Calendario
Info da proba

Mugardos - Montefaro

22/10/2017 10:00 - 15:00
Regulamento V TRAIL DE MONTEFARO
Regulamento:
1. A proba terá lugar entre os Concellos de Ares e Mugardos o próximo día 22 de
Outubro de 2017, e dará comezo ás 10:00 da mañá para os corredores do Trail
longo e as 10:10 para os participantes do trail curto e a andaina, feito do cal
serán perfectamente informados os dous concellos e se solicitaran os premisos
pertinentes mediante cartas informativas enviadas a ambolosdous alcaldes .
2. A distancia total das probas será de 20 quilómetros para o trail longo, cun
desnível acumuldo de 2200 metros aprox. (D+1100 mtrs /D-1100 mtrs), 10
quilómetros para o trail curto, cun desnível acumulado de 1300 metros aprox.
(D+650 mtrs/D-650 mtrs) e 10 quilómetros para a andaina cun desnivel
acumulado de 600 metros aprox.(D+300 mtrs /D-300 mtrs),tendo saída todas
as modalidades e meta no mesmo punto diante do mosteiro de Santa Catalina
Montefaro.
3. Os avituallamentos estarán colocados nos puntos quilométricos que se indican
a continuación seguindo esta disposición:
- Km 4 avituallamento líquido para (Trail Curto e Trail Longo). Será tamén
avituallamento para a xente da andaina, pero para eles será o quilómetro 7.
- Km 6,5 avituallamento Sólido/Líquido (Trail Curto e Trail Longo).
- Km 9,5 avituallamento líquido para (Trail Longo).
- Km 14 avituallamento Sólido/Líquido (Trail Longo).
- Km 18 avituallamento Sólido/Líquido (Trail Longo).
4. O percorrido estará perfectamente siñalizado con voluntários, cinta de balizar
de cor amarelo, pintura no chan e carteis indicativos que estarán nos cruces e
nos puntos máis técnicos e conflictivos do percorrido para orientar ós
corredores. No punto quilométrico 6,5 se desviarán o trail curto do trail longo. A
andaina será guiada e non competitiva.
5. A entrega de dorsais realizarase de forma previa o 21 de Octubre na Cantina
do Clube do Mar de Mugardos en horário de maña de 11 a 14 horas e de tarde
de 17 ata as 20 horas. Se fará tamén entrega de dorsais o día da proba partir
das 8:00 da mañá ata 15 minutos antes da saída no Mosteiro de Santa
Catalina.
6. As inscripcions realizaranse a traves de internet, en http://www.galitiming.com/. O
prazo comeza o 15 de Setembro e pecharase o 15 de Outubro as 23:59 horas.
7. O prezo da inscripcion será de 18 euros Trail Longo (20km), 14 euros Trail Curto
(10km) e 11 euros andaina (10km). O prezo inclue os seguros na modalidade que
cubra explicitamente carreiras por montaña. O prezo dará dereito ao corredor a recibir
unha bolsa do corredor, avituallamentos líquidos e sólidos durante e ao final da
carreira, e unha pinchada ao final do evento.
8. A inscripcion será efectiva no momento en que recibamos o xustificante de pago a
través dos medios que dispón a organización para as inscripcions. O participante
recibirá un email de confirmación si a súa inscripción é correcta.
9. Establécese un máximo de 400 participantes. No momento no que se cubra esta
cota quedarán pechada as inscripcions aínda que non se chegue á data proposta
como pechadura de inscripción.
10. Non se permitirán inscripciones o día da carreira.
11. Os corredores terán ducha o final da proba no Mosterio de Santa Catalina, e o
rematar teremos unhos pinchos para todos os participantes que queiran asistir.
12. Darase trofeos aos tres primeiros de cada categoría e a Xeral.
As categorias serán as seguintes:
- Absoluta (masculino e feminina)
- Veteranos 45 ou máis.
- Veteranas 40 ou máis.
13. A idade mínima para participar son 16 anos.
14. O 10% da carreira trascurre por un circuíto aberto ao tráfico, sendo
responsabilidade única dos corredores respectar as normas de seguridad e vixiar en
todo momento o cumprimento das normas de circulación. A carreira contará co apoio
de voluntarios, policía local e Protección Civil que vixiarán os tramos abertos ao tráfico.
15. Estableceranse 3 puntos de control de carreira polos que será obligatorio o paso
de todos os participantes.
16. Existirá un equipo médico que acompañará aos corredores onde poida circular a
ambulancia.
17. Os Corredores comprométense a respectar a señalización e a aceptar o presente
regulamento, quedando descalificados todos aqueles corredores que non o respecten.
18. Os corredores deberán de ser respetuosos co medio ambiente e depositar o lixo
xerado nas puntos habilitados para iso. No caso de que se incumpla este punto dará
lugar á descalificación inmediata do corredor.
19. A organización se exime de toda responsabilidade producida polo mal uso das
instalacións ou polo feito de non respectar o presente regulamento.
20. Quedará descalificado todo o que non cumpra o presente regulamento, non
complete a totalidade do percorrido, non pase polos puntos de control establecidos,
deteriore ou ensucie a contorna, non leve a seu dorsal ben visible ou desatenda as
indicacións da organización.
21. O peche de control realizarase 2 horas e media despois da entrada do primeiro
corredor quedando descalificado os corredores que non chegaran a meta no tempo
establecido.
22. En caso de abandono durante a carreira os corredores teñen a obriga de
comunicalo a calquera membro da organización e na medida do posible será
trasladado a línea de meta.
23. A Participación no evento por parte do corredor supón a aceptación de todas as
normas propostas pola organización e as que se houbesen de propoñer para o bo
desenvolvemento da carreira.
24. Cada participante deberá colocarse o seu CHIP de rexistro de tempos
adecuadamente. Galitiming incluirá unha brida dentro da bolsa do corredor para
aqueles corredores aos que non se lles adapte o chip ao modelo de zapatillas. Así
mesmo deberá devolver o CHIP ao término da proba. En caso contrario terá que aboar
3,5€, que é o seu coste según indica Galitiming.
25. O participante ten pleno coñecemento das condicións da actividade á que se
inscribe, en concreto afirma ter coñecemento sobre os seus requisitos de distancia,
material esixido, desniveles acumulados e capacidade física recomendable , en
concreto o participante asume plenamente que: ◦ A práctica do deporte en xeral, e dos
deportes contemplados dentro da Federación Española de Atletismo , Montaña e
Escalada , entrañan unha serie de riscos previsibles, que deben ser coñecidos e
aceptados por quen voluntariamente desenvolve estas actividades.
◦ En materia de deportes de montaña de calquera tipo, a idea do risco de accidentes
de gravidade vai implícita nos mesmos,e polo tanto, quen se dedique ao seu exercicio
asúmeo personalmente. O usuario debe sempre prever a posibilidade de accidentes e
de necesitar axuda, evitando as actuacións de risco propias ou as que poñan en
perigo a terceiros ou posibles rescatadores.
◦ O participante obrígase a poñer en coñecemento da organización, por escrito,
calquera problema físico do que teña coñecemento antes da carreira e que poida
afectar á súa seguridade.
◦ O participante debe retirarse sen ningunha limitación previamente ao comezo da
actividade si a mesma excede os seus límites persoais. Unha vez iniciada a actividade
é plenamente consciente de que a retirada non sempre estará garantida, ou que esta
poderá ser aínda máis perigosa que continuar na propia actividade inicialmente
prevista.
26. A inscripción na presente actividade implica formar parte dunha base de datos de
Galitiming que está rexistrada na Axencia Española de Protección de Datos, polo tanto
o participante acepta que de conformidad coa normativa de Protección de datos
Persoais, autoriza a que os datos que nos facilita poden ser incluídos nuns ficheros
cuxa titularidad corresponde Federación Española de Atletismo devanditos datos
serán utilizados para enviarle exclusivamente información particular sobre a presente
actividade .