Calendario
Info da proba

Vilalba

12/03/2017 12:45 - 14:15
Regulamento REGULAMENTO
I ANDAINA POLA IGUALDADE – VILALBA 2017
1. O Concello de Vilalba é o organizador da I ANDAINA POLA IGUALDADE.
2. A actividade terá lugar o domingo 12 de marzo de 2017.
3. A participación na Andaina está aberta a todas as persoas que o desexen, sendo a inscrición
gratuíta.
4. O prazo de inscrición será dende o 27 de febreiro ata o 9 de marzo, ámbolos dous incluídos.
5. As inscricións poderán formalizaranse vía web na páxina www.championchipnorte.com ou
persoalmente na oficina do Centro de Información as Mulleres do Concello de Vilalba.
6. Os e as menores de 12 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta.
7. As persoas inscritas recibirán un agasallo conmemorativo do evento.
8. A Andaina transcorrerá por un percorrido circular pechado ao tráfico, por distintas rúas do
centro de Vilalba, tal e como se reflexa no mapa ao final do presente Regulamento e no
seguinte enlace: https://goo.gl/SbVCSg
9. A distancia aproximada da ruta será de 3,3 quilómetros.
10. A saída e meta será na praza da Constitución.
11. A hora de saída da ruta será as 12:45 do 12 de marzo de 2017.
12. A recollida de dorsais realizarase o mesmo día da Andaina, na Praza da Constitución dende as
12:00 ata as 12:45 h.
13. A organización porá a disposición das persoas participantes avituallamento líquido ao final da
Andaina; tamén, e cumprindo coa lexislación vixente, as persoas participantes contarán cun
seguro de responsabilidade civil e un seguro de asistencia sanitaria. Con todo, as persoas
participantes deberán aterse ás normas do vixente código de circulación, sendo persoalmente
responsables das infraccións que poidan cometer.
14. O mero feito de inscribirse na Andaina, supón a aceptación do presente Regulamento.
15. A organización resérvase o dereito de modificar ou anular o presente Regulamento se as
circunstancias o aconsellan.