Calendario
Info da proba

Ames

22/10/2017 10:30 - 13:00
Regulamento XVIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
DATA/LUGAR: 22 de outubro de 2017. Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (Inmediacións da
Casa do Concello).
REGULAMENTO DA PROBA
1. O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 22 de outubro a
décimo oitava edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba pertence ao V
CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
2. As probas disputaranse o domingo, 22 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e
chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do
Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado e contará con indicacións en
cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de
Atletismo.
3. Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa e o control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
4. As inscricións da carreira en todas as súas categorías realizaranse a través da web
www.emesports.es enchendo o formulario de inscrición. Tamén se poderá realizar
presencialmente nas seguintes tendas deportivas:
- Deportes Amesport: Avenida da Maía 83 Baixo (Bertamiráns- Ames)
- Deportes Metrópolis: Avenida da Maía 84 Baixo (Bertamiráns- Ames)
O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o mércores 18 de outubro ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION
Categorías escolares (de pitufo a xuvenil): GRATUÍTA
Proba absoluta (de junior a veterano): 5 €
* Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
** Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, nin o día da carreira.
NO MOMENTO DA INSCRICIÓN DEBERÁ ACREDITARSE A MARCA NA DISTANCIA DE 10 KM EN
RUTA (SÓ PROBAS HOMOLOGADAS) PARA A CONFECCIÓN DOS CAIXÓNS DE SAÍDA DA PROBA.
5. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do
Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 21 de outubro) en horario das 17:00
ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. P ARA
NON GARDAR COLAS RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O DÍA ANTERIOR NO LUGAR
ESTABLECIDO.
6. A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun chip que se entregará a
cada corredor/a e que deberá entrelazar no cordón dunha das súas zapatillas antes da saída.
Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou sen o seu chip ou non o leve colocado
de xeito correcto, será automáticamente descualificado/a.
7. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Recibirán trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría e tamén os/as tres
primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
Na proba absoluta recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as locais empadroados/as
no Concello de Ames.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos
(agás os premios aos/as atletas locais).
PREMIOS EN METÁLICO INDIVIDUAIS (só para a carreira popular)
1º CLASIFICADO/A 300,00 €
2º CLASIFICADO/A 200,00 €
3º CLASIFICADO/A 100,00 €
4º CLASIFICADO/A 75,00 €
5º CLASIFICADO/A 50,00 €
A entrega de trofeos farase ao remate de todas as probas diante da Casa do Concello.
Non haberá premios nin trofeos para os/as participantes das categorías prebenxamín e pitufo.
Nestas categorías entregaráselle unha medalla a cada participante.
Aos/ás atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa
presentación do DNI ou pasaporte.
8. Os e as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa
proba. Na proba absoluta estableceranse caixóns de saída, polo cal os atletas participantes
deberán acreditar no momento da inscrición a súa marca en 10 km en ruta.
9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións,
pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os e as participantes.
As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis
tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10. O horarios das saídas poderán ser modificados, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función
do número de participantes de cada categoría.
11. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo Municipal de
Bertamiráns.
12. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA
en vigor.
13. Establécense as seguintes categorías, segundo o ano de nacemento:
HORARIOS
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
PITUFO FEMENINO nados/as no 2013 e posteriores 200 m aprox 12:00 horas
PITUFO MASCULINO 12:05 horas
PREBENXAMÍN FEMENINO nados/as no 2010, 2011 e 2012 350 m aprox 12:10 horas
PREBENXAMÍN MASCULINO 12:20 horas
BENXAMÍN FEMENINO nados/as no 2008 e 2009 1.000 m aprox 12:30 horas
BENXAMÍN MASCULINO 12:40 horas
ALEVÍN FEMENINO nados/as no 2006 e 2007 1.000 m aprox 12:50 horas ALEVÍN MASCULINO
INFANTIL nados/as no 2004 e 2005 2.000 m aprox 13:00 horas CADETE nados/as no 2002 e 2003
XUVENIL nados/as no 2000 e 2001 5 km (1 volta)
10:30 horas
JUNIOR nados/as no 1998 e 1999
10 km homologados
pola RFEA
PROMESA nados/as no 1995, 1996 e 1997
SENIOR nados/as en 1994 e ata os 34 anos
VETERANO/A 1 de 35 a 40 anos cumpridos o día da proba
VETERANO/A 2 de 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
VETERANO/A 3 de 50 a 59 anos cumpridos o día da proba
VETERANO/A 4 a partir de 60 anos cumpridos o día da proba
SERVIZO DE DUCHAS: PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE BERTAMIRÁNS
PERCORRIDO
Xuvenil (1 volta) Junior, absoluta, veterano/a 1, veterano/a 2, veterano/a 3,
veterano/a 4 (10.000 metros): 10:30 horas