Calendario
Info da proba

III Legua Irmandiña-Vimianzo

17/06/2017 21:00 - 21:20
Regulamento Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, a celebrar no seu día central o sábado 1 de xullo de 2017, e con motivo da súa XXII edición, foi demanda popular atendida artellar unha carreira popular vertebrada co Castelo e cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida que terá lugar o sábado 17 de xuño a partir das 21:00h con distintas modalidades.

Por suposto, a carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, máis alá dese momento final monumento e da competición organizada no morrer do día.

Tamén por suposto, todas as idades terán acubillo nas distintas categorías que conforman a carreira.

Categorías
Pitufos (2010-2013)
Benxamín (2008-2009)
Alevín (2006-2007)
Infantil (2004-2005)
Cadete (2002-2003)
Xuvenil (2000-2001)
Absoluta (1999 e anteriores)
Inclusiva (1999 e anteriores para as persoas con diversidade funcional que así o desexen)

Horario de Probas
Irmandiña Pitufos: 21:00h. (100 m. aprox.)
Irmandiña Benxamín e Alevín: 21:15h. (900 m. aprox.)
Irmandiña Infantil, Cadete e Xuvenil: 21:40h. (2.000 m. aprox.)
Carreira Inclusiva: 22:00h. (1.200 m. aprox.)
Legua Irmandiña: 22:00h. (5.500 m. aprox.)

Podes descargar o regulamento da proba pinchando neste enlace.

Aberto o prazo de inscripción. Clic para incribirse.