Calendario
Info da proba

Betanzos

13/08/2016 11:00 - 13:00
Regulamento XVI CARREIRA POPULAR DE BETANZOS.
“IV Circuíto Carreiras Populares Deputación da Coruña”
Sábado 13 de agosto a partir das 11:00 h
O Concello de Betanzos organiza a XVI edición da súa Carreira Popular de Betanzos o sábado 13
de agosto a partir das 11 horas na localidade de Betanzos baixo o control técnico do Comité
Galego de Xuices da Federación gallega de Atletismo. Esta carreira está integrada dentro do IV
Circuíto de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverán ao
longo do 2016.
As probas rexiranse polo seguinte regulamento:
As probas disputaranse na localidade de Betanzos. A saída e chegada da proba farase na Rúa do
Castro. O circuíto estará debidamente sinalizado (Percorridos polo casco histórico).
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control
da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
As inscricións das probas poderán realizarse na páxina web www.carreirasgalegas.com con data
límite o xoves 11 de agosto ás 23:59h horas.
PREZOS DA INSCRICION
 PROBA ABSOLUTA (de junior a veteráns): 5 € por participante. O pago da inscrición
poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com.
 PROBAS DE MENORES: Inscrición gartuita
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
Os dorsais retiraranse na na caseta situada ao carón da saida con tempo límite media hora antes
do inicio da proba.
Categorías, distancias e horarios de saída:
ABSOLUTA, Masculina e feminina: 6000 m. 11:00 h
Veterán 4 1956 e anteriores
Veterán 3 1957-1966
Veterán 2 1967-1976
Veterán 1 1977-1981
Sénior 1982-1993
Promesa 1994-1996
Júnior 1997-1998
MENORES, masculino e feminino:
Xuvenil 1999-2000 1400 m 11:50 h
Cadete 2001-2002 1400 m 11:50h
Infantil 2003-2004 1400 m 11:50 h
Alevín 2005-2006 700 m 12:10 h
Benxamín 2007-2008 700 m 12:20 h
Pitufos 2009-2011 150 m 12:30 h
Chupete 2012-2015 150 m 12:30h
PREMIOS:
 Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos,
a partir da categoría benxamín.
 Trofeo para os vencedores na categoría absoluta masculina e feminina.
 Medallas para todos os nenos e nenas das categorías Pitufos e Chupetes.
 Todos as persoas participantes recibirán un agasallo.
Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa
presentación do DNI ou pasaporte.
1. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito
correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
2. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os
participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
3. O horario da saída poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función das
circunstancias.
4. Haberá servizo de duchas e vestiarios disposición dos atletas no Pavillón Municipal do
Carregal.
5. Todos os participantes estaránamparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desarrollo da proba. Quedan excluidos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluidos os casos producidos polo desplazamento ó lugar da competición ou desde o mesmo.
6. Coa realización da inscrición todo participante cede os seus dereitos de imaxe á Organización,
que utilizará ditas imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
7. Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo o que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA,
RFEA e IAAF en vigor.
8. A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA Os Servicios médicos, están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico
durante o desarrollo da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo
antes de tomar parte na carreira un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte
calquera patoloxía que impida a súa participación.
9. O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
10. Todo o non previsto na presente regulamento se rexerá polas normas de competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada