Calendario
Info da proba

Vigo AVEMPO

20/11/2016 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
ORGANIZACIÓN
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), baixo o control técnico de
Prueba-T Cronometraxe de Eventos Deportivos, organiza a IV Carreira Solidaria pola
Esclerose Múltiple.
DATA
A proba celebrarase o domingo 20 de Novembro, ás 11:00 horas.
PERCORRIDO E DISTANCIA
O circuíto da carreira terá o seguinte trazado: Rúa Pescadores – Rúa Eduardo Cabello - Av.
Beiramar – Rúa Jacinto Benavente - Rúa Coruña - Rúa Tomás A. Alonso. A saída e a meta
situaranse no mesmo lugar, a Alameda Suárez Llanos( Bouzas).

Dúas distancias opcionais:
▲ 5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m.
▲ 10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10100 m.
AVITUALLAMENTO
A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as
probas, na Alameda Suárez Llanos. Ademais, os participantes da 10K terán un avituallamento
líquido ao inicio da segunda volta.

PECHE DE CONTROL
O tempo máximo para realizar a proba será de 1 hora 30 minutos. Transcorrido este tempo, os
corredores que sigan en carreira deberán retirarse do circuíto.
PARTICIPACIÓN
Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas maiores de idade (18 anos cumpridos ou
máis) que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas
formas establecidas para elo.

Como caso excepcional e sempre baixo a responsabilidade dos país e/ou representantes legais,
na categoría SUB 24 permitirase a participación dos corredores a partir de 15 anos cumpridos.

Dorsal 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira
pero si queiran contribuír a que AVEMPO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é
posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo para a asociación.

INSCRICIÓN
A cota de inscrición será de:
▲ 5K: 6 € para tódalas categorías.
▲ 10K: 8 € para tódalas categorías.
A inscrición farase efectiva cubrindo o Formulario de Inscrición que se atopa a disposición dos
interesados en:
▲ Sede de AVEMPO: sita en Rúa Camilo Veiga, nº44- Planta Baixa (Bouzas), Vigo.
► En efectivo.
▲www.prueba-t.es
► A través das opcións de pago que ofrece a propia web.
* Especificacións sobre a inscrición de menores de idade:
A participación dun menor na carreira esixirá, ademais, que os seus representantes legais presten
o seu consentimento escrito. Dito documento poderá ser lido e asinado:
- Na sede de AVEMPO.
- Na recollida do dorsal o día da carreira.
Prazo de inscrición: do 20 de Outubro ao 16 de Novembro ás 15:00 h.
En todo momento, os participantes poderán consultar o estado da súa inscrición no apartado
correspondente de www.prueba-t.es. Os participantes que non finalicen o proceso de pago
dentro do prazo, non quedarán inscritos.

Os 300 primeiros corredores en tramitar a inscrición (independentemente da distancia que vaian
correr e de se se tramitou on-line ou no local), recibirán como agasallo unha camiseta técnica da
carreira, que se lle entregará no momento da recollida do dorsal.
DORSAIS E CHIPS

A recollida de dorsais e chips poderá realizarse:
▲ O 19 de Novembro, entre as 11:00 e as 19:00 horas, na sede de AVEMPO.
▲ O 20 de Novembro, entre as 9:00 e as 10:30, ao lado da liña de meta, na Alameda
Suárez Llanos (Bouzas).

Aconséllase a tódolos participantes que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible.

Para a recollida será preciso presentar o DNI co cal se realizou a inscrición. No caso de menores,
deberán ir acompañados do seu representante legal.

Durante a carreira, os participantes deberán levar o dorsal e o chip, ben fixados, en calquera
parte do corpo que sexa visible frontalmente. Todo corredor que chegue á liña de meta sen o seu
dorsal/chip ou non o leve colocado de xeito correcto poderá ser descalificado.
Non se descalificará a ningún atleta por levar auriculares durante a proba.

SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O sistema de cronometraxe, mediante chip de dorsal dun so uso, será facilitado por Prueba-T
(Homologado pola RFEA). O seu uso incorrecto será considerado motivo de descalificación.

CATEGORÍAS
Haberá unha soa clasificación conxunta para cada distancia, distinguindo na mesma as seguintes
categorías:

Sub 24 15 a 24 anos.
Sénior 25 a 34 anos.
Veterán A 35 a 44 anos.
Veterán B 45 anos ou máis.

Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría en liña de saída
para a constitución da mesma. Os atletas das categorías non constituídas pasarán a formar parte
da categoría inmediatamente anterior á que lle correspondía.
PREMIOS
Os premios, tanto na distancia 5K coma na 10 K, serán os seguintes:
▲ Categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B
Medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino).

▲Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta (masculino e feminino)
Recibirán unha medalla acompañada dun agasallo.
* A organización descarta a duplicidade de premios: os participantes que resulten premiados na
carreira absoluta, quedarán excluídos de selo nas categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Servizo de Gardarroupa: a organización porá á disposición dos corredores un emprazamento
onde deixar as súas pertenzas controladas durante a duración da proba.

Servizo de Duchas: pendente de confirmación. Informarase do resultado da solicitude e, no seu
caso, a ubicación final do servizo en www.facebook.com/eumovomepolaem

Servizo de Fisioterapia: os atletas que o desexen poderán acceder a unha sesión no stand que a
Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo colocará no evento. (Pendente de
confirmación)

Dispositivo sanitario de emerxencias: unha unidade móbil e un hospital de campaña de
Protección Civil do Concello de Vigo estará a disposición de aqueles corredores que presenten
algún tipo de molestia dende media hora antes de dar comezo a proba ata media hora despois
do peche de control. (Pendente de confirmación)
RESPONSABILIDADE

Este evento está amparado por unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil.

Os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) aceptan participar no
mesmo baixo a súa responsabilidade e propio risco. No momento da inscrición, manifestan
atoparse fisicamente aptos para completar o percorrido da proba con seguridade e se
comprometen a colaborar coa organización na prevención de accidentes persoais na medida
das súas posibilidades.
A inscrición é persoal e intransferible. Baixo ningún concepto se poderá transferir a participación a
outra persoa por motivo de non poder acudir o día da proba.

Os representantes legais dos participantes menores de idade comprométense a estar presentes
durante todo o desenvolvemento da proba, dende a recollida do dorsal ata que o menor cruce a
liña de meta e faga uso dos diferentes servizos.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
1. A organización resérvase o dereito de retirar durante a carreira a calquera participante que, entre
outros aspectos, falsifique os seus datos persoais, reflicta mal estado físico, non realice o percorrido
completo, vaia acompañado de animais, cometa algunha infracción de este regulamento, ou
manifeste un comportamento antideportivo.
2. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao comité organizador, non máis tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

3. Ao cumplimentar a inscrición e en conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro,
os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) autorizan expresamente a
que os datos persoais contidos no formulario de inscrición, facilitados de xeito voluntario, sexan
incluídos nun ficheiro baixo a responsabilidade de Prueba-T coa única finalidade de asegurar a
correcta organización da carreira (identificación de inscritos, xestións administrativas, clasificación
e premios…) Concluída a proba, este ficheiro será eliminado.

4. Ao cumplimentar a inscrición, os participantes (ou os seus representantes legais no caso de
menores) aceptan e autorizan expresamente a publicación das fotografías nas que aparezan,
durante todo o proceso da proba, con fins publicitarios e divulgativos.

5. A organización garante o reintegro das cotas de participación no caso de cancelación do evento,
por causas propias ou alleas. En tal suposto, este reintegro se fará efectivo na sede de AVEMPO,
sita na Rúa Camilo Veiga, 44- Planta Baixa (Bouzas); no prazo de 30 días naturais dende a data
prevista para a carreira.
6. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e
IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.