Calendario
Info da proba

San Martiño

20/11/2016 11:00
Regulamento XXXIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO

Championchipnorte

REGULAMENTOS CARREIRA SAN MARTIÑO 2016
A XL Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 20 de novembro de 2016.

REGULAMENTO XERAL DA CARREIRA ABSOLUTA - 10KM

1. Esta carreira pedestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo e está reservada para todas as persoas nadas no ano 1999 e anteriores.

2. O prazo de inscrición é desde o 7 de outubro ata o 13 de novembro. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición. O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal, chip e camiseta é ata o 5 de novembro de 2016.

3. A cuota de inscrición será de 5€ desde 7 outubro ao 5 de novembro e de 7€ desde o 6 ao 13 de novembro. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

4. A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web e, despois de pechar o prazo de inscrición, o sábado previo á carreira na entrega e comprobación de chip, entre as 9h e as 20h. A Organización non se fai responsable das consecuencias que deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue. O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do atleta dos datos que aporta, aínda que, se obtén un premio, deberá presentar a documentación acreditativa pertinente nun prazo máximo de 10 días.

5. É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. A Organización contará con servizos médicos a disposición dos corredores, non obstante, recoméndalles ós participantes someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física. A Organización contará cun local debidamente sinalizado, atendido por unha persoa responsable nomeada pola Federación Galega de Atletismo, para facilitar os partes de accidentes aos interesados, formalizar a súa presentación e resolver as posibles incidencias dos accidentados.

6. A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas é o venres día 18 de novembro de 16h a 20h e o sábado día 19 de novembro de 9h a 20h na Cancha Central do Pavillón dos Remedios. Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de chips, dorsais e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. A recollida anticipada de chips (para os inscritos ata o 5 de novembro de 2016) será os días 17, 18 e 19 de novembro de 2016 nos puntos acordados.

7. O chip deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas o u no ortello antes de dar a saída e o dorsal no peito de maneira visible. Os corredores que non leven o chip e/ou o dorsal ben colocado non entrarán nas clasificacións. É obrigatorio levar o chip na zapatilla ou no ortello e o dorsal no peito durante toda a proba.

8. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados. Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.

9. A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.

10. O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

11. Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis queda previsto do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.

Resto del reglamento en: Reglamento