Calendario
Info da proba

Rianxo

01/11/2016 10:45 - 13:15
Regulamento IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO
Artigo 1.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a IV Carreira Popular Concello de
Rianxo, o martes 1 de novembro de 2016. A proba está incluída no Calendario Oficial da
Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
• IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da
Coruña.
• Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos
Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo,
A Pobra do Caramiñal e Riveira.
Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O
control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Xoubas 2011-2012-2013 . 3 saídas, agrupados por ano de nacemento.
• Sardiñas 2009-2010.
• Benxamín 2007-2008.
• Alevín 2005-2006.
• Infantil 2003-2004.
• Cadete 2001-2002.
• Xuvenil 1999-2000.
• Júnior 1997-1998.
• Promesa 1994-1995-1996.
• Sénior 1982-1993.
• Veteranos 1 1977-1981.
• Veteranos 2 1967-1976.
• Veteranos 3 1957- 1966.
• Veteranos 4 1956 e anteriores.
Artigo 4. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m. 10:45 h. Amarelo – 100 m. 1
Sardiñas 500 m. 11:00 h. Verde – 500 m. 1
Benxamín 1.000 m. 11:10 h. Verde – 500 m. 2
Alevín 1.500 m. 11:25 h. Azul - 750 m. 2
Infantil: 2.250 m. 11:40 h. Azul – 750 m. 3
Cadete: 6.600 m. 12 h.. Vermello 2
Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior
e Veteranos
10.000 m. 12 h. Vermello 3
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
1. Percorrido amarelo: 100 m.
2. Percorrido verde: 500 m.
3. Percorrido azul: 750 m.
4. Percorrido vermello: 3.333 m.
Artigo 6. Inscricións
A inscrición regúlase no apartado 8 do Regulamento do I Circuíto de Carreiras Populares ArousaNorte.
Prazo:
Ata o venres 28 de outubro de 2016 ás 24:00 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo
ou con datos incompletos.
Onde:
emesports.es
arousa-norte.es
concelloderianxo.gal
Prezo:
• Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.
• 6 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns.
• 20 € Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte ( 4 probas ).
Límite prazas: Haberá un límite de 500 inscritos na categoría absoluta (xuvenís e
posteriores).
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais e chips.
Na Praza de Castelao o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán
controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal.
O uso do chip e a cronometraxe están reguladas n o artigo 7 do Regulamento do I Circuíto de
Carreiras Populares Arousa-Norte
Artigo 8. Premios
A Clasificación e Premios regúlanse no apartado 9 do Regulamento do I Circuíto de Carreiras
Populares Arousa-Norte. Ademais dos premios do Circuíto, na Carreira Popular Concello de
Rianxo outorgaranse os seguintes:
Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas,
Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Trofeos
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Trofeo ao club con mais participantes.
Premios
Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en
categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €, 2º-100 € e 3º- 50 €.
Agasallos
Os participantes nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos recibirán un
agasallo técnico.
Artigo 9. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas
Pavillón polideportivo e Piscina Municipal.
Aparcadoiros:
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas
inmediacións da zona portuaria.
Publicación Resultados
emesports.es
concelloderianxo.gal
arousa-norte.es
carreirasgalegas.com
Artigo 10. Normativa Xeral e Seguridade
Segundo o recollido no Artigo 5 do Regulamento do I Circuíto de Carreiras Populares ArousaNorte
Artigo 11. Dereitos de Imaxe, uso de datos e autorizacións
Segundo o recollido no Artigo 6 do Regulamento do I Circuíto de Carreiras Populares ArousaNorte
Artigo 12. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o
importe da inscrición.