar a práctica de actividade
física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen.
A inscrición: Deberán facer unha única inscrición.
• Farase na Plataforma championchip www.championchipnorte.com.A autorización paterna
para os menores de idade deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e
asinada á hora de recoller os dorsais (o chip terán que devolvelo despois de cada carreira
nos espazo habilitados pola organización do Concello).
DISTANCIAS E HORARIOS :
Categorias inferiores
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Biberon
Masculino
2012 e posteriores 100 m
13:00 H
Feminino
Benxamin
Masculino
2011-2008 700 m
12:50 H
Feminino
Alevin
Masculino
2007-2006 2.000 m
12:30 H
Feminino
Infantil
Masculino
2005-2004 2.000 m
12:30 H
Feminino
5K
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Cadete
Masculino
2003-2002 5.000 m
11:00 H
Feminino
Xuvenil
Masculino
2001-2000 5.000 m
11:00 H
Feminino
Sénior 5K Masculino
1975-1999 5.000 m
11:00 H
Feminino
Veteranos M40
Masculino
1968-1976 5.000 m
11:00 H
Feminino
Veteranos M50
Masculino
1967 (incluído) e anteriores 5.000 m
11:00 H
Feminino
10 K
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Xuvenil
Masculino
2001-2000 10.000 m
11:00 H
Feminino
Sénior 10K Masculino
1975-1999 10.000 m
11:00 H
Feminino
Veteranos M40
Masculino
1968-1976 10.000 m
11:00 H
Feminino
Veteranos M50
Masculino
1967 (incluído) e anteriores 10.000 m
11:00 H
Feminino
4.- PERCORRIDO II Carreira Pedestre Concello de Malpica
a) As Categorias inferiores terán as súas carreiras no paseo da praia.
Ojo morado A proba 5K terá un tempo máximo de remate da proba 1h.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfrente do Concello),
Eduardo Vila Fano, Rúa do Porto, Dársena, Camiño do Rio, Eduardo Vila Fano, Guardia
Pardines, Paseo da Praia, Rúa Canido, Cancela de Areas, Seaia, Estrada cara á Praia de
Seaia, Camiño do Santo, Canido, chegada no Paseo da Praia.
c) A proba 10K terá un tempo máximo de remate da proba 1h e 30´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfrente do Concello),
Eduardo Vila Fano, Rúa do Porto, Dársena, Camiño do Rio, Eduardo Vila Fano, Guardia
Pardines, Paseo da Praia, Rúa Canido, Cancela de Areas, Seaia, Estrada á Praia de Seaia,
Instituto Urbano Lugris, Estrada de Santo Hadrian ata a Capela, Camiño do Santo,
Canido, chegada no Paseo da Praia.
5.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE da II Carreira Pedestre Concello de Malpica
1. A rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade
Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas
deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE
nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto
849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e
de accidentes).
2. A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello correspondente
neste caso do Concello de Malpica. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia
e un médico no caso que superen os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba
será suspendida automaticamente. Buscarase unha data axeitada para desenvolvela e non
se devolverán os cartos da inscrición.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba que circulen por fóra do espazo delimitado
polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos
usuarios normais da vía. Pese a que a organización fará o máximo esforzo no control do
tráfico rodado, indicamos aos participantes a posibilidade que nalgún punto podan
coincidir cunha circulación mínima de vehículos. Solicitamos que se extreme a atención
para mitigar posibles riscos.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e
leva implícita a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste
regulamento resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A.F. en
vigor.
9. O Concello de Malpica porá a disposición dos participantes na carreira o Pavillón
Polideportivo de Malpica para que se podan cambiar e duchar, así como un servizo de
garda roupa na antigua Ludoteca nos baixos do da casa do Concello (entrada pola praza de
Villar Amigo ) lugar onde se recollerán os dorsais e chips.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
11. @s participantes na proba recibirán un agasallo cando recollan os seus dorsais e chips.
12. Haberá avituallamento final para todos os participantes e un líquido intermedio na carreira
10K.
13. Respetarase a talla da camisetas a todos aqueles que se inscriban con dez dias de
antelación.
14. Descualificacións:
O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera
atleta que manifeste un mal estado físico.
Todo atleta que non realice o percorrido completo.
O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
6.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha
autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase
descargar na páxina www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude
expresa por escrito.
7.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS na II Carreira Pedestre
Concello de Malpica
Será obrigatorio o uso de chip para todalas carreiras agás a Categoria Biberón. Para controlar
a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das
zapatillas).
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
O atleta que non porte o chip nas carreiras non poderá entrar na clasificación da proba.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será de 17:00 a 20:00 da tarde do
día 9 de setembro e de 9:00 a 10:30 da mañan do día 10 de setembro na antigua Ludoteca
nos baixos da casa do Concello (entrada pola praza de Villar Amigo ) Os dorsais e chips
poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio das probas de 5K e 10K .
Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas, sancionarase coa expulsión da carreira do portador e do/a atleta suplantado,
anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición.
8.- INSCRICIÓNS na II Carreira Pedestre Concello de Malpica.
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com data límite o
Martes 5 de setembro ás 24h.
Cotas de inscrición:
A inscrición para a carreira 5K e 10 K terá un custo de 4 € para aqueles corredores que
posúan chip, e de 5 € para aqueles corredores que deban alugar o chip.
A inscrición dos corredores das categorías inferiores será gratuita.
1 € solidario. Por cada inscrito nas carreiras de 5K e 10K a organización donará 1 € á AECC.
Data límite martes 5 de setembro.
1) Plataforma championchip ( www.championchipnorte.com. ) As inscricións para os atletas
menores de idade poderá realizarse a través da plataforma championchip. A autorización
paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de
recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com.
9.- CALIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS NA II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MALPICA
Clasificacións das probas.
Nas carreiras de categorias inferiores
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes nas probas.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha
das categorías (Benxamín, Alevín e Infantil). A categoría Biberón recibirán medalla todos
conforme vaian entrando na meta.
Na carreira 5 K.
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha
das categorías (Cadete, xuvenil, sénior, M40 e M50).
• Recibiran trofeo o primeiro e primeira clasificado/a na proba 5K.
Na carreira 10 K.
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha
das categorías ( xuvenil, sénior, M40 e M50).
• Recibiran trofeo os tres primeiros/as clasificados/as na proba 10K.
• Recibiran trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de
Malpica.
A entrega de trofeos no palco situado diante da Meta, se o tempo o permite, e no suposto
que non fose así no salón de actos do Centro Cívico.
O Concello de Malpica, organizador desta carreira aproveita a ocasión para agradecer a
súa participación.