Calendario
Info da proba

Zas - Filloa

12/02/2017 9:30 - 14:00
Regulamento size=18]I TRAIL DA FILLOA DE ZAS[/size]

Data: Domingo, 12/02/2017 .
Hora: 9:30 horas .
Lugar: Pabellón polideportivo Concello de Zas .
Distancia: TRAIL CURTO: 16 kms, 720 m+
TRAIL LONGO: 26 Kms, 1230 m+
.
Organiza: A. D. Monte Brondo .
Inscrición: en www.galitiming.com. Apertura de inscripción o 25 de Decembro.


.I TRAIL DA FILLOA DE ZAS-Regulamento

1. LUGAR, DATA E HORA:
Zas de Carreira ( A Coruña) Pabellón Deportivo de Zas
Domingo, 12 de Febreiro do 2017
Trail Longo saída ás 9:30 horas
Trail Curto; Saída ás 10:00 horas
2. A PROBA:
Proba NON competitiva con saída e chegada no pobo de Zas de Carreira. Realizarase un percorrido polos montes da zona. Sendo o ascenso ó monte Brondo o centro da proba. Pasaremos por varias ribeiras de ríos, carballeiras, soutos , etc. Descubriremos unas das carballeiras máis bonitas e descoñecidas da zona.
O ascenso e descenso ó monte Brondo polos cortalumes con gran desnivel e moi técnicos, serán outro dos momentos que os corredores recordarán. Chegaremos ó pico onde as vistas son espectaculares.
Para rematar pasaremos polos irmáns pequenos do monte Brondo, o monte Pión e o monte Castro. E así chegar de novo a Zas
Non o dubidedes. Apuntadevos ó noso trail que seguro que repetiredes para o ano. Hai dous recorridos:
TRAIL LARGO 26 KM. 1230 m+
TRAIL CURTO 16 KM . 730 m+
O mal tempo non será impedimento para a celebración da carreira. A organización poderá interrumpir a proba en calquer punto se considera que poda haber serio perigo para a integridade física dos corredores, ou en casos de forza maior.
3. CATEGORÍAS:
SENIOR: participantes ata 40 anos no 1 de xaneiro do 2017
VETERANOS: participantes de 40 anos para adiante
Os participantes teñen que ser maiores de 16 anos. Os menores de idade deberán entregar unha autorización firmada polos pais.
4. INSCRIPCIÓNS:
Na web www.galitiming.com
5. DORSALES:
A recollida farase no pabellón deportivo de Zas de carreira unha hora antes da saída de cada carreira. A saida encontrase ó lado do colexio público de Zas. A organización poderá solicitar o DNI para retirar dito dorsal
6. PREZO:
TRAIL CURTO
Ata o 1 de Febreiro do 2017: 12 Euros
A partir do 1 de Febreiro do 2017 ata o 8 de Febreiro: 15 Euros
TRAIL LONGO
Ata o 1 de Febreiro do 2017: 15 Euros
A partir do 1 de Febreiro do 2017 ata o 8 de Febreiro: 18 Euros.
Disporanse de ata 500 prazas entre as duas probas.
Ata o 1 de febreiro podérase anular a inscripción tendo dereito á devolución da mesma (gastos de devolución: 3 Euros). A partir do 1 de febreiro non se poderá anular a inscripción.
Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscripción da dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios e pinchos ofrecidos pola organización.
O Concello de Zas pon a disposición dos corredores un servicio de duchas no Pabellón Deportivo Municipal, ó lado da saída.
7. SINALIZACIÓN E CONTROIS:
O percorrido estará sinalado con cinta de balizar e sinais, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos
8. RETIRADAS:
A carreira longa contará con un punto de corte no kilómetro 17. Os corredores que superen as 3 horas e media en dito punto, deberán abandoar a proba. Así mesmo os Corredores Escoba teñen a potestade para retirar da proba a calquera corredor se o seu estado de saude así o aconsella.


9. AVITUALLAMIENTOS:
Primeiro avituallamento líquido
Trail curto no km 7.5
Trail longo no km 9.5
Segundo avituallamento liquido e solido
Trail curto no km 12
Trail longo no km 17
Os avituallamentos encontranse en lugares visibles e señalizados. Dispondranse de contenedores para residuos orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar basura pasado o control de avituallamento. Está prohibido o avitullamento e a axuda externa durante o desarrollo da carreira de calquer persona, non participante. Así mesmo está prohibido sair da zona de avituallamento con calquer tipo de envase ou envoltorio
10. SERVICIO SANITARIO:
Haberá persoal médico-sanitario con potestade para retirar o dorsal a calquer corredor cando considere que a sua saude está en perigo
11. PREMIOS:
Entregaranseos seguintes trofeos:
• Ós tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto femenino coma masculino.
• Ó máis veterano/a.
• Ó primeiro, tanto femenino como masculino, do Concello de Zas (necesario estar empadroado)
A entrega de premios realizarase na zona da meta unha vez finalizada a proba. O non estar presente na mesma, anularáse o dereito a recibir os mesmos.
12. DESCALIFICACIÓN:
Será descalificado todo o corredor que non cumpra o presente regulamento,non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou emporque o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicaciós da organización
13. PARTICIPANTES:
Para participar na proba cada deportista deberá levar o dorsal no peito de forma visible para facilitar o labor de control da proba. Así mesmo facilitarase un chip para control de tempos que deberá colocarse correctamente. Se non se coloca correctamente é posible que apareza reflexado nos postos finais, non admitíndose reclamación algunha ó respecto.
Tódolos participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces e estradas.
É aconsellable utilizar roupa e calzado adecuado para carreiras de montaña, autorizándose a utilización de bastóns. De elexir levar bastóns , éstos deberan ser portados durante toda a proba, non podendo desprenderse deles durante todo o percorrido.
Os participantes corren baixo a sua responsabilidade. Sobre eles recae a decisión da salida e realización da carreira. É responsabilidade de cada participante estar fisicamente preparado para realizar a proba. Os participantes eximen á organización das reclamacións ou demandas basadas en supostas accións ou non acción dos participantes u outros que actuen ó seu favor, así como das demandas resultantes dos danos que poidan sucederlles a eles como ó seus materiais.
Os participantes deberan firmar os documentos que se requiran para evidenciar máis claramente este apartado do reglamento.
14. VOLUNTARIOS:
Prestarán asistencia e facilitaran información ós corredores un grupo de voluntarios claramente identificados, situados en cruces, avituallamentos e zoas perigosas.
15. A ORGANIZACIÓN:
Correrá a cargo da A.D. Monte Brondo. Resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a sua suspensión en caso de condicións meteorolóxicas adversas
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
O percorrido non estará pechado ó trafico polo que hai que respetar o código de circulación e extremar as precaucións ó cruzar calquera estrada ou ó chegar a un cruce.
A organización reservase os dereitos exclusivos sobre as imaxes, vídeo e información da proba, nas que poidan aparecer participantes, e para utilizar este material para a publicidade, relacións públicas ou outros fins xornalísticos ou promoción do evento. Calquera proxecto multimedia ou publicidade ten que ter o consentimento previo da organización. Para todo o non especificado no regulamento a Comisión Organizadora disporá unha solución o antes posible.
16. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
O regulamento pode ser modificado en calquer momento pola organización po previsión meteorolóxica ou por calquer tipo de circunstancia necesaria