Calendario
Info da proba

Bóveda

28/05/2017 11:00 - 13:00
Regulamento X CARREIRA SOLIDARIA
RIO MAO 2017
BOVEDA
AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DE CORREDORES E ACOMPAÑANTES
APORTANDO CALQUER TIPO DE ALIMENTO NON PERECEDEIRO QUE SERAN
DESTINADOS A UNHA ORGANIZACIÓN HUMANITARIA
REGULAMENTO XERAL
1. PRESENTACION
O Clube Horticelos Aventura organiza o vindeiro domingo 28 de maio a
X CARREIRA SOLIDARIA RIO MAO BÓVEDA 2017 aberta a todos aqueles
corredores que desexen disfrutar da fermosura do noso municipio.
2. ORGANIZACIÓN
 Empregaránse os arredores do pavillón municipal e do cuartel da Garda Civil como
aparcamento co fin de evitar aglomeracións na zona de saída.
 Haberá servicio de duchas a disposición de todos os atletas sito no pavillón
municipal.
 A organización contará coa colaboración dos organismos competentes, que
regularán o tráfico ó longo do percorrido.
3. LUGAR
A SAÍDA e META situaránse na Área Recreativa Muíño do Xil

X CARREIRA SOLIDARIA
RIO MAO 2017
BOVEDA
4. INSCRIPCIÓNS
 CARREIRAS NEN@S (1600 e inferiores)
INSCRICIÓN GRATUITA
Para resto de probas e categorías que van dende Pitufos ata Cadete poderán
inscribirse dende a publicación desta nota ata VENRES 26/05/17 ás 20:00 horas
o no correo electrónico a.c.horticelos@hotmail.com ou
o no teléfono 982 400 856 (horario de 10 a 14 h e de 17 a 20 h)
Deberánse facer constar obligatoriamente os seguintes datos:
 nome e apelidos
 data de nacemento
 carreira na que se inscribe
 localidade de procedencia
 un recurso de contacto: teléfono ou correo electrónico
 PROBA ABSOLUTA (7400 m)
COSTE INSCRICIÓN 3 € + 1 kg COMIDA NON PERECEDEIRA
Ata o XOVES 25/05/17 ás 24:00 horas na web
www.championchipnorte.com (única forma de inscrición).
Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as
instruccións para formalizar a túa inscrición.
Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou falsos
5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba na zona de Saída/Meta (Area Recreativa) dende ás 10 h
ata media hora antes do inicio de cada proba.
A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se lle entregará a cada
corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que
deberá colocarse na zapatilla antes do comenzo da proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O
FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo).
AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS
CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

X CARREIRA SOLIDARIA
RIO MAO 2017
BOVEDA
6. NORMATIVA
 A todos os participantes facilitaráselles un dorsal que deberán colocar no peito
para a súa identificación durante a carreira e chegada a meta.
 Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo
percorrido completo, quen corra co dorsal de outro participante ou quen falsifique
os datos da inscripción.
 Os participantes deberanse colocar na zona de saída 5 minutos antes do comenzo
das probas.
 Esta rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou
vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación
inmediata do atleta.
 Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime
oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha
irregularidade.
7. HORARIOS, CARREIRAS E CATEGORÍAS
Establécense as seguintes 24 categorías en masculino como feminino, segundo ano
de nacemento:
Hora Distancia Categoría Desde Ata
11:00 1600m
ALEVIN 2006 2007
INFANTIL 2004 2005
CADETE 2002 2003
11:30 80 m PITUFOS 2013 ---
11:40 200 m PREBENXAMÍN 2011 2012
11:50 400 m BENXAMÍN 2008 2010
12:15 7400m
XUVENIL 1994 2001
SENIOR A 1987 1993
SENIOR B 1981 1986
SENIOR C 1975 1980
VETERÁNS A 1964 1974
VETERÁNS B --- 1963

X CARREIRA SOLIDARIA
RIO MAO 2017
BOVEDA
8. PERCORRIDO
Ver plano anexo a este regulamento.
Marcará o percorrido un vehículo da organizacion na cabeza do grupo.
Estará sinalizado cada punto quilométrico.
Haberá un avituallamento líquido á metade do percorrido e outro na meta.
A carreira daráse por finalizada cando chegue á meta o vehículo da organización
encargado de ir pechando a proba (non está contemplado un tempo máximo para
esto).
9. PREMIOS
Entregarase un trofeo conmemorativo ó primeiro/a clasificado/a en cada categoría e
medallas o segundo/a e terceiro/a.
A entrega de trofeos e medallas terá lugar unha vez finalizadas a proba absoluta
(13:30 h aprox).
10. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas recollidas no presente Regulamento poderá
ser descalificado.
11 RECLAMACIONS
A organización e os colaboradores non se fan responsables dos daños morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta
carreira. Por este motivo non se admitirán reclamacións. Todos os participantes, polo
feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o
comité organizador.
Como en anos anteriores, ó finalizar a proba, aqueles atletas,
acompañantes ou espectadores que o desexen, poderán disfrutar
gratuitamente dunha pancetada.
Clube Horticelos Aventura