Calendario
Info da proba

Meis

27/11/2016 10:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO DA CARREIRA E ANDAINA:
1) A inscrición deberá realizarse no prazo sinalado, debendo facilitar os seguintes
datos: nome e apelidos, sexo, concello, data de nacemento, DNI e teléfono.
ATENCIÓN: inscrición ata o mércores 24 de Novembro ás 23:59h. En
ningún caso se admitirán inscrición fora de prazo.
2) Facilitaráselle a cada participantes o dorsal e o chip correspondente, que irá
colocado na zapatilla. Deberán colocar o dorsal no peito, quedando ben visible.
3) O dorsal recollerase o día da, proba na zona de saída/ meta (Praza de España),
entre as 9.00 e as 10.00h da mañá (cumprimento estrito de horario).
4) Dado que os dorsais son intransferibles, cada quen debe retirar o seu de xeito
individual .
5) Ao longo do percorrido a Organización establecerá os controis necesario que
estime oportunos para a seguridade da proba. Este controis poderán ser fixos ou
móbiles e estarán autorizados para descualificar aos participantes que cometan
irregularidades ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia como
allea) ou colectiva durante a proba.
6) Os nenos menores deberán ser acompañados polos pais, nais ou titores.
7) A proba é de carácter non competitivo, xa que o motivo da mesma é a
reivincidación en contra da violencia de xénero, polo que poderán participar
calquera persoa que o desexo, ben realizándoa en formato carreira ou en formato
andaina.
Molón A proba para todo o mundo terá a mesma hora de saída, que serán ás 10.30h da
mañá e terán un máximo de 2 hora para finalizar o percorrido, tendo como lugar
de saída e chegada a Praza de España.
9) Recibirán trofeos os tres primeiros clasificados masculinos e femininos, e
tamén recibirán medalla todos aqueles nenos e nenas que participen na proba
desde os cero anos ata os 16 anos.
10) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que
C O N C E L L O
DE
M E I S
( PONTEVEDRA )
R.E.L. Nº 01360280
C.I.F. Nº P-3602800-I
C. Postal 36637
Teléfono: 986 71 20 01
Fax: 986 71 53 25
correo@concellodemeis.com
www.meis.es
2
poidan sufrir os participantes desta Carreira, antes, durante e despois da proba, se
ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiro auxilios.
11) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a
Organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
12) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
13) Acción social: a Carreira e Andaina Popular o costo da inscrición estará
destinada a unha asociación que traballa con mulleres maltratadas. O prezo da
inscrición será de 5€.
14) A realización da inscrición implica ter lido, entendido, adquiridos os
compromisos de estar en bo estado físico e pasado os pertinentes recoñecementos
de saúde. Ademais de facer o pago da inscrición e tamén autoriza a organización
para a utilización da imaxe en publicacións, carteis, etc. para a promoción do
deporte.
15) Conforme á L.O. 15/1999, informámoslles de que os seus datos persoais
pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Meis. A
finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira e Andaina
Popular , así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos
de acceso, rectificacións, cancelación e oposición, poderá facelo dirixíndose por
escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu
DNI.
 ITINERARIO
O itinerario da proba será o seguinte:
 9.00 a 10.00h: recollida de dorsais
 10.00 a 10.30h: preparación dos participantes na zona de saída.
 10.30: saída da proba.
 12.30: hora máxima para a finalización da proba.